¿Por que?

La Voz de Galicia (Ourense) - - El Tiempo - Xo­sé Car­los Ca­nei­ro

Qui­zá por­que apa­re­ces ti, aí de­trás, á vol­ta de to­das as pa­la­bras. Xo­ves arri­ba: agar­dan­do es­ta con­tra pa­ra en­con­trar áni­mo, es­pe­ran­za, un­ha por­ta aber­ta ás ilu­sións. Por­que son da es­tir­pe dos ho­mes que re­sis­ten. Por­que non sei fa­cer ou­tra cou­sa e es­te, hu­mil­de­men­te, é o meu mo­do de can­tar un­ha can­ción fe­liz: «Gra­cias a la vi­da, que me ha da­do tan­to». Por­que que­ro e qui­xen ata o fon­do da mi­ña al­ma e non sei me­llor ma­nei­ra de di­ci­lo: ver­so con ver­so. Es­cri­bo por dis­tan­ciar a tris­te­za e es­que­cer que exis­te. Por todos os que me apren­de­ron o máis im­por­tan­te que gar­do no in­te­rior: amar ata non po­der máis a aque­les que amas (e que te aman, ta­mén). Es­cri­bo por­que en­fron­te da ca­sa da avoa, na rúa Tra­ve­sa 25 de Ve­rín, ha­bía un­has es­ca­lei­ras de pe­dra on­de co­rrían os meus te­beos de chan­zo en chan­zo. Es­cri­bo, fun­da­men­tal­men­te, pa­ra non ol­vi­dar: ca­da un­ha das per­soas que dei­xa­ron re­cen­do de ma­zá na mi­ña pel, elas e eles se­guen for­man­do par­te de tan­tas ho­ras. Es­cri­bo por­que sei que es­te é o ofi­cio máis agra­de­ci­do do mundo: un­ha soa men­sa­xe que re­ci­bas po­de cam­biar un día gris e fa­ce­lo azul pri­ma­ve­ra cho­co­la­te. Es­cri­bo pa­ra non es­tar só, pa­ra acom­pa­ñar­te e que me acom­pa­ñes. Por dei­xar­lles a Con­cha e Mar­ta un­ha soa li­ña, aín­da que só se­xa un­ha, que de­bu­xe un so­rri­so na súa ca­ra lin­da lin­da. Por Ber­ta, por­que nun­ca co­ñe­cín un­ha per­soa me­llor ca ela. Po­las ve­ces que ga­nei, e po­las ve­ces que apren­dín. Po­lo tem­po per­di­do, que é a re­com­pen­sa dos meus 52 anos. Po­las cou­sas inú­ti­les, que son as máis úti­les e indispensables. Po­los que non es­tán e, pe­se a to­do, ocu­pan un lu­gar enor­me no meu co­ra­zón. Es­cri­bo por­que apa­re­ces ti, aí de­trás, xo­ves arri­ba. Por iso, e pou­co máis, es­cri­bo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.