Que é En Ma­rea?

Miguel An­xo Fer­nán-Ve­llo

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Po­de­ría­se ex­pre­sar moi ben, se­guin­do un­ha cer­ta tese kan­tia­na, que o pa­sa­do é aqui­lo a par­tir do cal ten agro­ma­do o pre­sen­te, ten­do en con­ta ade­mais que o va­lor crí­ti­co da irre­ver­si­bi­li­da­de es­tá en fun­ción dese con­di­cio­na­men­to. E le­va­do is­to ao con­tex­to no que se xes­tou En Ma­rea, ben se ve que exis­te un pa­sa­do que ac­tuou como for­ma ou re­fe­ren­cia no que atin­xe a un te­ci­do emer­xen­te e aso­cia­ti­vo da ci­da­da­nía —Nun­ca Máis (2002-2003) e o mo­ve­men­to 15-M (2011): pa­ra­dig­mas de re­be­lión cí­vi­co-de­mo­crá­ti­ca—, e que ese «pa­sa­do» (a emer­xen­cia dun­ha no­vi­da­de, que di­ría G. H. Mead) ten exer­ci­do como mo­de­la­dor ac­ti­vo do pre­sen­te. Na cons­tru­ción do pre­sen­te, ben é cer­to, ope­ra­ron ta­mén axen­tes po­lí­ti­cos di­rec­tos —ve­laí o ca- so da AGE—, mais ta­mén, e de xei­to re­le­van­te, as de­no­mi­na­das «ma­reas mu­ni­ci­pa­lis­tas» —ve­laí os go­ber­nos mu­ni­ci­pais da Co­ru­ña, San­tia­go e Fe­rrol—, que fo­ron ali­cer­ce, xun­to con ou­tras plataformas e or­ga­ni­za­cións es­pa­lla­das por to­da Ga­li­za, dun pro­ce­so de «uni­da­de po­pu­lar» e con­fluen­cia (acu­mu­la­ción de for­zas: xa con Po­de­mos pre­sen­te) que pro­du­ciu, como En Ma­rea, os re­sul­ta­dos his­tó­ri­cos do pa­sa­do 20 de de­cem­bro: máis de 410.000 vo­tos, o 25 % do cen­so e, xa como se­gun­da for­za po­lí­ti­ca, máis de 62.000 vo­tos por ri­ba da ter­cei­ra for­ma­ción, o PS­dG-PSOE. En Ma­rea vén como fe­nó­meno pro­xec­ti­vo do pa­sa­do, ten ple­na exis­ten­cia ma­te­rial no pre­sen­te e di­rí­xe­se —reali­da­de de pro­pa­ga­ción da on­da e da ma­ré mes­ma en cre­ce­men­to— ao fu­tu­ro. E ben se sa­be que as on­das, fa­lán­do­mos ago­ra en ter­mos ma­ri­ñei­ros, son to­do un pro­di­xio ex­pan­si­vo de «reflexión, re­frac­ción e di­frac­ción». De aí que no seu mo­men­to, can­do por ra­zóns pu­ra­men­te po­lí­ti­cas lle é ne­ga­do o Gru­po Par­la­men­tar pro­pio no Con­gre­so a En Ma­rea (a reali­da­de do Gru­po exis­te como fei­to em­pí­ri­co), fo­se es­ta ca­paz, pa­ra me­llor de­fen­der os in­tere­ses de Ga­li­za —con so­be­ra­nía or­ga­ni­za­ti­va e po­lí­ti­ca pro­pia (ta­mén pa­ra le­var a ca­bo o exer­ci­cio do vo­to)—, de pro­cu­rar a súa ope­ra­ti­vi­da­de no Gru­po Con­fe­de­ral de Po­de­mos, za­fán­do­se así da in­vi­si­bi­li­da­de e da opa­ci­da­de bre­te­mo­sa do Gru­po Mix­to («mix­tus», mes­tu­ra­do) e ac­ce­den­do a un­ha «unión de es­ta­dos», a un­ha alianza («foe­dus») que per­mi­te con­ser­var un al­go grao de in­de­pen­den­cia das par­tes que cons­ti­túen («fide- re», ter con­fian­za) un­ha uni­da­de for­mal acor­da­da. ¿E que é En Ma­rea ho­xe? A res­pos­ta é doa­da. É un con­xun­to de for­zas ci­da­dás e po­lí­ti­cas, su­ma­to­rio e mul­ti­pli­ca­dor, que ten por ob­xec­ti­vo, den­de a for­za mo­triz dun pen­sa­men­to de es­quer­das, na­cio­na­lis­ta e in­ter­na­cio­na­lis­ta, cons­truír ou­tro fu­tu­ro. Por­que, como di­cía o poeta T. S. Eliot, as pa­la­bras do fu­tu­ro agar­dan por ou­tra voz. Ou como enun­cia­ba Nietzs­che: o no­so fu­tu­ro di­ta as leis da no­sa ac­tua­li­da­de. En Ma­rea es­tá na «cris­ta da on­da», na ten­sión crea­ti­va, no án­gu­lo aber­to, na ac­ción par­ti­ci­pa­ti­va, na ba­se dun­ha van­gar­da pa­ra o cam­bio so­cial, na cons­tru­ción in­ce­san­te dun su­xei­to po­lí­ti­co ga­le­go. E to­do coa xen­te «boa e xe­ne­ro­sa», que é a in­men­sa maio­ría do «no­so bon país» (Rosalía de Cas­tro).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.