Tem­pos de cam­bio

Víc­tor F. Frei­xa­nes

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Ci­cli­ca­men­te as so­cie­da­des pi­den un­ha vol­ta. Ás ve­ces tar­da­mos en ve­la (a ne­ce­si­da­de) e can­do que­re­mos ac­tuar ou é tar­de de máis ou as ac­tua­cións te­ñen un pre­zo moi al­to. Moi­tos sos­pei­ta­mos que is­to é o que es­tá a su­ce­der, tan­to na so­cie­da­de es­pa­ño­la como en ám­bi­tos máis am­plos: o mo­de­lo de cre­ce­men­to oc­ci­den­tal, por exem­plo, e a pro­pia reali­da­de eu­ro­pea. As ten­sións ca­se sem­pre son as mes­mas. Dun­ha ban­da, os axen­tes con­ser­va­do­res, que tei­man en que as cou­sas si­gan como es­tán, apu­ran­do a si­tua­ción ao lí­mi­te, ás ve­ces con to­da cla­se de ar­gu­men­tos (in­cluí­do o ar­gu­men­to do me­do), por­que de­sa ma­nei­ra cren de­fen­der ou blin­dar me­llor os seus in­tere­ses; e dou­tra ban­da, os axen­tes do cam­bio e a re­no­va­ción, non ne­ce­sa­ria­men­te re­vo­lu­ción, que pu­xan por trans­for­mar as con­di­cións, in­tro­du­cir no­vas re­gras de xo­go, re­vi­ta­li­zar o sis­te­ma. Os pri­mei­ros xo­gan con cer­ta van­ta­xe can­do bo­tan man da fi­lo­so­fía dos ve­llos: «Me­llor ma­lo co­ñe­ci­do que bo por co­ñe­cer», pa­ra que na­da cam­bie. Os se­gun­dos te­ñen ao seu fa­vor a pro­pia ne­ce­si­da­de do cam­bio.

A fi­nais do sécu­lo XIX e nas pri­mei­ras dé­ca­das do XX xur­diu en Es­pa­ña un mo­ve­men­to in­te­lec­tual im­por­tan­te que recibiu o no­me de re­xe­ne­ra­cio­nis­mo: Joa­quín Cos­ta, o krau­sis­mo, a Ins­ti­tu­ción Li­bre de En­se­ñan­za, preo­cu­pa­dos por in­tro­du­cir na so­cie­da­de es­pa­ño­la no­vos mo­de­los pa­ra a trans­for­ma­ción da reali­da­de, cas­ti­ga­da da­que­la po­la corrupción, o pe­si­mis­mo, a ins­ta­la­ción de gru­pos do­mi­nan­tes que non da­ban máis de si e atran­ca­ban his­to­ri­ca­men­te o ca­mi­ño ca­ra a mo­der­ni­da­de. Por­que se tra­ta­ba di­so: de in­tro­du­cir a mo­der­ni­da­de, ollan­do ca­ra a Eu­ro­pa na­quel mo­men­to, ac­tuan­do so­bre a edu­ca­ción e a cul­tu­ra, mo­di­fi­can­do as es­tru­tu­ras po­lí­ti­cas pa­ra avi­var os pro­ce­sos de par­ti­ci­pa­ción de­mo­crá­ti­ca, et­cé­te­ra. Po­de o lec­tor re­pa­sar os ma­nuais de His­to­ria.

Non era un mo­ve­men­to re­vo­lu­cio­na­rio, aín­da que re­vo­lu­cio­na­se al­gun­has cou­sas, mais fra­ca­sou. En gran me­di­da por­que a so­cie­da­de non es­ta­ba ma­du­ra pa­ra os cam­bios, e por­que os gru­pos do­mi­nan­tes (as oli­gar­quías) non só con­tro- la­ban o po­der se­nón os me­ca­nis­mos de for­za que sos­te­ñen o po­der. Pó­de­se di­cir que a gue­rra ci­vil de 1936 foi o re­sul­ta­do da­quel fra­ca­so.

Afor­tu­na­da­men­te, a so­cie­da­de es­pa­ño­la ac­tual é moi dis­tin­ta. A si­tua­ción eco­nó­mi­ca, sem­pre que non dei­xe­mos que se de­gra­de; a for­ma­ción cul­tu­ral e edu­ca­ti­va da po­boa­ción, a no­sa ins­ta­la­ción no ám­bi­to eu­ro­peo, a es­ta­bi­li­da­de das no­sas ins­ti­tu­cións, et­cé­te­ra, son fac­to­res po­si­ti­vos que na­da te­ñen que ver coa reali­da­de dou­tras épo­cas. Tam­pou­co fo­ron os re­xe­ne­ra­cio­nis­tas os úni­cos que fra­ca­sa­ron an­tes: a Ilus­tra­ción, por exem­plo, in­ten­tou abrir es­pa­zos pa­ra a mo­der­ni­da­de, e mes­mo hai al­gún exem­plos an­te­rio­res. Pe­ro a si­tua­ción vol­ve de­man­dar cam­bios, fe­nó­meno cí­cli­co, re­pi­to, que se dá en to­das as so­cie­da­des. ¿Sa­be­re­mos mo­ver as fi­chas es­ta vez coa in­te­li­xen­cia ne­ce­sa­ria? Dian­te dos cam­bios hai sem­pre un pun­to de in­cer­te­za que preo­cu­pa, cer­ta­men­te, pe­ro que non de­be­ría pa­ra­li­zar­nos. Por­que se non ac­tua­mos ago­ra, se ca­dra can­do quei­ra­mos fa­ce­lo se­rá tar­de de máis, e o pre­zo a pa­gar moi­to máis al­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.