«A re­no­va­ción non po­de que­dar en al­go cos­mé­ti­co»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Galicia -

Par­la­men­ta­ria au­to­nó­mi­ca e mi­li­tan­te da UPG, Te­rei­xa Paz é a ca­ra máis vi­si­ble da fen­da aber­ta den­tro do que aín­da é o par­ti­do he­xe­mó­ni­co no BNG so­bre o ca­mi­ño a se­guir po­lo pro­xec­to na­cio­na­lis­ta que vol­ver ser vis­to po­la so­cie­da­de como un­ha op­ción atrac­ti­va. Paz ur­xe un­ha re­fun­da­ción en pro­fun­di­da­de, «pa­re­ci­da ao que foi Ria­zor», e cons­ta­ta que ou­tros mi­li­tan­tes de pe­so na UPG com­par­ten as súas ideas.

—¿Se­rá des­ta vol­ta un­ha re­fun­da­ción en pro­fun­di­da­de do BNG ou que­da­rá nun la­va­do de ca­ra?

—Fal­ta me­dio mes pa­ra que cul­mi­ne o pro­ce­so na asem­blea da Co­ru­ña. Hai mar­xe pa­ra que, coa par­ti­ci­pa­ción de to­da a mi­li­tan­cia, avan­ce­mos no diá­lo­go pa­ra che­gar a acor­dos. Hai que pro­fun- di­zar na re­no­va­ción pa­ra que non que­de nun la­va­do de ca­ra, en al­go cos­mé­ti­co. É ne­ce­sa­rio que a po­boa­ción per­ci­ba que o BNG to­mou no­ta dos re­sul­ta­dos elec­to­rais e que ac­túa. Ten que ser al­go pa­re­ci­do ao que fi­xo o na­cio­na­lis­mo en Ria­zor [a asem­blea fun­da­cio­nal, en 1982]. Is­to re­qui­re ade­cuar o dis­cur­so á Ga­li­cia de ho­xe, por­que es­tá cla­ro que a so­cie­da­de non per­ci­biu que o BNG fo­se útil pa­ra re­sol­ver os pro­ble­mas máis acu­cian­tes.

—¿E pen­sa que ese pro­ce­so de­be abor­dar­se con ur­xen­cia, pa­ra re­sol­ve­lo an­tes das au­to­nó­mi­cas?

—Pen­so que a reali­da­de nos ven im­pos­ta. En Ga­li­cia ha­be­rá un pro­ce­so elec­to­ral es­te ano, que vai atra­ve­sar to­das as ac­tua­cións po­lí­ti­cas. Por iso o pro­ce­so de re­fun­da­ción ten que fa­cer­se xa e con xe­ne­ro­si­da­de ca­ra ou­tras for­zas. De­be ser an­tes das elec­cións, por­que to­ca fa­cer al­go pa­ra que os ci­da­dáns ve­xan que to­ma­mos no­ta dos re­sul­ta­dos elec­to­rais.

—No vo­to par­ti­cu­lar que asi­na con Car­me Adán apos­tan por es­tu­dar un­ha alianza con En Ma­rea.

—O que pro­po­ñe­mos é man­da­tar á di­rec­ción que saia des­ta asem­blea pa­ra que ini­cie un diá­lo­go con to­das as for­zas na­cio­na­lis­tas e de es­quer­das pa­ra bus­car un acor­do en torno a cin­co prin­ci­pios pro­gra­má­ti­cos, que po­den ser máis. Fa­la­mos de au­to­de­ter­mi­na­ción, de­fen­sa dos sec­to­res pro­du­ti­vos, re­cu­pe­ra­ción dos sec­to­res pú­bli­cos, crea­ción dun­ha ban­ca pú­bli­ca e de­fen­sa da lin­gua e a cul­tu­ra galegas. Trá­ta­se de che­gar a un­ha coa­li­ción o máis am­pla po­si­ble pa­ra de­rro­tar ao PP. Ese acor­do, de pro­du­cir­se, se­ría so­me­ti­do en úl­ti­ma ins­tan­cia ao re­fren­do da mi­li­tan­cia.

