OU­REN­SE EN CO­MÚN

«Se a opo­si­ción é blo­quear a ci­da­de, non xo­ga­mos a iso»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - R. N. P.

O por­ta­voz de Ou­ren­se en Co­mún, Mar­ti­ño Xo­sé Vázquez, ins­ta ao PSOE a que de­fi­na que pa­pel que­re xo­gar nes­ta cor­po­ra­ción e xus­ti­fi­ca a súa abs­ten­ción na re­pro­ba­ción por en­ten­der que che­ga­ba ce­do.

—¿Por que fi­xe­ron un­ha re­pro­ba­ción xe­ral ao go­berno do PP e a PSOE e DO?

—É bas­tan­te ob­vio que Ou­ren­se en Co­mún es­tá nas An­tí­po­das ideo­ló­xi­cas e do mo­de­lo de xes­tión mu­ni­ci­pal. A abs­ten­ción é por­que con­si­de­ra­mos que dos ar­gu­men­tos nin­gún era acaí­do, e o úni­co que po­dia­mos com­par­tir, o dos or­za­men­tos, con­si­de­rá­ba­mos que che­ga­ba ce­do. Re­pro­ba­mos a todos, por­que non com­par­ti­mos a for­ma de pro­ce­der de nin­gún de­les.

—¿O PSOE acú­sa­vos de ser a pin­za do PP?

—Esa men­sa­xe xa ven do pa­sa­do. O PSOE de Fe­li­pe Gon­zá­lez e com­pa­ñía, ago­ra todos si­tua­dos en bos con­se­llos de ad­mi­nis­tra­cións de em­pre­sas, xa uti­li­za­ron ese ape­la­ti­vo pa­ra re­fe­rir­se a quen lle es­ta­ba len­do a car­ti­lla. Se a la­bor de opo­si­ción é blo­quear a ci­da­de, Ou­ren­se en Co­mún non xo­ga a iso.

—Sor­pren­de, po­la ex­pe­rien­cia nou­tras ci­da­des, ese dis­tan­cia­men­to en­tre PSOE e a «ma­rea».

—Si, o que pa­sa é que Ou­ren­se é un ra­ra avis, foi na an­te­rior cor­po­ra­ción e aca­bou como aca­bou. Foi un man­da­to bas­tan­te mo­vi­do con ca­sos de impu­tados, xu­di­cia­li­zan­do a la­bor po­lí­ti­ca e creo que am­bos, tan­to o PSOE como DO, se­guen cun pé no pa­sa­do. A aná­li­se que nós fa­ce­mos é que o PP, es­tan­do nas an­tí­po­das da súa for­ma de go­ber­nar como estamos, si que se re­no­vou, pe­ro en ver­da­de pa­re­ce que De­mo­cra­cia Ou­ren­sa­na e o PSOE aín­da vi­ven na cor­po­ra­ción pa­sa­da e pa­re­ce que o que que­ren é man­ter ese cli­ma de ten­sión e de in­go­ber­na­bi­li­da­de.

—¿Que su­po­ría pa­ra Ou­ren­se un go­berno DO e PSOE?

—Nós di­xé­mos­llo a Gon­za­lo Pé­rez Já­co­me, si de ver­da­de eles con­si­de­ran que po­den ser un­ha al­ter­na­ti­va de go­berno, que pre­sen­ten un­ha mo­ción de cen­su­ra cun­ha al­ter­na­ti­va pro­gra­má­ti­ca e Ou­ren­se en Co­mún de­ci­di­rá como to­ma as súas de­ci­sións, de for­ma co­le­xia­da e asem­blea ve­ci­ñal aber­ta, pe­ro aquí o que fal­ta é un­ha pro­pos­ta de ci­da­de.

—Pen­san que es­te no­vo es­ce­na­rio po­de blo­quear ó go­berno.

—Non en­ten­de­mos como o al­cal­de non fa­lou ese día. Pa­re­ceu­nos in­com­pren­si­ble. So­bre a súa la­bor de go­berno, agar­da­mos que non. O equi­po de go­berno ten un­has res­pon­sa­bi­li­da­des im­por­tan­tí­si­mas, por­que estamos nun mo­men­to no­dal no que é o ano, cun or­za­men­to en de­ba­te e cun plan de ur­ba­nis­mo na rec­ta fi­nal e non po­de dei­xar­se ame­dren­tar por na­da.

M. VI­LLAR

Mar­ti­ño Xo­sé Vázquez.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.