Es­trea dun fil­me ini­cia­do en 1982

«Na ou­tra bei­ra das au­gas gran­des» foi ro­da­do nun cur­so do ICE en San­tia­go, re­ma­ta­do o ano pa­sa­do e pro­xec­ta­do on­te no CGAI

La Voz de Galicia (Ourense) - - Cultura - RO­DRI GAR­CÍA

Reivin­di­car co ci­ne­ma que se si­gan a con­tar his­to­rias des­de a ora­li­da­de, «con­tar his­to­rias aos máis no­vos como se lles to­ca a pel e se lles fan ca­ri­cias pa­ra que sin­tan a no­sa man, don­da ou ás­pe­ra, máis chea de vi­da e da ex­pe­rien­cia na que se acu­bi­lla a sa­be­do­ría». É o que bus­ca, en pa­la­bras do seu guio­nis­ta, Xabier P. Do­cam­po, a cur­ta­me­tra­xe Na ou­tra bei­ra das au­gas gran­des (Pi­xi­films). Es­te é un tra­ba­llo que se pro­xec­tou on­te no CGAI pe­ro que na­ceu hai 33 anos, «can­do o ICE da Uni­ver- si­da­de de San­tia­go con­vo­cou un cur­so que cha­ma­ron de Téc­ni­ca Fíl­mi­ca e Te­le­vi­si­va (ou cou­sa pa­re­ci­da)», lem­bra o es­cri­tor, un dos 40 par­ti­ci­pan­tes no pro­xec­to. Ao re­ma­tar fi­xe­ron un con­cur­so de guións, sen­do un dos dous es­co­lli­dos o de Do­cam­po, ti­tu­la­do Na ou­tra bei­ra das au­gas gran­des. Lem­bra que se ins­pi­rou nun li­bro, li­do de mo­ci­ño, de len­das de in­dios ame­ri­ca­nos ( His­to­rias y le­yen­das de los Pie­les Ro­jas. Pie­ro Pie­ro­ni. Editorial Es­ce­li­cer. 1961). «Tra­tá­ba­se dun­ha his­to­ria con es­tru­tu­ra de con­to tra­di­cio­nal que me in­tere­sou po­lo seu con­ti­do de con­to ma­ra­bi­llo­so e por­que en­con- tra­ba nel un­ha me­tá­fo­ra dos no­sos emi­gran­tes que ti­ve­ran que pa­sar o mar to­do (as au­gas gran­des) pa­ra iren aló, on­de o Sol se ago­cha ca­da noi­te, a con­se­guir a pren­da que lles per­mi­ti­se vol­ver e con­quis­tar aqui­lo que máis desexa­ban aquí». Do­cam­po fi­xo «un­ha adap­ta­ción des­ta his­to­ria que si­tuei, cla­ro es­tá, nun­ha Ga­li­cia ru­ral dun mo­men­to in­de­ter­mi­na­do da pri­mei­ra me­ta­de do sécu­lo XX».

O pro­du­tor Ca­ba­nas Cao en­tu­sias­mou­se co pro­xec­to, bus­cou es­ce­na­rios e cos ac­to­res Miguel Per­nas e Ma­ru­chi Ol­mo e o es­cri­tor Ma­nuel Ri­vas —«ao que lle ad­xu­di­quei un hu­mil­de pa­pel sen máis no­me que o de Mo­zo 1 no guión»— en­tre ou­tros, ro­da­ron no­ve fi­tas de ví­deo que Do­cam­po gar­dou máis de 30 anos. A mor­te, no 2012, de Xo­sé Luís Cas­tro, que pu­xe­ra «un­ha gran xe­ne­ro­si­da­de» no pro­xec­to, es­per­tou o mes­mo. Per­nas e Ma­ru­chi vol­ve­ron a tra­ba­llar o ano pa­sa­do con Uxía Ló­pez Gon­zá- lez, «un­ha ac­triz infantil mag­ní­fi­ca», ro­dan­do a par­te no­va, que con­ten a pe­lí­cu­la an­te­rior. A pro­du­ción e a di­rec­ción de fo­to­gra­fía é de Da­niel Puen­te, a mon­ta­xe de Car­los Amil e a mú­si­ca do gru­po Quin­tas Ca­ne­lla. Re­ma­tou así un cin­ta pa­ra es­co­la­res que mes­tu­ra tres ele­men­tos: ci­ne, li­te­ra­tu­ra e ora­li­da­de.

E. PÉ­REZ

O fil­me es­trea­do on­te mes­tu­ra ci­ne, li­te­ra­tu­ra e ora­li­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.