Non é tem­po

Ma­ría Ca­no­sa

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Non é tem­po de blin­dar aos car­gos po­lí­ti­cos fa­cén­doos afo­ra­dos. Non é tem­po de des­ti­tuír aos di­ri­xen­tes co­ma se is­to fo­se un­ha di­ta­du­ra. Non é tem­po de de­sig­nar a ex­mi­nis­tros pa­ra al­tos car­gos en gran­des em­pre­sas.

Non é tem­po, se­ño­res. Nun­ca o foi. E sei­ca non se vai pa­sar nin un­ha máis. Pe­ro ago­ra mes­mo é me­nos tem­po di­so ca nun­ca.

É tem­po de ne­go­ciar. Ne­go­ciar, que sig­ni­fi­ca exac­ta­men­te: dis­cu­tir as con­di­cións nas que se ha rea­li­zar un asun­to, sen­do aquí o asun­to go­ber­nar un país. Fa­cer po­lí­ti­ca. Pa­ra nós, os ci­da­dáns, que ca­sual­men­te, so­mo os que estamos a pa­gar­lle o sol­do aos po­lí­ti­cos. E pa­ra que? Pa­ra que go­ber­nen, ne­go­cien, tra­ba­llen.

Non nos en­víen a no­vas elec­cións. Che­gar a en­ten­de­men­to é tra­ba­llo seu. O meu era ir vo­tar e xa o fi­xen. Non vaian pen­sar que o to­mei á li­xei­ra e que non me­di­tei. Non! Eu tra­ba­llei. Ne­go­ciei coa mi­ña con­cien­cia, de­ci­dín e vo­tei.

É a súa quen­da, se­ño­res. O po­bo im­pu­xo ne­go­ciar. Estamos can­sos do de sem­pre, de que as cou­sas se fi­xe­ran como ata on­te. Que non llo pu­xe­mos doa­do pa­ra for­mar Go­berno? Po­de ser, non o dis­cu­to. Pe­ro vos­te­des tam­pou­co nos de­bu­xa­ron un ca­mi­ño de ro­sas sen es­pi­ñas pa­ra avan­zar día a día en­tre a cri­se, o pa­ro, a corrupción, as in­xus­ti­zas... Qui­zais tam­pou­co se­xa tem­po pa­ra laiar­se. Ha­bía que quei­xar­se nas ur­nas. E ca­da un fí­xoo ao seu xei­to, se­gun­do pen­sa­ba ou sen­tía, vo­tan­do coa ca­be­za, co co­ra­zón ou coas tri­pas, des­de as en­tra­ñas.

Ago­ra ne­go­cien. Ta­mén con ca­be­za, co­ra­zón e en­tra­ñas. Foi o que lles en­co­men­da­mos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.