Non é un «don­juán»

Ma­ri­na Ma­yo­ral

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Omar­qués de Bra­do­mín, o per­so­na­xe de don­juán crea­do por Va­lle-In­clán, era «feo, ca­tó­li­co y sen­ti­men­tal», ade­mais de ga­le­go. Ago­ra apa­re­ceu en Ga­li­cia un ti­po ao que os me­dios de in­for­ma­ción cua­li­fi­can de don­juán, un in­di­vi­duo bai­xi­ño, sen den­tes, pe­ro fo­to­xé­ni­co e ca­paz de en­can­dear coas súas pa­la­bras a un­ha chea de mu­lle­res que o man­ti­ve­ron des­de hai vin­te anos. Ese do­mi­nio dos re­cur­sos da lin­gua­xe, uni­do á súa fal­ta de pres­tan­cia fí­si­ca, lem­bra ta­mén a ou­tro gran per­so­na­xe li­te­ra­rio: Cy­rano de Ber­ge­rac.

As mu­lle­res se­du­ci­das e es­ta­fa­das son va­rias e non par­vas, nin moi­to me­nos. Co­ñe­cé­rono a tra­vés das re­des so­ciais, e to­das coin­ci­den en que el se mos­tra­ba como o ho­me que cal­que­ra mu­ller desexa como pa­re­lla: coin­ci­día con elas nos seus gus­tos e há­bi­tos de vi­da (so­bre os que pre­via­men­te se in­for­mou) e era aten­to, es­ta­ba sem­pre pen­den­te de­las e mes­mo co­ci­ña­ba. Non ti­ña nin un du­ro, pe­ro con­se­guía con dis­tin­tos pre­tex­tos que elas pa­ga­sen as súas fac­tu­ras, o alu­guer do pi­so, et­cé­te­ra. Ao fi­nal, aban­do­ná­baas coas dé­be­das e le­ván­do­se al­gún ob­xec­to de va­lor.

Non se tra­ta dun gi­go­ló, al­guén que un­ha mu­ller man­tén por­que a com­pra­ce, pe­ro tam­pou­co é un don­juán, per­so­na­xe que se­du­ce por pra­cer, non como me­dio de ga­ñar­se a vi­da e que non rou­ba ás súas ví­ti­mas nin as es­ta­fa eco­no­mi­ca­men­te. Creo que a es­te ga­le­go do que fa­la­mos se­ría máis co­rrec­to cha­mar­lle sin­xe­la­men­te es­ta­fa­dor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.