«A par­te co­mer­cial se­gue a ser a máis dé­bil do sec­tor ex­trac­ti­vo»

Cre que che­gou a ho­ra de ac­tuar so­bre o pro­du­to pa­ra dar­lle máis va­lor

La Voz de Galicia (Ourense) - - Terra - A. BUÍNCAS

Eco­no­mis­ta au­tó­no­mo, Ser­gio Ló­pez (Bu­re­la, 1967) nun­ca na­ve­ga­ra por ba­lan­ces ma­rí­ti­mo­pes­quei­ros ata o 2003, can­do a so­bre­vi­da in­com­pa­ti­bi­li­da­de do en­ton­ces se­cre­ta­rio da Fe­de­ra­ción Pro­vin­cial de Lu­go, lle am­pliou o cam­po dun­ha sin­gra­du­ra pro­fe­sio­nal que ata en­tón se desen­vol­vía ex­clu­si­va­men­te en­tre as pa­re­des da cons­tru­ción. Pe­ro o ver­da­dei­ro con­tac­to coa «par­te sec­to­rial» da pes­ca che­gou­lle a prin­ci­pios do 2014, can­do a xu­bi­la­ción do an­te­rior se­cre­ta­rio de la Fe­de­ra­ción Ga­le­ga de Con­fra­rías fí­xo­lle pa­sar da re­dac­ción de ac­tas e ela­bo­ra­ción de pre­su­pos­tos a ver­se sal­pi­ca­do cos pro­ble­mas do sec­tor den­de a mes­mí­si­ma pon­te de man­do.

—Pes­ca­mos me­nos e in­gre­sa­mos máis. ¿É si­nal de que me­llo­ra­mos na co­mer­cia­li­za­ción?

—Se ana­li­za­mos os da­tos, si ven­de­mos me­llor, por­que con me­nos qui­los se con­se­guiu un­ha maior fac­tu­ra­ción. E ade­mais é al­go que coin­ci­de en to­das as pro­vin­cias: to­das sub­has­ta­ron me­nos vo­lu­me de peixe e in­gre­sa­ron máis. Ago­ra ben, creo que hai que avan­zar na me­llo­ra da co­mer­cia­li­za­ción pa­ra con­se­guir un me­llor pre­zo me­dio. O pro­du­to, coa súa fres­cu­ra e ca­li­da­de, xa ten ga­na­da a súa soa e ago­ra ha­be­ría que ac­tuar na par­te co­mer­cial. Non di­go en­trar a ma­ni­pu­lar o peixe, pe­ro si tra­ba­llar na pre­sen­ta­ción, hai moi­to mar­xe de me­llo­ra e sen ter que fa­cer de­ma­sia­da in­ver­sión. O pre­zo me­dio se­gue sen­do bai­xo. A me­dio pra­zo, os bar­cos non van a ir a máis e a súa ca­pa­ci­da­de ex­trac­ti­va es­tá li­mi­ta­da po­las co­tas e non es­tá cla­ro que es­tas vaian se­guir sem­pre in­do á al­za, po­lo que eses con­di­cio­nan­tes só se po­de­rán ven­cer con al­gún ti­po de ac­tua­ción so­bre o pro­du­to, como em­pe­zar a ven­der por se­pa­ra­do o lombo, o tron­co ou a ca­be­za. Hai que fa­cer al­go. Con­le­va un maior ris­co, si, pe­ro ta­mén trae máis va­lor en­ga­di­do. A par­te co­mer­cial se­gue a ser a máis dé­bil do sec­tor ex­trac­ti­vo.

—¿Me­llo­rou o pre­zo do peixe den­de que non hai que sub­has­tar a mer­can­cía á bai­xa?

