A AELG que­re ins­ti­tu­cio­na­li­zar o 24 de fe­brei­ro como Día de Rosalía de Cas­tro

La Voz de Galicia (Ourense) - - Cultura -

A AELG (Aso­cia­ción de Es­cri­to­res en Lin­gua Ga­le­ga) tra­ba­lla des­de o ano 2011 coa idea de lo­grar ins­ti­tu­cio­na­li­zar o 24 de fe­brei­ro como Día de Rosalía de Cas­tro —a es­cri­to­ra de Pa­drón na­ceu en 1837 un día co­ma o de ma­ñá—, «un­ha xor­na­da de ce­le­bra­ción da no­sa li­te­ra­tu­ra, ani­man­do á ci­da­da­nía a aga­sa­llar un li­bro en ga­le­go e un­ha flor». A idea tra­ta de re­pro­du­cir dal­gún xei­to o éxi­to ma­si­vo que aca­da un ano tras ou­tro a fes­ta de Sant Jor­di ca­da 23 de abril en Ca­ta­lu­ña. «Sa­be­mos —re­se­ña o ma­ni­fes­to Rosalía li­bre e sen me­do nin­gún que ela­bo­rou a AELG— que [a poeta] foi ver­da­dei­ra, que vi­viu to­da a súa vi­da con ver­da­de e que foi un­ha per­soa li­bre, e sa­be­mos que a li­ber­da­de hai que pa­ga­la e por iso a súa vi­da foi du­ra». A AELG or­ga­ni­za un pro­gra­ma que es­pa­lla —des­de o do­min­go e du­ran­te es­ta semana— a fi­gu­ra e a obra de Rosalía por to­do o país.

En­tre os moi­tos ac­tos e fes­te­xos que te­rán lu­gar ma­ñá —pro­mo­vi­dos por con­ce­llos, aso­cia­cións, en­ti­da­des e cen­tros de en­sino—, des­ta­ca o con­cer­to do can­tau­tor ber­ciano Aman­cio Pra­da que or­ga­ni­za a Real Aca­de­mia Ga­le­ga —se­rá no sa­lón de ac­tos da co­ru­ñe­sa rúa Ta­ber­nas, a par­tir das 19.30 ho­ras—. A en­tra­da é li­bre ata com­ple­tar o afo­ro des­te au­di­to­rio, e pa­ra asis­tir se­rá im­pres­cin­di­ble re­ti­rar o con­vi­te (cun má­xi­mo de dúas in­vi­ta­cións por per­soa) na mes­ma sé da RAG.

Os ecos da fes­ta che­ga­rán ata Ma­drid da man dun gru­po de ga­le­gos que pre­pa­ra un­ha ho­me­na­xe na rúa da Ba­lles­ta nú­me­ro 13, on­de a poe­ti­sa vi­viu un tem­po. Coor­di­na­do po­lo es­cri­tor Ma­nuel Pe­rei­ra Val­cár­cel, ca­da par­ti­ci­pan­te le­rá un poe­ma de Rosalía.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.