As inun­da­cións e as eléc­tri­cas

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Noe­la Blan­co Depu­tada do PSOE

Como oco­rre ca­da vez que che­gan as in­ten­sas choi­vas, moi­tas zo­nas de Ou­ren­se vol­ve­ron a inun­dar­se traen­do con­si­go ris­cos pa­ra per­soas e bens, e un al­to cus­te de re­pa­ra­ción dos da­nos oca­sio­na­dos e da ac­tua­ción dos ser­vi­zos de emer­xen­cias, que re­caen nas ad­mi­nis­tra­cións pú­bli­cas. Hai que ter en con­ta ade­mais os pre­xuí­zos oca­sio­na­dos ao sec­tor tu­rís­ti­co, xa que as au­gas ter­mais son o no­so maior re­cla­mo pa­ra os que nos vi­si­tan. As ins­ta­la­cións ter­mais si­tua­das nas ri­bei­ras do Mi­ño per­ma­ne­cen es­tes días pe­cha­das e ha­be­rá que fa­cer ba­lan­ce dos da­nos oca­sio­na­dos po­lo tem­po­ral, e co­me­zar a fa­cer números so­bre o que nos cus­ta­rá a súa re­pa­ra­ción. Na­da ou pou­co se po­de­ría fa­cer se es­ta si- tua­ción se pro­du­ci­ra ex­clu­si­va­men­te a cau­sa de fe­nó­me­nos me­te­reo­ló­xi­cos, pe­ro na aná­li­se das cau­sas de­be­mos ter en con­ta ta­mén a pre­sen­za do en­co­ro de Ve­lle que con­tri­búe a fa­vo­re­cer as inun­da­cións can­do abre as súas comportas. In­dig­na pen­sar que dos da­nos oca­sio­na­dos po­las eléc­tri­cas, que te­ñen be­ne­fi­cios as­tro­nó­mi­cos, en te­rreos pú­bli­cos se fa­gan car­go as ad­mi­nis­tra­cións, un mosqueo que se in­cre­men­ta se nos pre­gun­ta­mos qué be­ne­fi­cios ten pa­ra os ou­ren­sáns e ou­ren­sás, ou que ti­po de com­pen­sa­ción re­ci­be a ci­da­de.

O cer­to é que a ins­ta­la­cións hi­dráu­li­cas xe­ran un gran im­pac­to en Ga­li­cia, tan­to den­de o pun­to de vis­ta so­cial (su­mer­xin­do al­deas e abo­can­do aos seus ve­ci­ños a aban­do­nar os seus fo­ga­res), co­ma me­dioam­bien­tal (mo­di­fi­can­do os eco­sis­te­mas...), e ta­mén pai­sa- xís­ti­co (pre­sen­za de mo­les de for­mi­gón nos cur­sos dos no­sos ríos), sen que se nos com­pen­se de nin­gun­ha ma­nei­ra.

A no­sa con­di­ción de pri­mei­ra co­mu­ni­da­de pro­du­to­ra de ener­xía non nos ser­viu ata o de ago­ra pa­ra lo­grar van­ta­xes ta­ri­fa­rias, pa­ra que se re­bai­xa­se o cus­to da ener­xía be­ne­fi­cian­do a em­pre­sas, fa­mi­lias, e as gran­des in­dus­trias con­su­mi­do­ras, pe­ro po­de que es­tea­mos máis pre­to de que is­to cam­bie, pois o Par­la­men­to de Ga­li­cia acep­tou por una­ni­mi­da­de a ad­mi­sión a trá­mi­te dun­ha Ini­cia­ti­va Le­xis­la­ti­va Po­pu­lar pa­ra re­du­cir as pea­xes da ener­xía eléc­tri­ca. Es­ta me­di­da se­ría un ele­men­to di­na­mi­za­dor eco­nó­mi­co e in­dus­trial fun­da­men­tal, e o máis im­por­tan­te, se­ría de xus­ti­za pa­ra un­ha po­boa­ción como a ga­le­ga, e en con­cre­to a ou­ren­sá, coas pen­sións e os sa­la­rios máis bai­xos de Es­pa­ña.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.