Da «or­ques­ta­ción» dos pe­li­quei­ros ao tra­ba­llo pa­ra unir os po­bos do val

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

Os fe­los de Ma­ce­da vi­vi­ron malos tem­pos hai dé­ca­das. Un­ha si­tua­ción que fi­xo tran­si­tar ao per­so­na­xe his­tó­ri­co da se­rra po­la zo­na de som­bra do en­troi­do ga­le­go, por máis que in­ves­ti­ga­do­res como o li­miao Fe­de­ri­co Co­cho os reivin­di­ca­se no tra­ba­llo que du­ran­te moi­tos anos foi a pu­bli­ca­ción de re­fe­ren­cia pa­ra fa­lar da fes­ta — O car­na­val en Ga­li­cia, Xe­rais. 1990—. O tra­ba­llo co­lec­ti­vo a prol de re­cu­pe­rar a fi­gu­ra que cam­pa ba­ril po­los po­bos da se­rra de San Ma­me­de diu o seu froi­to e o felo é xa, de seu e por de­rei­to pro­pio, un­ha das más­ca­ras sen­llei­ras do en­troi­do ou­ren­sán.

Un­ha fa­ce­ta que se com­ple­men­ta coa im­pli­ca­ción do in­ves­ti­ga­dor, fi­ló­so­fo e edi­tor Emi­lio Araú­xo, que es­pa­lla o en­troi­do de Ma­ce­da e as fi­gu­ras máis sin- gu­la­res da fes­ta en­tre os an­tro­pó­lo­gos, ar­tis­tas e es­cri­to­res cos que man­tén re­la­ción e co­la­bo­ra­ción. Se o ano pa­sa­do foi a poeta sueca He­le­na Eriks­son a que co­rreu o en­troi­do da se­rra, e mes­mo pa­sou por ou­tras fes­tas da pro­vin­cia, no 2016 con­tou­se coa pre­sen­za das fran­ce­sas Mi­chèl Cha­deis­son, an­tro­pó­lo­ga, e Lo­la Créïs, poeta e crí­ti­ca li­te­ra­ria. Cha­deis­son e es­pe­cia­lis­ta en fe­ti­chis­mo afri­cano e pro­pie­ta­ria da li­bra­ría pa­ri­si­na Tex­tu­re. Da man de Araú­xo co­ñe­ce­ron os en­troi­dos de La­za e Ma­ce­da e Lo­la Créïs par­ti­ci­pou na co­mi­ti­va da se­rra ves­ti­da de felo. Cha­deis­son foi un­ha das crea­do­ras im­pli­ca­das en Fe­lo­tex­tos, ver­sos de poe­tas ex­tran­xei­ros so­bre os fe­los. A an­tro­pó­lo­ga Mi­chèl Cha­deis­son dei­xa­ba as súas im­pre­sións da súa vi­si­ta ao en­troi­do ou­ren­sán pa­ra os tra­ba­llos de in­ves­ti­ga­ción que desen­vol­ve den­de hai anos o in­ve­tis­ga­dor ou­ren­sán afin­ca­do en La­lín. Se­gun­do si­na­la­ba on­te Emi­lio Araú­xo: «Pa­ra Cha­deis­son o pe­li­quei­ro e o es­pec­tácu­lo que se po­de ver na pra­za da Pi­co­ta de La­za cons­ti­túen un­ha or­ques­ta­ción, un­ha ma­ni­fes­ta­ción es­pec­ta­cu­lar or­ga­ni­za­da na que se dá un­ha ten­sión, mes­mo co pa­pel dos tam­bo­res, que ra­chan os pe­li­quei­ros coa súa pre­sen­za. E a xen­te par­ti­ci­pa nos xo­gos. Se­gun­do ela o me­do que trans­mi­ten é moi for­te e o per­co­rri­do dos pe­li­quei­ros, ne­se ir e vir en li­ñas, fen­de a mul­ti­tu­de. Viu­nos como máis ele­gan­tes, e máis ache­ga­dos ao con­cep­to da ur­be». Pa­ra a an­tro­pó­lo­ga no ca­so do felo «pó­de­se fa­lar máis dun­ha so­cie­da­de com­ple­ta, en­tei­ra en si mes­ma. Sa­lien­tou ese tra­ba­llo de te­cer la­zos en­tre os po­bos do val de Ma­ce­da co seu per­co­rri­do e que non exis­ti­se mer­can­ti­li­za­ción».

JO­SÉ JUAN PÉ­REZ RA­MOS

A poeta e crí­ti­ca li­te­ra­ria Lo­la Créïs saiu na co­mi­ti­va dos fe­los a per­co­rrer a se­rra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.