—E apos­tan ta­mén por su­pe­rar a es­tru­tu­ra in­ter­na de par­ti­dos.

—No no­so vo­to par­ti­cu­lar fa­la­mos de ca­tro ám­bi­tos so­bre os que se de­be cons­truír o na­cio­na­lis­mo do fu­tu­ro, a par­tir da re­fun­da­ción: o po­lí­ti­co, o so­cial, o elec­to­ral e o or­ga­ni­za­ti­vo. Nes­te úl­ti­mo, enun­cia­mos prin­ci­pios pa­ra un­ha or­ga­ni­za­ción máis áxil e par­ti­ci­pa­ti­va. Pe­ro non hai que pe­char iso nes­ta asem­blea na­cio­nal. Se­ría o pun­to fi­nal do de­ba­te.

—¿Pe­ro pen­sa real­men­te que te­ñen op­cións de pros­pe­rar es­tas pro­pos­tas, tan alon­xa­das dun­has te­ses ofi­ciais máis in­mo­bi­lis­tas?

—No BNG sem­pre ti­ve­mos un­ha cul­tu­ra ba­sea­da na par­ti­ci­pa­ción da mi­li­tan­cia, que ten a úl­ti­ma pa­la­bra. A fi­na­li­da­de do vo­to par­ti­cu­lar é que se dea un de­ba­te aber­to e plu­ral.

—Vos­te­de mi­li­ta na UPG e desafía os seus pos­tu­la­dos.

—Non se tra­ta dun de­sa­fío, nin moi­to me­nos. Pe­ro si creo que, nun mo­men­to tan de­li­ca­do como o que atra­ve­sa o BNG, to­das as per­soas, e máis as que for­ma­mos par­te da di­rec­ción, te­mos a obri­ga de po­si­cio­nar­nos e de di­cir o que pen­sa­mos que é me­llor. Ade­mais, no meu ca­so, es­ta é a de­mos­tra­ción de que na UPG se po­den de­fen­der ou­tras op­cións.

—Hai máis xen­te que per­ten­ce á UPG que es­tá na mes­ma li­ña que vos­te­de, como Suá­rez Ca­nal.

—Hai per­soas, mes­mo no con­se­llo na­cio­nal do BNG, que son mi­li­tan­tes da UPG e ma­ni­fes­tan opi­nións di­fe­ren­tes, en ar­ti­gos e nas asem­bleas co­mar­cais. Con nor­ma­li­da­de e sen que pa­se na­da.

—Tan­to os vo­tos par­ti­cu­la­res como as en­men­das ao tex­to ofi­cial pros­pe­ra­ron, o que ga­ran­te un de­ba­te aber­to na asem­blea. Pe­ro cos­ta pen­sar que vaian su­pe­rar as ideas da for­ma­ción que nu­clea a par­te máis ac­ti­va da mi­li­tan­cia.

—Os dous as­pec­tos fun­da­men­tais nos que te­mos que fa­cer máis es­for­zos no BNG son a in­ten­si­da­de e a ve­lo­ci­da­de pa­ra abor­dar a re­fun­da­ción. Pe­ro, si todos estamos da­cor­do en que a so­cie­da­de nos tras­la­da que non so­mos úti­les como estamos fun­cio­nan­do, en­ten­de­re­mos que hai que fa­cer a re­fun­da­ción o an­tes po­si­ble. A es­tra­te­xia elec­to­ral non hai que fa­ce­la nes­ta asem­blea. Non é tan­to que de­ci­da­mos o día 28 como ir ás elec­cións, se­nón que se ex­plo­ren al­ter­na­ti­vas e que a mi­li­tan­cia de­ci­da en maio ou xu­ño como que­re ir. Que­ro fa­cer un cha­ma­do á mi­li­tan­cia, por­que ten o de­rei­to e ca­se o de­ber de par­ti­ci­par nes­te pro­ce­so.

SANTI M. AMIL

Te­rei­xa Paz opi­na que ur­xe a re­fun­da­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.