Su­pri­mir as depu­tacións

Lou­ren­zo Fer­nán­dez Prie­to

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Por fin pa­re­ce que vai acon­te­cer. Os tem­pos de mu­dan­za te­ñen es­tas cou­sas. Un­ha ve­lla are­la do na­cio­na­lis­mo ga­le­go ven im­pul­sa­da por un­ha no­va de­rei­ta li­be­ral e cen­tra­lis­ta como me­di­da de afo­rro, efi­ca­cia e an­ti­co­rrup­ción. Cus­ta­ra­lle tra­ba­llo aos par­ti­dos do sis­te­ma asu­mi­lo, pe­ro non aos no­vos par­ti­dos, que ca­re­cen de in­tere­ses ne­ses es­ta­ri­be­les; es­pa­zos de po­der que, se­que­ra de mo­men­to, te­ñen ve­ta­dos e non son quen de con­tro­lar. É un­ha pro­ba máis, por se non abon­da­ran, de que estamos nun mo­men­to de gran­des trans­for­ma­cións po­si­bles e nal­gúns ca­sos ade­mais ma­te­ria­li­za­beis. Pa­ra­do­xal­men­te es­ta su­pre­sión po­de­ría arre­ba­tar ao ac­tual BNG o seu prin­ci­pal so­por­te ins­ti­tu­cio­nal de po­der. De su­pri­mí­ren­se, em­pe­za­re­mos a crer de ver­da­de que os tem­pos es­tán mu­dan­do alén da fa­la­ba­ra­tu­ra.

Por que eli­mi­nar as depu­tacións? Por que é con­tun­den­te como me­di­da anova­do­ra e tan­xi­ble con­tra a corrupción e o gas­to pú­bli­co in­efi­cien­te. Ta­mén por opor­tu­ni­da­de po­lí­ti­ca e de ar­qui­tec­tu­ra ins­ti­tu­cio­nal: as depu­tacións non es­tán na Cons­ti­tu­ción e po­den su­pri­mir­se sen re­for­ma­la. A pro­vin­cia es­tá, si, e blindada; as depu­tacións, non. Cu­rio­so, pe­ro di moi­to do que ima­xi­na­ban os le­xis­la­do­res de 1978 can­do de­fi­ni­ron a au­to­no­mía pa­ra na­cio­na­li­da­des e re­xións. Su­pu­ñan que es­tas subs­ti­tui­rían a aque­las, cun afán trans­for­ma­dor que axi­ña foi frea­do po­lo in­tere­se en acu­mu­lar es­pa­zos de po­der e de crear no­vas ins­ti­tu­cións sen li­qui­dar as an­te­rio­res á que é tan afec­cio­na­do o sis­te­ma po­lí­ti­co-bu­ro­crá­ti­co es­pa­ñol den­de o sécu­lo XVIII.

As depu­tacións son ni­ños de ca­ci­ques cró­ni­cos no sis­te­ma po­lí­ti­co li­be­ral es­pa- ñol. Pa­ra nós os ga­le­gos den­de os tem­pos en que Ca­ba­ni­llas co­llía nun­ha man a fou­ce e nou­tra man a oli­va con­tra os ca­ci­ques. A depu­tación ser­vía e ser­ve pa­ra con­tro­lar fon­dos e em­pre­gos pú­bli­cos sen dar con­ta. En ori­xe fo­ran idea­das po­lo li­be­ra­lis­mo pro­gre­sis­ta como pe­za na cons­tru­ción dun po­der des­cen­tra­li­za­do e en­ten­di­das como parlamentos pro­vin­ciais, moi­to an­tes de que nin­guén ima­xi­na­ra a con­ver­sión en co­mu­ni­da­des au­tó­no­mas dos ve­llos reinos e al­gun­has agru­pa­cións pro­vin­ciais. Aquel li­be­ra­lis­mo —que era moi xa­co­bino— con­ci­biu­nas pa­ra or­ga­ni­zar e ex­pre­sar po­li­ti­ca­men­te aos no­vos mu­ni­ci­pios cons­ti­tu­cio­nais elec­ti­vos. A Cons­ti­tu­ción de Cá­diz (art. 325) afir­ma: «En ca­da pro­vin­cia ha­be­rá un­ha Depu­tación cha­ma­da pro­vin­cial, pa­ra pro­mo­ver a súa pros­pe­ri­da­de, pre­si­di­da po­lo xe­fe su­pe­rior». Un Go­berno dos pro­gre­sis­tas lo- grou im­plan­ta­las por fin en 1836.

Os pro­gre­sis­tas reivin­di­ca­ron os mu­ni­ci­pios e depu­tacións na ten­sión con­tra o cen­tra­lis­mo au­to­ri­ta­rio dos mo­de­ra­dos ao lon­go do XIX; até que es­tes re­co­ñe­ce­ron as súas van­ta­xes pa­ra con­tro­lar o te­rri­to­rio e es­ten­der o seu po­der alén da Vi­la e Cor­te e in­de­pen­den­te­men­te do fa­vor real. Pe­ro as depu­tacións ta­mén son a pro­ba das di­fe­ren­zas his­tó­ri­cas e cons­ti­tu­ti­vas en­tre os di­fe­ren­tes te­rri­to­rios his­pá­ni­cos que dei­xan de ser im­pe­rio sen con­ver­té­ren­se nun­ca en na­ción. Por iso es­ta re­for­ma non afec­ta­rá nin ás depu­tacións fo­rais nin aos ca­bi­dos in­su­la­res, que re­sis­ti­ron to­da a sin­gra­du­ra cons­ti­tu­cio­nal e ta­mén a di­ta­to­rial da Es­pa­ña con­tem­po­rá­nea. Se as depu­tacións son su­pri­mi­das te­re­mos un pri­mei­ro test dun cam­bio ins­ti­tu­cio­nal his­tó­ri­co. Pe­ro non abon­da­rá.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.