Un no­vo edi­fi­cio pa­ra o Mu­seo do Pa­pel do Car­ba­lli­ño

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

O Mu­seo do Pa­pel do Car­ba­lli­ño é un pro­xec­to desen­vol­vi­do po­lo ar­qui­tec­to en­tre os anos 2004 e 2011. Un­ha pro­pos­ta que Ga­lle­go Jo­rre­to sem­pre acolleu cun in­tere­se es­pe­cial, se­gun­do re­co­ñe­ceu no seu día, por dar­lle a po­si­bi­li­da­de de crear un es­pa­zo pú­bli­co no seu po­bo. Aín­da que se con­se­guiu re­cu­pe­rar e reha­bi­li­tar o edi­fi­cio exis­ten­te, a const­tru­ción de pe­dra adi­ca­da a se­ca­doi­ro, os pro­ble­mas coa pro­pie­da­de —que foi ob­xec­to dun em­bar­go e que o Concello do Car­ba­lli­ño acor­dou re­com­prar pa­gan­do pre­to de 700.000 eu­ros— e a cri­se fo­ron adian­do un­ha pro­pos­ta que se man­tén vi­va e pen­den­te do seu desen­vol­ve­men­to con­for­me ao pro­xec­ta­do no seu día po­lo ar­qui­tec­to.

A documentación da in­ter- ven­ción pro­pos­ta, os pla­nos, as imaxes de como se ato­pa na ac­tua­li­da­de o edi­fi­cio reha­bi­li­ta­do —tan­to ex­te­rior como in­te­rior­men­te—, as ma­que­tas e ou­tra documentación fi­gu­ran na an­to­ló­xi­ca da Fun­da­ción Ba­rrié.

Si­na­la Ga­lle­go Jo­rre­to na pro­pos­ta que o pro­xec­to «re­fle­xio- na so­bre o río como ele­men­to es­tru­tu­ra­dor da súa pai­sa­xe e so­bre a súa trans­for­ma­ción ho­xe como in­fra­es­tru­tu­ra lú­di­ca e de lecer, de­ben­do ser o no­vo Mu­seo do Pa­pel o seu im­pul­sor». O gran­de edi­fi­cio do se­ca­doi­ro e o res­to dos ele­men­tos que se con­ser­van do pro­ce­so de fa­bri­ca­ción — can­les, ba­tán e pren­sas, en­tre ou­tros— ocu­pan un­ha área pró­xi­ma ao río, ao pé do in­mo­ble. Es­ta cir­cuns­tan­cia e a ne­ce­si­da­de de cer­tos es­pa­zos e ser­vi­zos que ne­ce­si­ta­rá un mu­seo des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas, fi­xo que Ga­lle­go Jo­rre­to pro­xec­ta­se un edi­fi­cio de no­va cons­tru­ción no lu­gar, sen que im­pac­ta­se so­bre o con­xun­to, e que pro­po­ña le­var a no­va ac­tua­ción «á for­te cem­ba exis­ten­te. O edi­fi­cio se­ría, xa que lo­go, como un bal­cón pen­du­ra­do do mu­ro que se pro­lon­ga ata for­ma­li­zar o ac­ce­so cun es­pa­zo de con­trol e al­ma­cén de che­ga­da».

A idea de li­nea­li­da­de que pran­te­xa o ar­qui­tec­to car­ba­lli­ñés na no­va con­fi­gu­ra­ción re­pre­sen­ta o iti­ne­ra­rio e o en­la­ce de per­co­rri­dos e mi­ra­doi­ro ao lon­go do pro­ce­so de fa­bri­ca­ción.

O ar­qui­tec­to pro­xec­tou un edi­fi­cio pa­ra com­ple­tar o mu­seo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.