«Hai un­ha dis­cu­sión e de­ben fa­lar os ins­cri­tos»

La Voz de Galicia (Ourense) - - A Fondo -

Cre que só as ba­ses po­den re­sol­ver con vo­tos un­ha cri­se que acha­ca á fa­lla de diá­lo­go do seu se­cre­ta­rio xe­ral. An­tón Gó­mez Reino di non es­tar na carreira por su­ce-

der a Rio­boo, pe­ro se o cha­man...

—¿Que lle es­tá a pa­sar a Po­de­mos en Ga­li­cia? ¿Mo­rre de éxi­to?

—Hai un­ha si­tua­ción de fa­lla de diá­lo­go de xen­te da di­rec­ción po­lí­ti­ca e o se­cre­ta­rio xe­ral e o me­llor xei­to de so­lu­cio­na­lo, ao non es­tar de acor­do co que di, é di­mi­tir como fi­xe­mos e abrir un pro­ce­so no que os 17.000 ins­cri­tos ve­ri­fi­quen cal é o ca­mi­ño co­rrec­to.

—¿E Rio­boo ten que di­mi­tir?

—El é que ten que de­ci­dir. Ha­be­rá un­ha xes­to­ra con to­da a le­xi­ti­mi­da­de e o que non ten sen­ti­do é aga­rrar­se a un car­go. Se hai un­ha dis­cu­sión, que abriu in­di­vi­dual­men­te Breo­gán, o ló­xi­co é que se ha­bi­li­ten as can­les de­mo­crá­ti­cas e fa­len os ins­cri­tos.

—Pe­ro re­gu­la­men­ta­ria­men­te non ten por que fa­ce­lo.

—A po­lí­ti­ca de ho­xe non ten que ver coas xe­rar­quías, se­nón coas ideas co­lec­ti­vas. Es­tá no seu de­rei­to de man­ter­se aí, pe­ro a voz dos ins­cri­tos res­pec­to da con­fluen­cia en En Ma­rea foi cla­ra.

—¿Cues­tio­na que qui­xe­ra de­ba­ter so­bre se­guir en En Ma­rea?

—Ca­tro­cen­tos dez mil ga­le­gos apoia­ron a En Ma­rea e iso é un­ha voz con­tun­den­te. Pe­ro pa­ra as au­to­nó­mi­cas se­rán os ins­cri­tos os que te­rán que de­ci­dir, aín­da que hai un con­sen­so so­cial am­plo.

—¿Bo­tá­ron­lle un pul­so a Rio­boo?

—Eu non o con­si­de­ro así pa­ra na­da. Uni­la­te­ral­men­te im­pug­nou o ca­mi­ño per­co­rri­do e non hou­bo diá­lo­go des­pois po­la súa par­te.

—¿Op­ta­rá vos­te­de ao seu posto?

—Te­ño un­ha res­pon­sa­bi­li­da­de moi im­por­tan­te cos ga­le­gos no Con­gre­so. A par­tir de aí es­tou ao ser­vi­zo de Po­de­mos Ga­li­cia e se se con­si­de­ra que po­do ache­gar al­go, es­coi­ta­rei esas opi­nións.

Á. BALLESTEROS

An­tón Gó­mez Reino.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.