Déi­xa­me

La Voz de Galicia (Ourense) - - El Tiempo - Car­los Ca­nei­ro

on as cou­sas pe­que­nas as que nos fan ver­da­dei­ra­men­te hu­ma­nos. Aí, no di­mi­nu­to, re­si­de a gran­de­za. Non te­mos ou­tra. Por iso, a mo­do de es­pe­ran­za, le­van­to os mu­ros des­te xo­ves pa­ra que nun­ca máis nos con­quis­te o ven­to frío da tris­te­za: ese pá­ra­mo on­de na­da exis­te. Pre­fi­ro a túa voz. Di­go a bri­sa da túa voz aca­ri­ñan­do o meu aden­tro. Os teus de­dos sua­ves, as mans, que le­vo a bo­ca pa­ra bi­ca­las. Déi­xa­me, pois, a bri­sa da voz e a pel. As túas pa­la­bras ago­ra que po­do es­coi­ta­las ní­ti­das. Déi­xa­me os re­cor­dos pa­ra que o ol­vi­do non ven­za. A ba­ñei­ra dos sá­ba­dos e os pri­mei­ros li­bros que po­ñías na mi­ña man sa­ben­do que alí, e non nou­tro lu­gar, es­ta­ba o si­tio do meu re­creo. Déi­xa­me os con­se­llos (a min, que apren­dín que o úni­co con­se­llo que po­do dar é non dar con­se­llos). Déi­xa­me a ho­nes­ti­da­de, dig­ni­da­de, li­ber­da­de, esas pa­la­bras em­pu­te­ci­das po­lo uso e desuso. Déi­xa­me a cal­ma, can­do todos os ma­res amea­zan bra­vos. A lám­pa­ra di­mi­nu­ta dos teus olli­ños pe­que­nos, de amén­doa, eses que me mi­ra­ban men­tres cre­cía con fe­ri­das nas per­nas e un ba­lón. Déi­xa­me un qué­ro­te, por­que é a ora­ción per­fec­ta. Déi­xa­me a xe­ne­ro­si­da­de: por­que aí re­si­de o go­zo (po­bres os que fan do ran­cor a súa boa­ven­tu­ra). Déi­xa­me apro­vei­tar­me de ti todos os mi­nu­tos que poi­da, os que se­xan, os com­par­ti­dos in­clu­so nes­tes anos con su­fi­xo “te­ra­pia”. Déi­xa­me un­ha nu­be azul on­de po­der pen­sar, pen­sar­te. Déi­xa­me as ilu­sións: o con­to da flor do Li­ru­lau, que me con­ta­ches tan­tas ve­ces, e des­pois á Con­cha e á Martiña. Déi­xa­me a ten­ru­ra, o mi­mo, o ca­mión de xo­gue­te da ale­gría. As me­ren­das, as co­mi­das que arre­cen­dían no por­tal, os abra­zos, a de­li­ca­de­za. Déi­xa­me o amor. O amor: pa­ra que non nos con­quis­te o ven­to frío da tris­te­za.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.