Tres pro­xec­tos do ar­qui­tec­to fi­gu­ran na mos­tra an­to­ló­xi­ca que lle adi­ca a Fun­da­ción Ba­rrié

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - XO­SÉ MA­NOEL RODRÍGUEZ

Ma­nuel Ga­lle­go Jo­rre­to (O Car­ba­lli­ño, 1936) ten desen­vol­vi­do una am­pla e re­co­ñe­ci­da carreira pro­fe­sio­nal que fai del un dos ar­qui­tec­tos de re­fe­ren­cia en Ga­li­cia. A Fun­da­ción Ba­rrié desen­vol­ve den­de hai anos gran­des pro­xec­tos ex­po­si­ti­vos ven­ce­lla­dos á ar­qui­tec­tu­ra e apos­tou por adi­car­lle ao car­ba­lli­ñés un­ha an­to­lo­xía so­bre o seu tra­ba­llo. Ma­nuel Ga­lle­go. Ar­qui­tec­tu­ra 1969-2015 foi co­mi­sa­ria­da po­lo pro­pio ho­me­na­xea­do e es­tá com­pos­ta por un­ha se­lec­ción de in­ter­ven­cións ele­xi­das po­lo pro­pio au­tor. A mos­tra es­ta­rá aber­ta ao pú­bli­co na se­de da fun­da­ción en A Co­ru­ña, ata o vin­dei­ro 10 de abril, e na mes­ma fi­gu­ran imaxes, pla­nos, ma­que­tas e ma­te­riais ven­ce­lla­dos aos seus pro­xec­tos.

En­tre as obras es­co­lli­das por Ga­lle­go Jo­rre­to pa­ra for­mar par­te da an­to­ló­xi­ca da súa carreira pro­fe­sio­nal fi­gu­ran tres ac­tua­cións desen­vol­vi­das na pro­vin­cia: o Cen­tro Cí­vi­co da Rúa Co­lón e o Cen­tro de No­vas Tec­no­lo­xías, am­bas en Ou­ren­se, e o Mu­seo do Pa­pel, en O Car­ba­lli­ño.

O cen­tro da rúa Co­lón foi un con­cur­so ga­ña­do po­lo ar­qui­tec- to den­tro dun pro­gra­ma de re­cu­pe­ra­ción so­cio-la­bo­ral do cas­co his­tó­ri­co. Pa­ra crear es­te es­pa­zo ven­ce­llá­ron­se dúas ca­sas an­ti­gas que se ato­pa­ban ca­se en ruí­nas e un so­lar li­bre lin­dan­te. Con­se­guiu un am­plo es­pa­zo in­ter­xe­ra­cio­nal —de gar­de­ría a cen­tro de ac­ti­vi­da­des pa­ra mo­zos e maio- res— ven­ce­llan­do os es­pa­zos e op­tan­do por un­ha fa­cha­da de no­va crea­ción que non che­ga a to­car na co­lin­dan­te, res­pec­tan­do o ca­rác­ter de so­lar ba­lei­ro non edi­fi­ca­do que ti­vo sem­pre. O ar­qui­tec­to car­ba­lli­ñés in­ci­diu na aper­tu­ra do cen­tro ao ba­rrio e na ac­ce­si­bi­li­da­de con­ce­bin­doo como un­ha rúa, na súa pran­ta bai­xa, que per­mi­te o pa­so dun la­do ao ou­tro —da Pra­za da Im­pren­ta á da Fe­rrei­ría— e a co­ne­xión en­tre es­pa­zos pú­bli­cos. No Cen­tro das No­vas Tec­no­lo­xías (2007-2009), as res­tric­ti­vas con­di­cións mar­ca­ron a in­ter­ven­ción desen­vol­vi­da. Un pe­queno so­lar no que se de- bía man­ter o vo­lu­me pri­mi­ti­vo e que es­ta­ba ro­dea­do de edi­fi­ca­cións moi frá­xi­les. O ar­qui­tec­to pran­te­xouno como un­ha cai­xa de for­mi­gón, e un­ha lou­sa na ci­men­ta­ción, que evi­tou ter que ex­ca­var e, ao mes­mo tem­po, diu es­ta­bi­li­da­de e re­for­zou as cons­tru­cións exis­ten­tes.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.