«As mar­cas son re­sul­ta­do de tem­po, car­tos e vi­sión»

Da ima­xe de mar­ca, da xes­tión de ne­go­cio e das claves do ofi­cio fa­la­rá ho­xe na Es­co­la Faíl­de Da­ni Bem­bi­bre

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

Bem­bi­bre com­par­ti­rá con­fe­ren­cia co seu so­cio no es­tu­dio co­ru­ñés Cos­ta, Da­vid Silvosa.

—En­frón­tan­se a un au­di­to­rio de fu­tu­ros deseña­do­res. ¿Cal é a súa ba­ga­xe?

—Eu le­vo 15 anos de pro­fe­sión; es­ti­ven tra­ba­llan­do fó­ra, en Bar­ce­lo­na, Fin­lan­dia... e, can­do vol­vín vi­vir á Co­ru­ña, mon­tei o meu pri­mei­ro es­tu­dio, pe­ro xa co­la­bo­ra­ba con Da­vid en pro­xec­tos, ca­da un den­de o seu es­tu­dio. Hai dous anos de­ci­di­mos aso­ciar­nos de­fi­ni­ti­va­men­te e crea­mos Cos­ta.

—¿No 2015 cin­co dos seus pro­xec­tos fo­ron pre­mia­dos. ¿Cal é o ca­mi­ño pa­ra o re­co­ñe­ce­men­to?

—Os pre­mios, moi­tas ve­ces, son o úl­ti­mo que su­ce­de e son anec­dó­ti­cos. Ter un ne­go­cio que che per­mi­te vi­vir do que fas e fa­ce­lo ben xa é un éxi­to. Nós non so­mos moi­to de con­cur­sos, pe­ro es­tá ben por­que o re­co­ñe­ce­men­to é pa­ra nós e pa­ra o clien­te ta­mén, que asu­me un ris­co e apos­ta por un­ha ma­nei­ra de fa­cer con­fian­do no pro­fe­sio­nal.

—¿Te­ñen cla­ra as em­pre­sas a im­por­tan­cia do deseño?

—Non, non sem­pre. Da im­por­tan­cia da ima­xe como tal hai cer­ta per­cep­ción que foi au­men­tan­do cos anos de que é ne­ce­sa­rio coi­dar ese as­pec­to, pe­ro in­da non se en­ten­de que is­to é co­mu­ni­ca­ción, co­mu­ni­ca­ción vi­sual. Pa­re­ce que ese ti­po de co­mu­ni­ca­ción se es­que­ce ou non se sa­be ben que pa­pel xo­ga. Tam­pou­co se asu­miu que o deseño non ser­ve pa­ra de­co­rar al­go xa fei­to ou ama­ñar o que non se fi­xo ben an­tes; a me­llor cua­li­da­de do deseño é a vi­sión es­tra­té­xi­ca, ser ca­pa­ces de pre­ver e fa­cer as cou­sas ben den­de o prin­ci­pio.

—¿Hai bos exem­plos en Ga­li­cia?

—As mar­cas son re­sul­ta­do de tem­po, car­tos e vi­sión. Se hai a vi­sión e se van con­se­guin­do tem­po e car­tos, os re­sul­ta­dos son bos. En Ga­li­cia hai exem­plos bos: Es­tre- lla Ga­li­cia es­tá fa­cen­do un bo tra­ba­llo e Aban­ca, que é de no­va crea­cion, fi­xo un es­for­zo por fa­cer un cam­bio.

—¿Ca­da pro­xec­to é dis­tin­to?

—Non é o mes­mo fa­cer un pro­xec­to de mar­ca a me­di­da pa­ra al­go pe­queno que mo­ver un­ha mar­ca moi gran­de, pe­ro moi­tas ve­ces os pro­ce­sos non son moi di­fe­ren­tes. Pen­sar so­bre a idea bá­si­ca é fun­da­men­tal, xa se­xa o pro­xec­to enor­me ou mi­cro; hai que ter un­ha vi­sión en pers­pec­ti­va de que os pro­xec­tos te­ñen un tem­po e que po­den mu­dar, hai que ter ca­pa­ci­da­de de adap­ta­ción e hai que pen­sar nes­te ofi­cio/ne­go­cio como un­ha ma­ra­tón.

—A char­la ti­tú­la­se Apren­der, tra­ba­llar, apren­der.

—Por­que es­ta non é un­ha carreira de ve­lo­ci­da­de nin un­ha carreira de egos, é un­ha carreira de fon­do; vas fa­cen­do pro­xec­tos, apren­den­do cos pro­pios pro­xec­tos, apren­der, tra­ba­llar... é un con­ti­nuum e os que co­me­zan de­ben ser cons­cien­tes di­so e ta­mén de que es­te é un ofi­cio e un ne­go­cio, as dúas cou­sas. Par­te do ofi­cio é sa­ber desen­vol­ver o ne­go­cio e par­te do ne­go­cio é ser bo no ofi­cio.

Bem­bi­bre, á de­rei­ta, co seu so­cio en Cos­ta, Da­vid Silvosa, re­co­llen­do un pre­mio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.