«Se sou­be­ra que con ir­me se aca­ba­rían os pro­ble­mas, sa­ca­ría­me do me­dio»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Marítima - E. A.

Fron­te aos que xa lle cha­man «se­ñor Loc­ti­te», Fa­jar­do re­pli­ca que non é ape­go ao car­go o que lle mo­ve: «Se sou­be­ra que con ir­me eu se so­lu­cio­na­rían os pro­ble­mas, gus­to­sa­men­te me sa­ca­ría do me­dio». Pe­ro es­tá con­ven­ci­do de que non é así. Que as crí­ti­cas á súa xes­tión ve­ñen do mo­men­to con­xun­tu­ral, moi di­fí­cil pa­ra o sec­tor, e por axen­tes in­tere­sa­dos en fa­cer ver que el se mo­ve por mo­ti­vos po­lí­ti­cos.

—¿Hai­lle que dar pa­ra­béns?

—Es­tes pro­ce­sos non son agra­da­bles e o fei­to de que un­ha fe­de­ra­ción pro­vin­cial so­li­ci­te a di- mi­sión, non é como pa­ra re­ci­bir pa­ra­béns. Pe­ro an­te esa pe­ti­ción, eu de­ci­dín so­me­ter­me vo­lun­ta­ria­men­te a un­ha cues­tión de con­fian­za, que non es­tá re­co­lli­da nos es­ta­tu­tos, que só pre­vén a mo­ción de cen­su­ra, pe­ro dán­do­lle as con­di­cións de es­ta: é di­cir, que pe­di­ran a di­mi­sión 3/5 do cen­so. Como non se aca­dou, con­si­de­ro que su­per­ei o pro­ce­so e si­go no car­go.

—De todos os xei­tos é im­por­tan­te o nú­me­ro de xen­te que non o apoia e apos­ta po­la súa saí­da.

—Non hai que ler os re­sul­ta­dos como se fo­ran un­has elec­cións. Can­do se que­re bo­tar ao pre­si­den­te da fe­de­ra­ción se re­qui­re un­ha Fa­jar­do fi­xo un­ha cha­ma­da á unión pa­ra afron­tar un mo­men­to di­fí­cil pa­ra o sec­tor.

maio­ría cua­li­fi­ca­da e non se deu. Tam­pou­co foi un­ha he­ca­tom­be.

—¿Es­te pro­ce­so vai traer con­si­go un cam­bio no xei­to de pre­si­dir a fe­de­ra­ción?

—Hai que re­fle­xio­nar so­bre o acon­te­ci­do e qui­zá re­con­du­cir a si­tua­ción e fa­cer un cha­ma­men­to á uni­da­de, en vez de bus­car a di­vi­sión, pa­ra de­fen­der os in­tere­ses xe­rais do sec­tor. Te­mos que ir uni­dos e con un­ha so­la voz. Ta­mén é cer­to que o mo­men­to con­xun­tu­ral non é fá­cil.

—Vos­te­de mes­mo ad­mi­tiu que co­me­teu erros.

—Re­co­ñé­zoo e xa pe­dín des­cul­pas por ese acor­do que de­ci­dín pos­po­ñer. Pe­ro tam­pou­co o fi­xen tan es­tre­pi­to­sa­men­te mal. Hai cir­cuns­tan­cias que xo­gan na mi­ña con­tra.

—¿Por exem­plo?

—A cri­se do cer­co, qui­zais non es­ti­ven á al­tu­ra, como din; a lei de acui­cul­tu­ra, que a fe­de­ra­ción sem­pre re­xei­tou... De­trás de to­do is­to es­tá o mo­men­to po­lí­ti­co e hai axen­tes in­tere­sa­dos en pre­sen­tar­me como in­cli­na­do ha­cia un par­ti­do po­lí­ti­co e en­fo­car a mi­ña xes­tión den­de aí. Tam­pou­co ex­pli­ca­ron de­ta­lla­da­men­te por que se pe­día a mi­ña di­mi­sión, como se ten que fa­cer nun­ha mo­ción de cen­su­ra.

—¿Cre que vai ser fá­cil tra­ba­llar a par­tir de ago­ra?

—Non vai ser fá­cil, en­ten­do, pe­ro xa di­xen que non ía di­mi­tir. Vou se­guir no car­go, loi­tan­do po­lo ben do sec­tor e fa­ce­lo o me­llor po­si­ble. Em­pe­cei con ilu­sión e sí­goa man­ten­do, aín­da que si­tua­cións co­ma es­tas su­po­ñen un ba­che no ca­mi­ño. Imos intentar unir e uni­fi­car, por­que o sec­tor es­tá nun mo­men­to no que non po­de per­mi­tir­se as di­vi­sións.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.