O PEN como opor­tu­ni­da­de

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Xo­sé M. Rodríguez

Acou­sa es­tá fei­ta e a pre­sen­za de Car­les Tor­ner e Je­na Pa­tel, di­rec­tor exe­cu­ti­vo e en­car­ga­da de con­gre­sos do clu­be res­pec­ti­va­men­te, non fai máis que con­fir­mar al­go que nun­ca nos pa­sou po­lo ma­xín pe­ro que vén de ca­mi­ño. Ou­ren­se aco­lle­rá no ou­tono o con­gre­so do Pen Clu­be In­ter­na­cio­nal, un­ha cir­cuns­tan­cia que fa­rá da ci­da­de a re­fe­ren­cia pa­ra es­cri­to­res e xor­na­lis­tas de to­do o mundo. Un­ha ci­ta na que un co­lec­ti­vo ca­se cen­te­na­rio, co pres­ti­xio e a tra­xec­to­ria que o PEN ten en to­do o mundo, vai fa­cer de Ou­ren­se e San­to Es­te­vo de Ri­bas de Sil o seu lu­gar de tra­ba­llo e de­ba­te du­ran­te un­ha semana.

Po­los es­pa­zos da ci­da­de, do Si­meón ao pa­ra­nin­fo do Otero Pe­dra­yo, e po­la Ri­bei­ra Sa­cra pa­sa­rán au­to­res de re­co­ñe­ci­do pres­ti­xio e a ci­da­de e a pro­vin­cia con­ta­rán cun­ha opor­tu­ni­da­de úni­ca de proxectarse in­ter­na­cio­nal­men­te. Como no seu día fi­xo Com­pos­te­la no úni­co con­gre­so que o Pen Clu­be In­ter­na­cio­nal le­va fei­to ata o de ago­ra en Ga­li­cia —o do 93 coin­ci­din­do coa ce­le­bra­ción dun Xa­co­beo—. O Pen Ga­li­cia con­se­guiu po­ñer no ma­pa mun­dial des­te or­ga­nis­mo a Ou­ren­se —co apoio da Con­se­lle­ría de Cul­tu­ra, a Depu­tación e o Concello da ci­da­de— e ago­ra com­pre que o co­lec­ti­vo e as ins­ti­tu­cións im­pli­ca­das na or­ga­ni­za­ción do con­gre­so se­xan quen de apro­vei­tar a opor­tu­ni­da­de que is­to su­pón pa­ra reivin­di­car­se e dar­se a co­ñe­cer en es­pa­zos aos que se­ría di­fí­cil che­gar por ou­tras can­les. A ta­re­fa non é doa­da, aín­da que te­mos to­do por ga­ñar. Car­les Tor­ner, di­rec­tor exe­cu­ti­vo do Pen, es­tá con­ven­ci­do de que se po­de con­se­guir. E quen so­mos nós pa­ra des­au­to­ri­za­lo!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.