So­bre com­pro­mi­sos e apos­tas cul­tu­rais

Go­ret­ti San­mar­tín Rei

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Omun­do cul­tu­ral le­va su­fri­do moi­to nos úl­ti­mos tem­pos. Coa des­cul­pa da cri­se foi un dos sec­to­res máis sa­cri­fi­ca­dos por se pre­ten­der pre­sen­tar como un lu­xo e non un de­rei­to e un­ha ne­ce­si­da­de que, por ou­tra par­te, ta­mén xe­ra em­pre­go, di­na­mi­za e ver­te­bra o te­rri­to­rio. Con­tri­buír a que as ini­cia­ti­vas cul­tu­rais do po­bo de crea­do­res que so­mos che­guen a todos os con­ce­llos da Co­ru­ña é a maior obri­ga da Depu­tación.

Te­re­mos oca­sión de fa­lar de no­vas pro­pos­tas nas pró­xi­mas se­ma­nas. De ma­nei­ra in­me­dia­ta, es­pe­ra­mos que se ce­rre a po­lé­mi­ca xe­ra­da ao re­dor da con­ti­nui­da­de da Tem­pa­da Lí­ri­ca da Co­ru­ña. Reite­ra­mos o apoio da Depu­tación á ópe­ra e a ne­ce­si­da­de de que ese apoio se­xa o re­sul­ta­do das con­tri­bu­cións equi­li­bra­das das di­fe­ren­tes Ad­mi­nis­tra­cións, sen en­trar­mos ago­ra nas po­si­bi­li­da­des de ob­ter ou­tras fon­tes de fi­nan­cia­men­to. Pa­ra alén do Concello e da pro­pia Xun­ta, é pre­ci­so su­bli­ñar­mos a can­ti­da­de ri­dí­cu­la que ache­ga o Mi­nis­te­rio de Cul­tu­ra (75.000 eu­ros), que con­tras­ta con con­tri­bu­cións moi­to máis cuan­tio­sas a ou­tros programas de ópe­ra do res­to do Es­ta­do, como por exem­plo os 517.000 eu­ros pa­ra a ci­da­de de Bil­bao. Foi ne­sa li­ña que des­de a Área de Cul­tu­ra fi­xe­mos pú­bli­ca a po­si­bi­li­da­de de ache­gar un­ha im­por­tan­te can­ti­da­de, sem­pre que o Concello e a Xun­ta rea­li­za­sen un es­for­zo se­me­llan­te. Cóm­pre lem­brar­mos, a es­te res­pec­to, que dos 1.200.000 eu­ros de or­za­men­to que ti­vo a pa­sa­da edi­ción, a Depu­tación pu­xo, con ca­rác­ter ex­tra­or­di­na­rio e ex­cep­cio­nal, 900.000 eu­ros, 450.000 xa en­tre­ga­dos e ou­tros 450.000 que es­tán en tra­mi­ta­ción ad­mi­nis­tra­ti­va nes­tes mo­men­tos. Á mar­xe dis­to, no úl­ti­mo ano na im­pren­ta pro­vin­cial rea­li­zá­ron­se tra­ba­llos pa­ra Ami­gos da Ópe­ra por un im­por­te su­pe­rior a 30.000 eu­ros.

E fa­la­mos de ex­cep­cio­na­li­da­de des­ta do­ta­ción do 2015 e da que estamos a com­pro­me­ter pa­ra o 2016 por­que, pa­ra alén des­ta ache­ga con­cre­ta pa­ra a Tem­pa­da Lí­ri­ca, os or­za­men­tos da Depu­tación re­co­llen, máis un­ha vez, o com­pro­mi­so de do­tar con 1.500.000 eu­ros o Con­sor­cio pa­ra a Pro­mo­ción da Mú­si­ca, or­ga­nis­mo de que a ins­ti­tu­ción pro­vin­cial non for­ma par­te. Po­rén, co­ñe­ce­do­ra da súa re­le­van­cia e da ne­ce­si­da­de de man­ter un­ha ac­ti­vi­da­de mu­si­cal de que a ci­da­de da Co­ru­ña é só­li­do re­fe­ren­te, pon ao seu dis­por un­ha ci­fra que xul­ga­mos moi im­por­tan­te. Un­ha can­ti­da­de si­mi­lar a aque­la que a Depu­tación in­clúe pa­ra o Con­sor­cio é ta­mén a que a Depu­tación da Co­ru­ña in­vis­te na Re­de Cul­tu­ral (1.400.000 eu­ros nun ini- cio). A Re­de é un es­pa­zo de pro­gra­ma­ción moi con­so­li­da­do, que fa­vo­re­ce un­ha ofer­ta cul­tu­ral de pro­xi­mi­da­de e de ca­li­da­de e o ac­ce­so ás pro­pos­tas cul­tu­rais do con­xun­to da po­boa­ción de todos os con­ce­llos da Co­ru­ña. Ade­mais, a Re­de xe­ra es­pa­zos de con­tra­ta­ción e di­fu­sión pa­ra os sec­to­res cul­tu­rais, as en­ti­da­des so­cio­cul­tu­rais e os con­ce­llos. Estamos a fa­lar, nas ci­fras do 2015, de 1.273 ac­tua­cións de gru­pos pro­fe­sio­nais e non pro­fe­sio­nais que per­co­rren os con­ce­llos da Co­ru­ña cos seus es­pec­tácu­los. O com­pro­mi­so, pois, da Depu­tación ao man­te­men­to e á no­va crea­ción de pro­pos­tas cul­tu­rais é con­tun­den­te. De­se­xá­mos­lle lon­ga vi­da á ópe­ra na Co­ru­ña e que­re­mos fa­cer reali­da­de a po­si­bi­li­da­de de to­da a ve­ci­ñan­za (in­de­pen­den­te­men­te de on­de es­ta re­si­dir) po­der asis­tir a es­pec­tácu­los cul­tu­rais de ca­li­da­de. Ni­so con­ti­nua­mos a tra­ba­llar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.