Lec­ción de Lin­güís­ti­ca: Ra­joy e o afo­rro do pi­ri­xel

Xesús Alon­so Mon­te­ro

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Non fai fal­ta ser eco­no­mis­ta pa­ra sa­ber­mos que o be­nes­tar dun país de­pen­de, en gran me­di­da, das ar­cas do Es­ta­do, ar­cas que, en cer­tos mo­men­tos, lon­xe de es­ta­ren cheas, es­tán ca­se ba­lei­ras, sín­to­ma moi gra­ve pa­ra o desen­vol­ve­men­to do país. Ne­ses mo­men­tos, os go­ber­nan­tes, aquí e fó­ra de aquí, lém­bran­nos un­ha e ou­tra vez que «Fa­cen­da so­mos todos», tria­da ver­bal que non hai moi­to sus­ci­tou un­ha cu­rio­sa e de­li­tuo­sa in­ter­pre­ta­ción por par­te dun­ha avo­ga­da do Es­ta­do que nun­ca de­cli­nou en la­tín o ad­xec­ti­vo par­vus-par­va-par­vum. Pe­que­nos e apar­va­dos po­de­mos ser todos al­gun­ha vez!

O ca­so é que os go­ber­nan­tes, ao ve­ren al­go ba­lei­ras as ar­cas, abrá­san­nos con tri­bu­tos, que La­mas Car­va­jal e a xen­te da épo­ca cha­ma­ba tra­bu­cos (e tra­bu­quei­ros eran os re­ca­da­do­res de im­pos­tos). Oca­sións hai, como nes­tes tres úl­ti­mos anos, en que os go­ber­nan­tes, no seu pa­trió­ti­co afán re­ca­da­to­rio, pe­tan —de­cre­to en man, tra­bu­co en man— na por­ta dos que pou­co te­ñen, es­que­cen­do que hai ou­tras por­tas, ás ve­ces de ou­ro, ás que nin se ache­gan. Son as dos gran­des de­frau­da­do­res, que, din os en­ten­di­dos, te­ñen os seus in­xen­tes cau­dais en pa­raí­sos fis­cais, pa­raí­sos con­sen­ti­dos —to­do hai que di­ci­lo— por ca­se todos os go­ber­nan­tes do pla­ne­ta.

Na Es­pa­ña do úl­ti­mo trie­nio, a Es­pa­ña dos re­cor­tes pou­co en­ten­di­bles, o Go­berno, na súa tei­ma de arrin­car tri­bu­tos de cal­que­ra par­te, er­gueu o seu tra­bu­co con­tra un es­ta­men­to tan ilus­tra­do como pou­co nu­me­ro­so: o dos xu­bi­la­dos que es­cri­ben ar­ti­gos, fan poe­mas, pu­bli­can li­bri­ños de en­saios, con­tan his­to­rias, im­par­ten cur­sos eru­di­tos, pro­nun­cian con­fe­ren­cias máis ou me­nos aca­dé­mi­cas, et­cé­te­ra. Non pasan —non pa­sa­mos— en Es­pa­ña duns can­tos centos, e de­les, só uns pou­qui­ños co­bran, por de­rei­tos de au­tor ou di­ser­ta­cións, can­ti­da­des nun­ca re­le­van­tes. Aín­da así, a es­tes xu­bi­la­dos (pro­fe­so­res, xor­na­lis­tas…), be­ne­fi­cia­rios dun­ha mo­de­ra­da pen­sión, as fau­ces vo­ra­ces e pro­ca­ces da Ad­mi­nis­tra­ción cues­tió­nan­lles a pen­sión, ou se­xa, co­ren­ta anos (ou máis) de tra­ba­llo e co­ti­za­ción ás ar­cas do Es­ta­do que os de­frau­da­do­res de al­to ni­vel man­te­ñen ca­se ba­lei­ras. Por se fo­se pou­co, a Axen­cia tra­bu­ca­ria amea­za con mul­tas tan des­pro­por­cio­na­das que mes­mo fa­rán ca­vi­lar o seu a aque­la im­par avo­ga­da do Es­ta­do.

Xa aquí, de­bo re­co­ñe­cer que, en tem­pos de cri­se (real), o se­ñor Ra­joy ou cal­que­ra ou­tro go­ber­nan­te ten a obri­ga de pro­cu­rar di­ñei­ro on­de o hai. In­fe­liz­men­te, non sem­pre se pe­ta, coa elo­cuen­cia do tra­bu­co, nas por­tas axei­ta­das, o que é do­bre­men­te in­xus­to. Pe­ro hai al­go máis, que non ten que ver coa po­lí­ti­ca tri­bu­ta­ria, tan pou­co equi­ta­ti­va, e, si, co fei­to de que, en cer­tos ca­sos, como no dos xu­bi­la­dos men­cio­na­dos, un es­ta­men­to que é moi pe­queno, exi­guo, e, por se fo­se pou­co, de in­gre­sos, no me­llor dos ca­sos, in­sig­ni­fi­can­tes pa­ra as ar­cas do Es­ta­do. Así pois, a Ad­mi­nis­tra­ción non só é in­xus­ta, se­nón que é par­va (pe­que­na de in­te­li­xen­cia) pois por esa vía as ar­cas se­gui­rán ba­lei­ras ou se­mi­ba­lei­ras.

