Po­lí­ti­cos e li­xo

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Xo­sé M. Rodríguez

Tan afeitos estamos ao que re­ma­ta por pro­ta­go­ni­zar o es­pa­zo co­tián que, por ve­ces, per­de­mos os si­nais de re­fe­ren­cia. A vai ser que Eins­tein ti­ña razón e de par das on­das gravitacionais e o seu son hai que ter pre­sen­te sem­pre a es­ca­la de re­fe­ren­cia pa­ra va­lo­rar na súa xus­ta me­di­da o que acon­te­ce no día a día. E aí é on­de nos atra­pa a reali­da­de e on­de non re­ma­ta­mos de de­ca­tar­nos das zo­nas de som­bra que asi­nan os no­sos po­lí­ti­cos no día a día.

Na ci­da­de vol­ta á ac­tua­li­da­de a gue­rra do li­xo. E mi­ra ti por on­de xa estamos tan acos­tu­ma­dos a ver como es­ta a ci­da­de es­tra­da de mer­da que re­ma­ta­mos por non ve­la. Bai­xas a bo­tar o li­xo e re­sul­ta que non hai con­te­ne­dor de pa­pel, e no de vi­dro es­tá to­do re­me­xi­do —vi­dro, plás­ti­co, pa­pel, or­gá­ni­cos— e como a xen­te non po­de re­ci­clar, aín­da que quei­ra, re­ma­ta por que­dar to­do es­tra­do po­lo chan. Pa­ra que nos en­ten­da­mos: é ese es­pec­tácu­lo tan no­xen­to que es­tá aí á bei­ra, ou na es­qui­na, por on­de evi­tas pa­sar ca­da vez que tes un con­vi­da­do pa­ra que non pen­se que a ci­da­de é o pei­rao de des­car­ga de So­ga­ma.

E sei­ca vai pa­ra dous anos que apa­re­ce­ron con aqui­lo tan fa­mo­so de que ha­bía pro­ble­mas cos con­te­ne­do­res so­te­rra­dos pe­ro que, todos tran­qui­los, nun par de se­ma­nas a si­tua­ción es­ta­ba arran­xa­da. Os que man­dan ago­ra pa­sá­ron­lle o li­xo po­la ca­ra aos que go­ber­na­ban da­que­la e apa­re­ce­ron todos ru­fos di­cin­do que en quin­ce días a cou­sa es­ta­ba so­lu­cio­na­da, de ser eles os go­ber­nan­tes. Os dos quin­ce días vai pa­ra oi­to me­ses que man­dan, e de­be ser que es­tán tan ocu­pa­dos co AVE que non ven o que te­ñen na rúa, nin que hai vi­da máis alá da re­pro­ba­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.