Vén­ce­te

La Voz de Galicia (Ourense) - - El Tiempo - Car­los Ca­nei­ro

asa­mos a vi­da com­pe­tin­do cos ou­tros. Den­de ne­nos cae­mos no erro de con­ver­ter o ver­bo com­pe­tir en al­go trans­cen­den­te pa­ra as no­sas vi­das. Es­que­ce­mos a fra­se sa­bia de Er­nest He­ming­way: «Non hai na­da no­bre en ser su­pe­rior aos teus se­me­llan­tes. A ver­da­dei­ra no­bre­za re­si­de en ser su­pe­rior ao teu ego an­te­rior». Su­pe­rar­se a si mes­mo, non aos de­mais: esa é a me­ta de ca­da día. Ser un pou­co me­llor, sen­tír­mo­nos me­llor, amar me­llor. Cla­ro que ca­da un ama como sa­be, ou como po­de. Cla­ro que o mundo em­pu­xa a com­pe­ti­ción dia­ria, como se a vi­da fo­se un­ha carreira de obs­tácu­los na que o prin­ci­pal obs­tácu­lo é o ad­ver­sa­rio. O in­ferno son os ou­tros, di­cían. Eu non o creo. Os in­fer­nos vi­ven den­tro de nós, como den­tro de nós vi­ve a po­si­bi­li­da­de de apa­gar o seu lu­me in­si­dio­so e des­tru­tor. Con­vén­ce­te e vén­ce­te. Non que­da ou­tro re­me­dio. Cam­biar a ac­ti­tu­de pe­si­mis­ta can­do pi­sas a praia dun no­vo día. Aden­trar­te na au­ga cá­li­da dos afec­tos e es­que­cer o ran­cor: os ran­co­ro­sos, os que odian, gas­tan a vi­da gas­tán­do­se a si mes­mos. Le­van­tar o áni­mo dos des­ani­ma­dos. Pro­cu­rar cal­ma pa­ra os que vi­ven no desa­so­se­go. Apa­gar o te­lé­fono mó­bil pa­ra que non pa­se as vin­te e ca­tro ho­ras do día pi­tan­do, re­cor­dan­do, aler­tan­do, im­por­tu­nan­do. Vén­ce­te, an­da. In­ten­ta dar un pa­so sen que ca­da pa­so for­me par­te dun­ha com­pe­ti­ción. In­ten­ta amar e ser ama­do. Vén­ce­te. Se caes, apren­de da caí­da. Se aplau­den de­ma­sia­do, pen­sa que non todos os aplau­sos son ver­da­de. Vén­ce­te. Non com­pi­tas cos de­mais, se­nón coa túa pro­pia am­bi­ción. Aper­ta as cor­das da von­ta­de: esa pa­la­bra de­va­lua­da. E in­ten­ta ser o que ti que­res ser. Non o que os de­mais que­ren que ti se­xas. Ti, que só pre­ten­des com­pe­tir con­ti­go mes­mo. Ti es ca­paz. Po­des. Vén­ce­te, an­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.