Hai días con­sul­tei a un pres­ti­xio­so avo­ga­do vi­gués, ex­per­to, ta­mén, en te­mas tri­bu­ta­rios, e, fa­lán­do­mos da mag­ni­tu­de dos in­gre­sos pro­ce­den­tes do no­so gre­mio, sen­ten­ciou: «Ese é o cho­co­la­te do lo­ro!». Como é ami­go, dí­xen­lle que esa ex­pre­sión non é ver­ná­cu­la, se­nón tra­du­ción do cas­te­lán. En Ga­li­cia, os en­xe­bres, que aín­da hai al­gúns, din: «Ese é o afo­rro do pi­ri­xel». En efec­to, se un, nun­ha fei­ra, mer­ca me­dia du­cia de xa­móns, ten al­gún sen­ti­do que re­ga­tee no pre­zo pa­ra afo­rrar vin­te ou trin­ta eu­ros, can­ti­da­de que non fai ri­co a nin­guén pe­ro que non é des­de­ña­ble. Ago­ra ben, se, mi­nu­tos des­pois, mer­ca un­has fo­lli­ñas de pi­ri­xel por uns cén­ti­mos, non ten nin­gún sen­ti­do que se des­vi­va pa­ra que lle re­bai­xen un cén­ti­mo ou dous. Fan is­to, como se di na mi­ña al­dea, as per­soas que na me­sa, ao xan­tar, ti­ran cos anacos de pan e apro­vei­tan as fa­ran­gu­llas.

Ra­joy e os seus mi­nis­tros eco­nó­mi­cos, can­do de­ci­di­ron aco­sar a poe­tas, en­saís­tas, con­fe­ren­cian­tes, fi­ló­lo­gos… po­los seus in­gre­sos, de­be­rían sa­ber que, pa­ra as ar­cas do Es­ta­do, os be­ne­fi­cios coin­ci­den en­tei­ra­men­te co afo­rro do pi­ri­xel. Como Ra­joy é pontevedrés, qui­zais sai­ba que pi­ri­xel (en cas­te­lán, pe­re­jil), na lin­gua do P. Sar­mien­to, de Xoán Ma­nuel Pin­tos e de Fil­guei­ra Val­ver­de, sig­ni­fi­ca ‘ou­to­ni­zo’, ‘moi del­ga­do’, ‘en­fer­mi­zo’. Non hai moi­to, pa­sean­do, en Pon­te­ve­dra, po­la Pe­re­gri­na, un ve­llo ami­go meu viu pa­sar un co­ñe­ci­do seu, tan de­cre­ba­di­ño, tan en­fer­mi­zo e del­ga­do (como un subio­te), que ex­cla­mou sen que o oí­se: «Es­tá fei­to un pi­ri­xel».

Se o aco­so da Axen­cia tri­bu­ta­ria se cen­tra nos xu­bi­la­dos que aín­da fan poe­mas, es­cri­ben no­ve­las ou en­saios e pro­nun­cian con­fe­ren­cias li­te­ra­rias ou cien­tí­fi­cas, to­do fai su­po­ñer que Ra­joy e os seus mi­nis­tros van­se ato­par, en Pon­te­ve­dra ou on­de for, con al­gún hon­ra­do xu­bi­la­do do que a ve­ci­ñan­za te­ña que di­cir: «Mes­mo es­tá fei­to un pi­ri­xel. Por que se­rá?».

Re­bus sic stan­ti­bus, non vou co­men­tar aquí as pa­la­bras que lle oín ao avo­ga­do vi­gués, quen di­xo es­tar con­ven­ci­do de que o Go­berno, coa cam­pa­ña do afo­rro do pi­ri­xel, non per­se­guía be­ne­fi­cios eco­nó­mi­cos (que su­pu­ña irre­le­van­tes); per­se­guía a poe­sía, as no­ve­las, os en­saios, as con­fe­ren­cias, as pá­xi­nas crí­ti­cas… Ca­se no de­li­rio, ex­cla­ma­ba: «Van con­tra a Cul­tu­ra!». Todos sa­be­mos que hai avo­ga­dos, vi­gue­ses ou non, que, ás ve­ces, son un pou­co ex­ce­si­vos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.