Os mo­ni­cre­ques de «A via­xe de Rosalía» che­gan a tre­ce con­ce­llos

Fa­la Re­des 2016 fai un­ha ho­me­na­xe a es­ta es­cri­to­ra uni­ver­sal

La Voz de Galicia (Ourense) - - Cultura - ELISA ÁL­VA­REZ

Fran­cis­ca do Cam­po, a ma­dri­ña de Rosalía, é a en­car­ga­da de con­tar es­ta his­to­ria da es­cri­to­ra des­de que na­ce ata que en­fer­ma, pa­san­do po­la súa in­fan­cia en Or­to­ño, en Pa­drón, e lem­bran­do o seu gus­to po­la ar­pa, o piano e o tea­tro. «Era moi es­pe­li­da», di La­rraitz Urru­zo­la, a ac­triz res­pon­sa­ble da pe­za A via­xe de Rosalía, un­ha obra de mo­ni­cre­ques no marco de Fa­la Re­des 2016, un­ha ini­cia­ti­va da Con­se­lle­ría de Cul­tu­ra en con­ce­llos da Re­de de Di­na­mi­za­ción Lin­güís­ti­ca.

Trá­ta­se dun­ha pe­za de 45 mi­nu­tos di­ri­xi­da a ne­nos de a par­ti­res de seis anos que se re­pre­sen­ta­rá en tre­ce mu­ni­ci­pios, em­pe­zan­do por Fra­des o 5 de mar­zo e aca­ban­do por O Ro­sal o vin­dei­ro 7 de maio. Ta­mén pa­sa­rá por Cer­ce­da, Gui­ti­riz, Mon­da­riz, Pa­drón, A La­ma, Cur­tis, Mon­do­ñe­do, Pontedeume, Pon­tea­reas, Santa Com­ba e Vi­la­ma­rín.

A pro­pia La­rraitz Urru­zo­la e o se­cre­ta­rio xe­ral de Po­lí­ti­ca Lin­güís­ti­ca, Valentín Gar­cía, fo­ron os en­car­ga­dos de pre­sen­tar es­ta ini­cia­ti­va na que se com­bi­na a na- rra­ción oral tra­di­cio­nal coa in­ter­pre­ta­ción ac­to­ral. No ac­to de pre­sen­ta­ción a ac­triz in­ter­pre­tou un anaqui­ño des­tes mo­ni­cre­ques nos que Rosalía lem­bra como na súa épo­ca un­ha mu­ller era cri­ti­ca­da por es­cri­bir: «Hai es­cri­to­res que che din que as mu­lle­res te­ñen que zur­cir, mí­ran­nos como se fó­se­mos o de­mo. Se es­cri­bi­mos é que que­re­mos di­cir al­go», di­cía a es­cri­to­ra uni­ver­sal.

Valentín Gar­cía agra­de­ceu o tra­ba­llo da ac­triz «e o bo ga­le­go que ten, un exem­plo de como a no­sa lin­gua po­de ser ad­qui­ri­da e mes­mo di­fun­di­da por per­soas que non a ti­ve­ron como pro­pia». Os mo­ni­cre­ques fi­xé­ron­se es­pe­ci­fi­ca­men­te pa­ra a obra, cun­ha Rosalía ne­na e ou­tra máis adul­ta, ade­mais dou­tros per­so­na­xes como a ga­li­ña do poe­ma Te­ño tres pi­tas bran­cas, a ma­dri­ña, o se­ga­dor ou o neno Ig­no­tus.

Es­ta ac­ti­vi­da­de en­már­ca­se na ce­le­bra­cións do 179 aniver­sa­rio do na­ce­men­to de Rosalía, o 24 de fe­brei­ro. «É un­ha pro­pos­ta pen­sa­da pa­ra ho­me­na­xear des­de os con­ce­llos á es­cri­to­ra cen­tral das no­sas le­tras a tra­vés da Re­de de Di­na­mi­za­ción Lin­güís­ti­ca», di­xo Gar­cía.

XOÁN A. SO­LER

La­rraitz Urru­zo­la e Valentín Gar­cía con Rosalía.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.