Os pro­fe­so­res, un pa­tri­mo­nio

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

A todos nos gus­ta es­tar ben aten­di­dos e, so­bre to­do, que os no­sos se­xan ben tra­ta­dos e, den­de lo­go, os no­sos fi­llos. E, como non, pa­ra que iso su­ce­da de­be­mos ter bos ali­cer­ces. É o que cha­man be­nes­tar, po­lí­ti­ca so­cial e igual­da­de. E como nos gus­ta que os no­sos fi­llos se ato­pen ben e se­xan ben aten­di­dos pois ta­mén que­re­mos que os en­car­ga­dos dese la­bor es­tean pre­pa­ra­dos e lles sir­van de exem­plo. Un me­ni­ño gus­ta de es­tar cos seus pais e des­fru­tar de­les; pe­ro os gran­des ta­mén. ¿Como des­fru­tan todos eses edu­ca­do­res/as e mes­tres/as que te­ñen que tra­ba­llar a moi­tos qui­ló­me­tros das súas ca­sas, lon­xe dos seus fi­llos, lon­xe de seus pais? Que­re­mos que re­ci­ban o exem­plo de­les/as que vi­ven fó­ra da ca­sa to­da a semana ou per­den me­dia vi­da en es­tra­das e vehícu­los. Que­re­mos que re­ci­ban to­do o es­for­zo des­tas xen­tes, que se­rían po­los pri­mei­ros e po­los que maior res­pec­to de­bían ter os ca­ti­vos, na súa edu­ca­ción e for­ma­ción e tem­po de xo­go ta­mén. O maior pa­tri­mo­nio que te­mos en Ga­li­cia son os pro­fe­so­res. Per­soas que pe­le­xan con­tra ins­ti­tu­cións, ad­mi­nis­tra­cións, obs­tácu­los de to­do ti­po, fal­ta de re­cur­sos por dar de ver­da­de esa igual­da­de, be­nes­tar e po­lí­ti­ca so­cial da que tan­to se fa­la. Sin­xe­la­men­te, é un­ha má­goa que es­tes crea­do- res de fu­tu­ros ga­le­gos non te­ñan nin poi­dan dar na súa per­soa o exem­plo de igual­da­de, be­nes­tar e po­lí­ti­ca so­cial. PA­BLO MAR­TI­CO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.