«O cam­po é ren­di­ble, pe­ro hai que en­fo­ca­lo dou­tra ma­nei­ra»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense Deportes -

Ta­ma­ra e Da­vid es­tán con­ven­ci­dos de que o cam­po ou­ren­sán ten moi­to po­ten­cial e de que tra­ba­llar as te­rras po­de ser un­ha op­ción la­bo­ral tan dig­na co­ma ou­tras. «O cam­po é ren­di­ble, pe­ro hai que en­fo­ca­lo, dou­tra ma­nei­ra», ma­ti­za Ta­ma­ra, que pen­sa que a gran ei­va é que fal­ta es­pí­ri­to coope­ra­ti­vo. «Hai que coope­ra­ti­vi­zar, so­bre to­do pa­ra a dis­tri­bu­ción. De un en un non o con­se­gui­re­mos nun­ca. E moi com­ple­xo, sal­vo que te­ñas un­ha gran ex­ten­sión, que al­guén po­da por si só vi­vir da pro­du­ción», en­ga­de. Eles sa­ben ben de­sa reali­da­de por­que un­ha das maio­res di­fi­cul­ta­des foi con­tac­tar cos pro­du­to­res pa­ra que lle ser­vi­sen as dis­tin­tas mer­can­cías e pro­du­tos. «Deu­nos moi­to tra­ba­llo to­do, por­que non pa­sa como con ou­tro ti­po de es­ta­ble­ce­men­tos que che­ga o ca­mión do al­ma­cén e tráe­che de to­do. Ca­da mar­me­la­da, ca­da mel, ca­da cou­sa que te­mos, su­pu­xo via­xar pa­ra vi­si­tar fei­ras é cha­ma­los un por un pa­ra con­tac­tar» re­la­ta Da­vid.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.