Dá de chei­rar a quen pa­sa…

Víc­tor F. Frei­xa­nes

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Da mi­ña in­fan­cia pon­te­ve­dre­sa hai dúas cou­sas que lem­bro con es­pe­cial sig­ni­fi­ca­ción: a apa­ri­ción do pri­mei­ro te­le­vi­sor nun es­ca­pa­ra­te de elec­tro­do­més­ti­cos da rúa Michelena, nos pri­mei­ros anos 60, e como era a ría an­tes da Ce­lu­lo­sa. Dos pri­mei­ros te­le­vi­so­res nos ca­fés lem­bro as tar­des de do­min­go nas me­sas do Mo­derno, na com­pa­ña dos meus país. Da luz da ría acór­da­me a praia das Co­chei­ras e a mi­ña nai le­ván­do­nos da man po­lo areal, ao meu ir­man e mais a min, con­tra a pun­ta dos Pla­ce­res, on­de Mon­te­ro Ríos or­de­na­ra cons­truir a prin­ci­pios de sécu­lo un­ha re­si­den­cia de in­vi­ta­dos, lo­go Gran Ho­tel, co que pre­ten­día fa­cer com­pe­ten­cia ás ins­ta­la­ción de A To­xa. O pro­xec­to de ho­tel aca­bou máis tar­de en co­le­xio in­terno de se­ño­ri­ñas dis­tin­gui­das. A des­fei­ta eco­ló­xi­ca da ría veu mar­ca­da por dúas ins­ta­la­cions: a fac­to­ría de Ta­fi­sa en Mon­te­po­rrei­ro, que quei­mou todos os fon­dos ma­ri­ños e mes­mo le­vou por dian­te dúas pe­que­nas illas que ha­bía fron­te a ve­lla xun­quei­ra, e a fac­to­ría Ence. A pri­mei­ra xa non es­tá, e aca­so iso per­mi­ta a re­cu­pe­ra­ción dun­ha par­te im­por­tan­te do pa­tri­mo­nio na­tu­ral pontevedrés. A se­gun­da, que se­me­lla­ba ter os días con­ta­dos, aca­ba de re­ci­bir do Go­berno en fun­cións do pre­si­den­te Ra­joy un­ha pró­rro­ga uni­la­te­ral de ex­plo­ta­ción na­da me­nos que pa­ra ou­tros 60 anos, ata o 2073. Nos pri­mei­ros anos do pa­sa­do sécu­lo, a ban­da de Lou­ri­zán po­día con­si­de­rar­se un­ha mi­lla de ou­ro da épo­ca. Ao abei­ro da re­si­den­cia do po­lí­ti­co ga­le­go acu­dían da­que­la a es­ta ban­da da ría aca­dé­mi­cos como Ma­nuel del Pa­la­cio, xen­te ilus­tre do tea­tro como Jo­se Eche­ga­ray (Pre­mio No­bel de Li­te­ra­tu­ra en 1904), a ac­triz Ma­ría Gue­rre­ro, o xor­na­lis­ta e po­lí­ti­co Alfredo Vi­cen­ti… Era a Pon­te­ve­dra do mar­qués de Ries­tra e a Res­tau­ra­ción, os tra­ba­llos de Per­fec­to Fei­joo e Cas­to Sampedro, a So­cie­da­de Ar­queo­ló­xi­ca, as Fe­me­ni­nas de Va­lle-In­clán, o ál­bum Nós de Cas­te­lao, os es­tu­dos de fol­clo­re que promovía Emi­lia Par­do Ba­zán… A praia de Co­chei­ras era un enor­me areal que se ex­ten­día de Moll­bao a Es­tri­be­la, cun dos asen­ta­men- tos de ma­ris­co máis ri­cos que se re­cor­dan. Abo­fé que re­sul­ta sor­pren­den­te a de­ci­sión do Go­berno. Non é a pri­mei­ra vez que, apro­vei­tan­do o pe­río­do en fun­cións, se to­man de­ci­sións des­te ti­po. O ar­gu­men­to é co­ñe­ci­do: postos de tra­ba­llo, ex­plo­ta­ción eco­nó­mi­ca da in­dus­tria da ma­dei­ra (eu­ca­lip­tos so­bre to­do). ¿A be­ne­fi­cio de quen? ¿Al­guén pu­xo en­ri­ba da me­sa ou­tras po­si­bi­li­da­des pa­ra o desen­vol­ve­men­to es­tra­té­xi­co da zo­na? Hai­nas. Pe­ro nin­guén nos deu op­ción a dis­cu­ti­las, cues­tión á que a ci­da­da­nía ten de­rei­to, alén de de­ci­sións uni­la­te­rais. ¿Po­de­mos ima­xi­nar a ría dou­tra ma­nei­ra: ex­plo­ta­ción tu­rís­ti­ca e re­si­den­cial, ex­plo­ta­ción ma­ris­quei­ra, re­cu­pe­ra­ción de re­cur­sos na­tu­rais, usos pú­bli­cos…? Po­de­mos. Pe­ro nin­guén nos dá esa op­cion, re­pi­to, nin se­que­ra pa­ra dis­cu­ti­la, ou mes­mo pa­ra so­me­te­la á opi­nión dos pon­te­ve­dre­ses. En che­gan­do o tem­po dos maios, os ra­pa­ces can­tá­ba­mos co­plas co­ma es­ta: «Pon­te­ve­dra é boa vi­la / dá de chei­rar a quen pa­sa/ a Ce­lu­lo­sa na ría/ e o peixe po­dre na pra­za». Nes­tas se­gui­mos.

pa­ra dum­mies Cards),

Bor­gen,

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.