«Al­gun­has per­soas non te­mos pre­zo. Non di­mi­to por­que non de­bo e si­go por dig­ni­da­de»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Galicia -

Non se dá por alu­di­do por máis si­nais que lle man­den des­de Ma­drid, o eli­mi­ne Pa­blo Igle­sias do seu gru­po de Te­le­gram, ou lle cor­ten o ac­ce­so ao co­rreo do par­ti­do, como lle su­ce­deu du­ran­te a en­tre­vis­ta. Breo­gán Rio­boo (Na­rón, 1986) ase­gu­ra que o re­gu­la­men­to do par­ti­do es­tá con el e gran par­te das ba­ses ta­mén. «Non te­ño pre­zo», di, nin re­pa­ro en sen­ten­ciar que a xes­to­ra no­mea­da on­te pa­ra di­ri­xir Po­de­mos dá­lle «ver­go­ña» por ter só a dúas mu­lle­res.

—¿De ver­da­de cre que po­de con­tra­riar a Pa­blo Igle­sias e ga­ñar?

—Non é cues­tión de le­var a con­tra­ria. É en­ten­der que a esen­cia de Po­de­mos é a ca­pa­ci­da­de de par­ti­ci­par, de­ci­dir con­xun­ta­men­te e que a de­mo­cra­cia se­xa real. Ga­ran­tir eses prin­ci­pios é de­fen­der que en Ga­li­cia te­ña­mos ca­pa­ci­da­de de de­ci­dir que que­re­mos fa­cer

pa­ra as au­to­nó­mi­cas.

—¿Es­tá di­cin­do que Igle­sias non en­ten­de a esen­cia de Po­de­mos?

—Ca­da un de­fen­de o que quer. Eu de­fen­do a pos­tu­ra dun se­cre­ta­rio es­co­lli­do po­los ins­cri­tos.

—¿To­do re­dú­ce­se a que os car­gos elec­tos que­ren que se re­pi­ta En Ma­rea pa­ra as au­to­nó­mi­cas e vos­te­de non?

—Nun­ca me po­si­cio­nei. Po­de­mos ir sós; nun­ha con­fluen­cia que cum­pra coa de­mo­cra­cia real, par­ti­ci­pa­ción, trans­pa­ren­cia e igual­da­de, ou con En Ma­rea, pe­ro com­pe­te aos ins­cri­tos di­cir que que­ren fa­cer. Si esas ca­tro cues­tións non es­tán ga­ran­ti­das, creo que Po­de­mos Ga­li­cia non de­be par­ti­ci­par ne­sa con­fluen­cia.

—Nó­ta­se que En Ma­rea non é o que máis lle gus­ta.

—Nas xe­rais in­ter­pre­tá­ron­se dun xei­to la­xo os es­ta­tu­tos non fa­cen­do un­ha no­va con­sul­ta pa­ra que a xen­te de Ga­li­cia ex­clu­si­va­men­te re­fe­ren­da­se a coa­li­ción, e is­to non po­de vol­ver a pa­sar.

—¿Quen foi in­fiel aos es­ta­tu­tos?

—Ca­da un res­pon­de do seu res­pec­to aos do­cu­men­tos. En En Ma­rea pú­xo­se a ca­pa­ci­da­de de de­ci­sión no se­cre­ta­rio xe­ral es­ta­tal e no con­se­llo ci­da­dán es­ta­tal.

—¿Con­se­guiu xa fa­cer­se co do­cu­men­to do pac­to de En Ma­rea?

—Hai dous do­cu­men­tos, e o do do­cu­men­to po­lí­ti­co, que eu que­ría que fo­se trans­pa­ren­te, a día de ho­xe efec­ti­va­men­te si­go agar­dan­do a que me con­fir­men se te­ño o de­fi­ni­ti­vo ou non.

—Ufff! ¿Como ex­pli­car que o lí­der dun par­ti­do non te­ña o pa­pel que o li­ga nun­ha coa­li­ción?

—O es­tou agar­dan­do, como lle pa­sa a Al­ber­to Garzón [IU].

