«A cla­ve es­tá en que hai que po­ñer­lle pai­xón a to­do ó que se fai»

Gen­te emer­gen­te Cam­bia­ron a fi­lo­lo­xía e o me­ca­ni­za­do po­lo cul­ti­vo e ven­da de pro­du­tos da te­rra

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense Deportes - FINA ULLOA

Máis te­rras cul­ti­va­das pa­ra se­guir sur­tin­do a súa ten­da. Ese é o so­ño de fu­tu­ro de Ta­ma­ra e Da­vid que xa es­tá agro­man­do no ul­tra­ma­ri­nos O Ca­ba­cei­ro, un es­ta­ble­ce­men­to cen­tra­do na ofer­ta de pro­du­tos ga­le­gos, fres­cos e en con­ser­va, e na venta a gra­nel. Ta­ma­ra é un­ha na­mo­ra­da do cam­po. Di que non se arre­pin­te de ha­ber fei­to a súa carreira de fi­lo­lo­xía ga­le­ga «pe­ro hou­be­ra agra­de­ci­do que al­guén me fa­la­se de que na al­dea ta­mén se po­día vi­vir; por­que eu sem­pre ti­ven fi­xa­ción po­lo cam­po pe­ro nin­guén me ani­mou», con­ta. Re­ma­ta­dos os es­tu­dos foi vi­vir un­ha tem­pa­da cos seus avós pa­ra «des­can­sar da ci­da­de». Pou­cos en­ten­de­ron que aque­la fo­se un­ha op­ción per­soal. «A fra­se que máis che di­cían era: “ti non es­ta­rías me­llor en Ou­ren­se?”». Tra­ba­llou en ca­sas ru­rais e al­ber­gues na Ri­bei­ra Sa­cra du­ran­te dous anos. Alí to­pou a Da­vid. «Son moi ru­ral, e gus­ta­ría­me se­lo máis», co­men­ta es­te mo­zo que co­me­zou o seu pe­ri­plo la­bo­ral en Po­rri­ño, nun­ha fá­bri­ca de tor­nos, e des­pois es­ti­vo nou­tras em­pre­sas an­tes de des­cu­brir «a can­ti­da­de de pro­du­tos e o po­ten­cial que te­mos aquí».

An­tes de abrir o seu ul­tra­ma­ri­nos vi­si­ta­ron al­gun­has ten­das de­di­ca­das ó gra­nel, tan­to en Ga­li­cia como nou­tras co­mu­ni­da­des do Es­ta­do. «Na pro­vin­cia de Ou­ren­se hai moi­ta xen­te que es­tá tra­ba­llan­do hor­ta, in­clu­so xen­te no­va que es­tá em­pe­zan­do a cul­ti­var, e pen­sa­mos que iso era o que que­ría­mos ofre­cer na no­sa ten­da: pro­du­tos cul­ti­va­dos de xei­to tra­di­cio­nal e res­pec­tuo­so co me­dio», ex­pli­ca Da­vid. «Non todos os pro­du­to­res te­ñen xa o se­lo eco­ló­xi­co, pe­ro bus­ca­mos per­soas que na tra­za­bi­li­da­de do que cul­ti­van te­ñen ese xei­to de pro­du­ción, sen quí­mi­cos. Co­ñe­cé­mo­los de pri­mei­ra man, vi­si­ta­mos as súas ins­ta­la­cións e sa­be­mos como tra­ba­llan. Son xen­te que coida o cul­ti­vo, e o fai de for­ma or­gá­ni­ca, sen tra­ta­men­tos, por­que é pa­ra eles, pa­ra a ca­sa. Nós o que lle compramos é o ex­ce­den­te», ma­ti­za Ta­ma­ra.

Eles mes­mos cul­ti­van te­rras en Vi­la­ma­rín. De alí sa­can un­ha boa par­te dos pro­du­tos de ca­da tem­pa­da; den­de os re­po­los e ver­zas do in­verno, ó ca­la­ba­cín ou as be­ren­xe­nas. «Re­par­ti­mos o tem­po en­tre a ten­da e a te­rra», ex­pli­can. Non é que ti­ve­ran un gran pa­tri­mo­nio, pe­ro pu­xé­ron­lle ga­nas e con­se­gui­ron al­gun­has «fin­qui­ñas sol­tas», acla­ra Da­vid. Un­ha ta­re­fa na­da sin­xe­la «por­que aquí é moi com­ple­xo lo­grar que a xen­te ce­da un te­rreo, aín­da que o te­ña ba­lei­ro e sai­ba que non o vai cul­ti­var nin el nin os seus des­cen­den­tes, por­que vi­ven fo­ra e non po­den ocu­par­se de­las no día a día», en­ga­de.

Am­bos pen­san que as ins­ti­tu­cións de­be­rían axu­dar a apro­vei­tar eses te­rreos er­mos dán­do­lle maior pu­lo a ideas como o ban­co de te­rras. «No meu pa­re­cer, é al­go a ter moi en con­ta na no­sa pro­vin­cia. Fai fa­lla por en con­tac­to a per­soas dis­pos­tas a fa­cer esa ce­sión por un alu­guer os que que­ren de­di­car­se a cul­ti­va­las e sa­car­lles pro­vei­to», con­ta Ta­ma­ra.

Pe­ro ese foi só un dos pro­ble­mas pa­ra fa­cer reali­da­de o seu so­ño. Ta­mén ti­ve­ron que afron­tar a fal­ta de can­les de dis­tri­bu­ción des­te ti­po de pro­du­tos. «Nou­tras co­mu­ni­da­des hai coope­ra­ti­vas de co­mer­cia­li­za­ción, pe­ro aquí cos­ta moi­to fa­cer­se con un nú­cleo de pro­du­to­res es­ta­ble. Non por ato­pa­los, se­nón por­que ha­xa con­ti­nui­da­de. Aín­da estamos bus­can­do nal­gúns pro­du­tos», con­tan.

O ter­cei­ro re­to foi ato­par o lo­cal. «Cus­tou­nos tem­po. Nun pri­mei­ro mo­men­to plan­te­xa­mos un posto de gra­nel na pra­za de abas­tos, que da­que­la se ofer­ta­ban a pre­zos moi bai­xos, pe­ro ó fi­nal aqui­lo foi to­do una tra­ba cons­tan­te, un ca­mi­ño cheo de atran­cos» con­ta Ta­ma­ra. «Ti­ve­mos que pa­tear moi­to, que­ría­mos que­dar­nos pre­to do cen­tro, por­que no pro­pio cen­tro eran im­po­si­bles, ca­rí­si­mos» en­ga­de Da­vid.

Pe­ro a pe­sa­res de to­das as di­fi­cul­ta­des, es­tán sa­tis­fei­tos da elec­ción e da res­pos­ta do pú­bli­co. «A cla­ve es­tá en que hai que po­ñer­lle pai­xón a to­do o que se fai», re­su­me Ta­ma­ra. O pú­bli­co es­tá pre­mian­do esa apos­ta e o per­fil de com­pra­do­res es­ta­se am­plian­do, e aín­da que a maio­ría son mu­lle­res en­tre 35 e 55 anos «ca­da vez te­mos xen­te máis no­va», con­tan.

SANTI M. AMIL

Ta­ma­ra e Da­vid abri­ron a ten­da na rúa Pe­na Cor­nei­ra da ca­pi­tal ou­ren­sá o pa­sa­do xu­ño.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.