Un­ha pu­bli­ca­ción pa­ra co­ñe­cer os en­troi­dos ga­le­gos

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

« En­troi­do en Ga­li­cia» 2016 O sil Coor­di­na Car­los G. Her­ve­lla 4,95 eu­ros O en­troi­do é un­ha ci­ta anual que con­ver­te á pro­vin­cia de Ou­ren­se nun dos prin­ci­pais es­ce­na­rios da fes­ta na pe­nín­su­la. Aín­da que con tra­di­cións ta­mén im­por­tan­tes nou­tras zo­nas de Ga­li­cia. Car­los Gar­cía Her­ve­lla le­va moi­tos anos per­co­rren­do as fes­tas tra­di­cio­nais de Ga­li­cia e do nor­te de Por­tu­gal, re­co­llen­do a tes­te­mu­ña grá­fi­ca dos en­troi­dos — de Co­ve­lo a Sal­ce­do (Po­bra de Bro­llón e de Vi­la­ri­ño de Con­so a La­za­rim ou Vin­hais, en Por­tu­gal—, fa­lan­do cos seus pro­ta­go­nis­tas e cos in­ves­ti­ga­do­res e an­tro­pó­lo­gos que se te­ñen ache­ga­do a es­ta fes­ta. «En­troi­do en Ga­li­cia» é un­ha pu­bli­ca­ción na que, ao lon­go de 163 pá­xi­nas, se re­co­llen in­for­ma­cións, re­por­ta­xes, en­tre­vis­tas e co­la­bo­ra­cións de moi­tos au­to­res so­bre o en­troi­do. In­ves­ti­ga­do­res como Emi­lio Araú­xo, Yvon Du­pouy, Paula Go­din­ho ou An­tó­nio P. Ti­za, es­cri­to­ras como He­le­na Eriks­son e máis dun­ha du­cia de co­la­bo­ra­cións for­man par­te des­ta pu­bli­ca­ción que ser­vi­rá pa­ra ache­gar­se ao en­troi­do ga­le­go e do nor­te de Por­tu­gal, co­ñe­cer a súa his­to­ria e os pro­ta­go­nis­tas —den­de os que par­ti­ci­pan na fes­ta ao que ela­bo­ran os tra­xes ou as más­ca­ras—. A pu­bli­ca­ción da edi­to­ra Gar­her­ve SL ser­vi­rá pa­ra co­ñe­cer e es­pa­llar as tra­di­cións do en­troi­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.