—Ago­ra é po­si­ble aca­dar acor­dos co­mer­ciais en vez de po­ñer o peixe á sub­has­ta, pe­ro non es­tá moi cla­ro que iso fa­ga su­bir os pre­zos. Hai ex­pe­rien­cias de flo­tas que te­ñen acor­dos pun­tuais con su­per­fi­cies co­mer­ciais que nun pri­mei­ro mo­men­to si con­si­gue su­bir o pre­zo me­dio, pe- ro á lar­ga iso crea un­ha de­pen­den­cia pre­xu­di­cial pa­ra o pro­du­tor. Ta­mén hai que ter en con­tra que estamos a fa­lar de un mer­ca­do es­tra­ño por­que non po­des in­fluir no pre­zo do teu pro­du­to, da­do que es­tás con­di­cio­na­do po­la can­ti­da­de, que non de­pen­de de ti, se­nón que es­tá en fun­ción tan­to das co­tas como da dis­po­ñi­bi­li­da­de do peixe, e tam­pou­co po­des ac­tuar so­bre o pre­zo. Así que ves que as dúas va­ria­bles que in­flúen na ren­di­bi­li­da­de eco­nó­mi­ca non de­pen­den de ti.

«Sen as co­tas, a ca­pa­ci­da­de ex­trac­ti­va po­día du­pli­car­se, e sen que pe­ri­ga­sen os stocks»

—O 80 % das ven­tas de peixe se con­cen­tran en 5 lon­xas e hai 62. ¿De­ma­sia­das? ¿É me­llor con­cen­trar a ofer­ta?

—Al­gun­has lon­xas xa des­apa­re­ce­ron. Hai un nú­me­ro im­por­tan­te de con­fra­rías que xa non xes­tio­nan a venta. Ás pe­que­nas, o que lles que­da, é di­fe­ren­ciar­se, di­ver­si­fi­car e fa­cer cou­sas dis­tin­tas pa­ra atraer aos com­pra­do­res. As que ven­den per­ce­be ou amei­xa, ao es­pe­cia­li­zar­se, té­ñeno máis fá­cil, pe­ro pa­ra as mul­ti­es­pe­cí­fi­cas é real­men­te di­fí­cil man­ter os com­pra­do­res, por­que as gran­des ca­da vez van con­cen­tran­do máis a ofer­ta e atraen­do aos ope­ra­do­res. Iso, den­de un­ha pers­pec­ti­va lo­cal, é ma­lo, por­que mer­ma a re­per­cu­sión da pes­ca ne­se en­cla­ve, pe­ro si se to­ma como re­fe­ren­cia Ga­li­cia, se es­tá a fa­lar de 180.000 to­ne­la­das subas­ta­das e 457 mi­llóns de eu­ros de fac­tu­ra­ción. ¿Cal é o me­llor mo­de­lo? Son dis­tin­tos.

—¿Ga­li­cia ten ca­pa­ci­da­de pa­ra ele­var a súa pro­du­ción pes­quei­ra?

—Hai ca­pa­ci­da­de de in­cre­men­tar a pro­du­ción pes­quei­ra, pe­ro pa­ra iso hai que con­se­guir que se va­ríen de­ci­sións que ten que ver cos TAC (to­tais ad­mi­si­bles de cap­tu­ra) e co­tas. A no­sa en­tra­da na UE non foi be­ne­fi­cio­sa, en­tra­mos en peo­res con­di­cións que os de­mais e su­fri­mos o mal cha­ma­do prin­ci­pio de es­ta­bi­li­da­de re­la­ti­va. Se non ti­vé­ra­mos ese con­di­cio­nan­te, a ca­pa­ci­da­de ex­trac­ti­va ga­le­ga, sen po­ñer en ris­co a si­tua­ción bio­ló­xi­ca dos stocks, po­si­ble­men­te du­pli­ca­ría os números ac­tuais, ou po­lo me­nos au­men­ta­ría de for­ma con­si­de­ra­ble. Iso se tra­du­ci­ría en maior em­pre­go na pes­ca e no res­to da ca­dea, maior mo­ve­men­to eco­nó­mi­co, maior re­ca­da­ción de im­pos­tos e maior ri­que­za nas zo­nas cos­tei­ras. Ago­ra ben, apar­te de ese con­di­cio­nan­te po­lí­ti­co-nor­ma­ti­vo ta­mén hai con­di­cio­nan­tes in­ter­nos, como que non que­re­mos que os no­sos fi­llos vaian ao mar, que do cer­co pa­ra abai­xo o bar­co non se ve como un­ha em­pre­sa e do cer­co pa­ra abai­xo un se ten por pes­ca­dor non por em­pre­sa­rio... Todos te­mos un­ha par­te de cul­pa.

PE­PA LO­SA­DA

Ló­pez en­trou en con­tac­to co sec­tor pes­quei­ro hai máis de un de­ce­nio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.