«A his­to­ria de Ga­li­cia é un ‘Jue­go de tro­nos’ bru­tal»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

Xerardo Nieto é o au­tor xun­to ó fo­tó­gra­fo Iván Gar­mén do li­bro Pai Mi­ño. O río dos ríos de Ga­li­cia. Trá­ta­se do se­gun­do vo­lu­me dun­ha co­lec­ción da editorial Xur­dir que pre­ten­de re­vi­sar e ac­tua­li­zar a in­for­ma­ción so­bre as con­cas galegas. O exem­plar que­re ser­vir tan­to pa­ra un­ha con­sul­ta como de ins­tru­men­to pa­ra pro­mo­cio­nar tu­rís­ti­ca e eco­no­mi­ca­men­te os con­ce­llos que go­zan do seu pa­so

—¿Como xur­diu o pro­xec­to?

—Pa­ra es­ta oca­sión, Carmen Vázquez, da editorial, pen­sou en min pa­ra fa­cer os tex­tos e en Iván Gar­mén pa­ra as fo­to­gra­fías de to­da a con­ca. Eu xa ti­ña al­gun­ha ex­pe­rien­cia como xor­na­lis­ta e es­cri­tor e co­ñe­cía­mos per­soal­men­te. Como ta­mén te­ño un­ha for­ma­ción en bio­lo­xía per­mi­tiu­me abor­dar dun­ha ma­nei­ra ex­haus­ti­va o te­ma da hi­dro­lo­xía, a xeo­gra­fía fí­si­ca, a flo­ra e a fau­na do Mi­ño, que é un­ha das par­tes máis im­por­tan­tes do li­bro. En Pai Mi­ño. O río dos ríos de Ga­li­cia fai­se un­ha ac­tua­li­za­ción res­pec­to a ou­tros li­bros ou es­tu­dos que pui­de­ra ha­ber. In­cluí­mos da­tos de in­ves­ti­ga­cións cien­tí­fi­cas dos úl­ti­mos tem­pos que saí­ron en di­ver­sos me­dios. Es­tu­dios moi cu­rio­sos que nos dan a co­ñe­cer moi­to so­bre a his­to­ria da no­sa te­rra que ás ve­ces des­co­ñe­ce­mos

—¿Como pre­pa­ra­ron o tra­ba­llo?

—Fí­xo­se to­do o año pa­sa­do, aín­da que a ver­da­de é que me gus­ta­ría ter­lle de­di­ca­do máis tem­po, pe­ro por cues­tións edi­to­riais fí­xo­se prac­ti­ca­men­te no 2015. O meu tra­ba­llo foi ba­si­ca­men­te de ga­bi­ne­te. A par­te de cam­po co­rres­pon­deu ó fo­tó­gra­fo, a Iván Gar­mén. Bus­quei moi­ta documentación, en di­ver­sas bi­blio­te­cas, no ar­qui­vo da Depu­tación de Ou­ren­se e no pro­pio Cen­tro Cul­tu­ral Mar­cos Val­cár­cel. E des­pois na In­ter­net, posto que ca­da vez é un­ha fon­te máis im­por­tan­te pa­ra cal­que­ra ti­po de in­ves­ti­ga­ción. Ofré­ce­nos, en­tre ou­tras cou­sas, do­cu­men­tos di­xi­ta­li­za­dos que an­tes non ti­ña­mos ou cus­ta­ba moi­to ato­pa­los. E is­to axu­da moi­to nun tra­ba­llo des­te ti­po. Se non fo­se así, va­rios anos non che­ga­rían pa­ra com­ple­ta­lo, tal e como es­tá.

—¿Le­vou al­gun­ha sor­pre­sa du­ran­te a in­ves­ti­ga­ción? ¿Al­go que des­co­ñe­ce­ra?

—Sí, moi­tas cou­sas. Por exem­plo, aín­da que eu non son se­gui­dor da se­rie Jue­gos de tro­nos, len­do so­bre a his­to­ria do Mi­ño, pre­gún­to­me por­que a xen­te es­ta­ba tan fas­ci­na­da co que se con­ta­ba can­do a his­to­ria de Ga­li­cia é un Jue­go de tro­nos bru­tal. Ase­si­na- tos en­tre ir­máns, co­roa­cións de raí­ñas fa­le­ci­das e moi­tas máis tra­mas. E pre­fe­ri­mos a fic­ción ame­ri­ca­na can­do a reali­da­de de Ga­li­cia su­pé­raa.

—¿En qué tra­ba­lla ago­ra?

—Ago­ra, tra­ba­llo co pró­xi­mo pro­xec­to editorial den­tro da mes­ma co­lec­ción. É un­ha in­ves­ti­ga­ción so­bre o río Tá­me­ga. Estamos na fa­se de to­ma de con­tac­to do que su­po­ría.

Xerardo Nieto es­tu­dou o Mi­ño den­de di­fe­ren­tes pers­pec­ti­vas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.