«Eu te­ño sin co­brar axu­das de tres ou ca­tro anos atrás»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

Iván Ba­sa­lo Gó­mez é un gan­dei­ro de Re­bor­cheao, no concello de Vi­lar de Ba­rrio. Po­súe trin­ta ca­be­zas de ru­bia ga­le­ga e os lo­bos ata­cá­ron­lle a va­rios xa­tos re­cén na­ci­dos.

—¿Có­mo fo­ron eses úl­ti­mos ata­ques?

—Ma­ta­ron be­ce­rros re­cén na­ci­dos, que ago­ra es­tán pe­cha­dos, pe­ro en­tón ma­tan as va­cas de ano e me­dio ou dous. O co­mu­nal e as fin­cas es­tán pe­cha­das. Ade­mais, a xen­te es­tá co­llen­do me­do por­que os ata­ques es­tán sen­do xus­to ao la­do del po­bo, on­de as ca­sas. O úl­ti­mo foi en xa­nei­ro.

—¿Qué res­pos­ta lle deu a Xun­ta?

—In­da non vi­ñe­ron ver os da­nos. Como era un ani­mal re­cén na­ci­do e non ha­bía res­tos di­xe­ron que non vi­ñan. É al­go de bur­la. E hai ou­tro problema, can­do cha­ma­mos en fin de semana non ve­ñen ata o luns e xa non hai res­tos. Se non hai res­tos non pa­gan na­da. Eu te­ño sen co­brar de tres ou ca­tro anos atrás. Fa­lei con máis xen­te e tam­pou­co co­bra­ron. Pe­dín axu­das pa­ra po­ñer pastores eléc­tri­cos e mas­tíns e vi­ñe­ron de­ne­ga­das. Ti­ven que pa­ga­los do meu pe­to. O mas­tín axu­da se vén un lobo só pe­ro non se vén un­ha ma­na­da.

—¿O problema dos ata­ques do lobo vai a máis?

—Alí sem­pre hou­bo problema, pe­ro ago­ra máis por­que as va­cas do mon­te em­pe­zan a pa­rir en xa­nei­ro e fe­brei­ro pa­ra a pri­ma­ve­ra. Can­do lles ma­tan as crías, as va­cas so­fren mas­ti­te. A in­dem­ni­za­ción é in­su­fi­cien­te. Va­ló­ran­me un ani­mal en 250 o 270 eu­ros e iso non é na­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.