Sen­ti­do co­mún e sen­si­bi­li­da­de

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourensecal - Noe­la Blan­co Depu­tada do PSOE

Dúas no­vas so­bre a in­te­gra­ción e a ne­ce­si­da­de de rom­per ba­rrei­ras pa­ra as per­soas con dis­ca­pa­ci­da­de ocu­pa­ban es­ta semana as pá­xi­nas dos xor­nais de Ou­ren­se. Que Ru­bén Riós, un ou­ren­sán que pre­su­me de se­lo, es­tree es­ta semana a cur­ta­me­tra­xe «Vi­da», na que se amo­sa como é o día a día das per­soas que te­ñen ca­pa­ci­da­des dis­tin­tas, as di­fi­cul­ta­des coas que se ato­pan,as súas sen­sa­cións, me­dos, e ta­mén a ilu­sión coa que par­ti­ci­pa­ron nes­ta ro­da­xe, fai que os ou­ren­sáns e as ou­ren­sás nos sin­ta­mos moi or­gu­llo­sos des­te pro­xec­to.

Un or­gu­llo que con­tras­ta co pe­sar e desa­zón que xe­ra sa­ber que a no­sa se­xa a úni­ca pro­vin­cia que non ten un cen­tro de con­ti­nui­da­de pa­ra ne­nos e me­nas con dis­ca­pa­ci­da­de, po­lo que a par­tir dos 21 anos, ida­de na que fi­na­li­zan o pe­río­do es­co­lar no Cen­tro de Edu­ca­ción Es­pe­cial Mi­ño, de­pen­den­te da Con­se­lle­ría de Edu­ca­ción, non po­den con­ti­nuar coa súa for­ma­ción ao non dis­por de pra­zas pú­bli­cas en cen­tros de día e re­si­den­ciais pa­ra aque­les que non poi­dan re­si­dir nou­tro mu­ni­ci­pio. Es­ta fal­ta de me­dios de­nun­ciá­baa es­ta semana a CIG e os pais e nais de mo­zos con dis­ca­pa­ci­da­de fí­si­ca e in­te­lec­tual, ao tem­po que pe­dían á Con­se­lle­ría de Po­lí­ti­ca So­cial que do­ta­se a Ou­ren­se dos mes­mos me­dios pa­ra aten­de­los dos que dis­po­ñen nas ou­tras tres pro­vin­cias da no­sa co­mu­ni­da­de. A Xun­ta de Ga­li­cia, que de­be­ra ve­lar po­la in­te­gra­ción des­te co­lec­ti­vo, dar apoio ás fa­mi­lias, e me­llo­rar as do­ta­cións asis­ten­ciais da re- de pú­bli­ca pa­ra con­tri­buír á igual­da­de de opor­tu­ni­da­des, ne­ga­ba es­ta reali­da­de e po­lo tan­to a pos­ta en mar­cha de so­lu­cións, dis­cri­mi­nan­do un­ha vez máis a no­sa pro­vin­cia. As fa­mi­lias que­dan abo­ca­das pois a re­co­rrer a cen­tros pri­va­dos que pres­tan es­te ser­vi­zo, ou a des­pra­zar­se ata os con­cer­ta­dos que a pro­pia ad­mnis­tra­ción au­to­nó­mi­ca sub­ven­cio­na, ten­do que dis­tan­ciar­se dos seus fi­llos e fi­llas, e co problema en­ga­di­do que su­pón pa­ra o trans­por­te a es­tes cen­tros o des­man­te­la­men­to do ser­vi­zo do 065, pio­nei­ro en Es­pa­ña e posto en mar­cha po­lo go­berno do bi­par­ti­to.

A au­sen­cia de sen­ti­do co­mún e de sen­si­bi­li­da­de des­te Go­berno non fai máis que vi­si­bi­li­zar un­ha vez máis un dous gran­des ma­les dos no­sos tem­pos, a fal­ta de em­pa­tía, so­bre to­do con aque­les que máis o ne­ce­si­tan.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.