—Vos­te­de ase­gu­rou aos se­cre­ta­rios lo­cais que es­tá sen­do moi pre­sio­na­do pa­ra di­mi­tir. ¿Sen­te que Pa­blo Igle­sias lle es­tá dan­do un gol­pe in­terno?

—Non é que eu non quei­ra di­mi­tir, e que non de­bo di­mi­tir pa­ra ga­ran­tir a de­mo­cra­cia in­ter­na. E o fa­go por­que a xen­te o que trans­mi­te e que que­re de­ci­dir. As pre­sións pa­ra que di­mi­ta son pal­pa­bles e no­to­rias, pe­ro afron­to os obs­tácu­los sa­ben­do que a xen­te agar­da que eu se­xa o que ga­ran­ta os prin­ci­pios da no­sa or­ga­ni­za­ción. E ta­mén o de igual­da­de, que por cer­to, dá­me ver­go­ña que un 75 % do equi­po téc­ni­co [xes­to­ra] no­mea­do se­xan ho­mes.

—¿É un­ha xes­to­ra equi­li­bra­da?

—Non creo que o se­xa te­rri­to­rial­men­te, e me­nos en igual­da­de. É un­ha ver­go­ña que Po­de­mos non se de­be­ría per­mi­tir.

—¿Nin lle con­sul­ta­ron, en­tón?

—A se­cre­ta­ría de Or­ga­ni­za­ción no­meou en ba­se aos seus cri­te­rios, pe­ro ti­ñan que es­tar moi­to me­llor ana­li­za­dos e ter­se ga­ran­ti­dos cues­tións bá­si­cas, por­que non bas­ta con fa­lar de no­va po­lí­ti­ca, se­nón que hai que fa­ce­la.

—Pois non hai na­da máis ve­llo en po­lí­ti­ca que a pe­le­xa por postos e Po­de­mos es­tá ne­la.

—Al­gun­has per­soas po­den es­tar ne­la. Eu non e o con­se­llo de coor­di­na­ción ra­ti­fi­ca­do tam­pou­co.

—¿Os seus crí­ti­cos si?

—Acu­mu­lar car­gos sen pa­rar ten que ver coa ve­lla po­lí­ti­ca. Que ha­xa dous, tres car­gos or­gá­ni­cos e a maio­res car­gos ins­ti­tu­cio­nais, per­ci­bo que ten que ver co ve­llo. Eu só te­ño un car­go or­gá­ni­co.

—¿Ofre­cé­ron­lle un posto en Ma­drid a cam­bio de di­mi­tir?

—En nin­gún ca­so vou fa­cer nin­gún tra­ba­llo en Ma­drid. Si se in­si­nuou que eu pui­de­se ter fa­ci­li­da­des, si es­ta­ba de acor­do con is­to, de con­co­rrer a un­has no­vas elec­cións in­ter­nas e ser apoia­do por xen­te da exe­cu­ti­va es­ta­tal. Pe­ro al­gun­has per­soas non te­mos pre­zo, a mi­ña di­mi­sión tam­pou­co.

—¿Pe­ro con tan­to na con­tra, por que non o dei­xa?

—Por dig­ni­da­de. Te­mos es­ta­tu­tos e do­cu­men­tos que me ava­lan pa­ra esi­xir que a xen­te de Po­de- mos en Ga­li­cia po­da de­ci­dir, aín­da que Pa­blo Igle­sias pre­fi­ra se­guir con En Ma­rea.

—Pa­sou me­dio cen­to de días des­de as elec­cións, dí­ga­me tres ini­cia­ti­vas dos seus depu­tados

—Pre­sen­to­use un­ha ini­cia­ti­va pa­ra o re­co­ñe­ce­men­to do Es­ta­do pa­les­tino...

—Non, non, di­go dos depu­tados de Ga­li­cia.

—Ah!. Eses non son os meus depu­tados, son os de En Ma­rea. Eu son se­cre­ta­rio xe­ral de Po­de­mos.

Ó. VÁZQUEZ

Breo­gán Rio­boo on­te en Vi­go, on­de re­si­de ago­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.