O fu­tu­ro do BNG

Lou­ren­zo Fer­nán­dez Prie­to

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Fu­tu­ro do na­cio­na­lis­mo e fu­tu­ro do BNG son dúas cou­sas di­fe­ren­tes den­de hai xa un­ha chea de tem­po. Es­ta evi­den­cia pa­re­ce ser un­ha das pri­mei­ras que es­tán a asu­mir­se no pro­ce­so asem­blea­rio que es­tá en mar­cha ne­sa or­ga­ni­za­ción. Non é un asun­to me­nor, aín­da que den­de fó­ra a moi­tos pa­re­za ob­vio, por­que su­pón aban­do­nar a idea do fron­tis­mo. Esa idea que pu­lou ao BNG ac­tual den­de a asem­blea de Ria­zor e que per­mi­tiu xe­rar a idea de que só po­día ha­ber un na­cio­na­lis­mo en Ga­li­cia uni­do nun­ha úni­ca or­ga­ni­za­ción, vén de moi atrás. No triun­fo de­sa idea baseouse a evo­lu­ción do na­cio­na­lis­mo or­ga­ni­za­do en Ga­li­cia nas úl­ti­mas ca­tro dé­ca­das e fa­vo­re­ceu a he­xe­mo­nía da UPG como motor e xes­tor dos exi­to­sos pro­ce­sos de uni­da­de que le­va­ron ao Go­berno bi­par­ti­to do 2005. Asu­mir a evi- den­cia de que hai na­cio­na­lis­tas en or­ga­ni­za­cións di­fe­ren­tes ao BNG ou que o BNG po­de aliar­se con ou­tros su­pón asu­mir a plu­ra­li­da­de or­ga­ni­za­ti­va e non só ideo­ló­xi­ca do na­cio­na­lis­mo. Iso se­me­lla ser o que es­tá en dis­cu­sión no BNG en­tre os par­ti­da­rios de re­fun­dar e ten­tar pac­tar ca­ra as vin­dei­ras elec­cións un­ha coa­li­ción e quen pre­fi­ren pre­sen­tar­se as elec­cións e adiar a re­fun­da­ción ao ano vin­dei­ro, can­do bai­xe a ma­rea.

Su­po­ñen­do que es­tea­mos a vi­vir a fin do fron­tis­mo como fór­mu­la or­ga­ni­za­ti­va e como pro­pos­ta po­lí­ti­ca es­tra­té­xi­ca, é bo mo­men­to pa­ra pre­gun­tar­se por que ti­vo tan­to éxi­to no sis­te­ma po­lí­ti­co ga­le­go. En­tre ou­tras moi­tas ra­zóns, foi un éxi­to xe­ra­cio­nal da­que­les mo­zos na­ci­dos en­tre 1936 e 1946, que se si­tua­ban con for­za nas no­vas ideas da es­quer­da in­te­lec­tual arre­dor de 1970 e por es­ta vía, en­la­zan­do co que en­ten­de­ron que de­bía ser a her­dan­za do ga­le­guis­mo, cons­truí­ron un­ha pro­pos­ta no­va e mo­der­na á al­tu­ra da­que­les tem­pos. Como an­ti­fran­quis­tas ra­cha­ban coa xe­ra­ción da gue­rra e co PCE e como na­cio­na­lis­tas ra­cha­ban co que de­no­mi­na­ron pi­ñei­ris­mo. Pi­ñei­ro e os seus com­pa­ñei­ros das mo­ci­da­des ga­le­guis­tas da preguerra deseña­ran den­de co­me­zos da dé­ca­da de 1960 un PSG (Del Rie­go) e un PPG (Illa Cou­to) ho­mo­lo­ga­bles res­pec­ti­va­men­te ao so­cia­lis­mo e á de­mo­cra­cia cris­tiá eu­ro­pea. Pe­ro a no­va mo­ci­da­de eli­xiu o seu pro­pio ca­mi­ño. Foi un­ha rup­tu­ra xe­ra­cio­nal ca­nó­ni­ca que in­ten­tou en­la­zar co her­dan­za dun PG des­apa­re­ci­do no exi­lio, como todos os par­ti­dos da Re­pú­bli­ca —me­nos o PCE e o PNV—, can­do na dé­ca­da de 1950 a di­ta­du­ra se con­so­li­dou de­fi­ni­ti­va­men­te no in­te­rior. O fron­tis­mo foi a vía da UPG pa­ra he­xe­mo­ni­zar o na­cio­na­lis­mo e lo­grouno des- pois dun­ha dé­ca­da de dispu­tas cos que, como Camilo No­guei­ra, en­ten­dían que aque­la es­tra­te­xia que ser­vi­ra nos paí­ses do ter­cei­ro mundo non po­día ter éxi­to na Eu­ro­pa dos oi­ten­ta. As elec­cións di­ri­mi­ron a disputa a prol do BNG. Pe­ro á vis­ta da súa re­cen­te evo­lu­ción, di­ría­mos que o éxi­to do fron­tis­mo con­ti­ña ta­mén os seus lí­mi­tes. Po­la exis­ten­cia de par­ti­dos e co­lec­ti­vos con po­si­cións asi­mé­tri­cas de po­der, o que de­ri­va —se­gun­do al­gúns— en to­mas de de­ci­sión pre­vias ás da exe­cu­ti­va do BNG e ás súas asem­bleas; ta­mén po­la in­ca­pa­ci­da­de pa­ra con­ver­ter a ve­lla fron­te nun­ha mo­der­na coa­li­ción que iden­ti­fi­ca­se aos gru­pos que a com­po­ñen con re­gras cla­ras e idén­ti­cas. A fron­te ti­ña sen­ti­do cun par­ti­do di­ri­xen­te pe­ro dei­xa de te­lo can­do os ci­da­dáns e os afi­lia­dos re­cla­man xa a su­pre­sión dos par­ti­dos den­tro da or­ga­ni­za­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.