Aco­so na es­co­la

Celso Cu­rrás

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

As ex­pec­ta­ti­vas edu­ca­ti­vas da fa­mi­lia con res­pec­to á es­co­la, non dei­xan de me­drar. Re­sul­ta sor­pren­den­te, con to­do, que a pe­sar des­ta de­le­ga­ción de res­pon­sa­bi­li­da­des na ins­ti­tu­ción do­cen­te, ca­da día se­xa maior a des­con­fian­za ca­ra a ela. Ade­mais de ins­truí­los nas ma­te­rias que com­po­ñen o cu­rrícu­lo ofi­cial, os pais que­ren que se edu­que aos fi­llos en va­lo­res, como a res­pon­sa­bi­li­da­de, dis­ci­pli­na, res­pec­to ou paz. Ta­mén que se lles im­par­ta edu­ca­ción ali­men­ta­ria ou com­por­ta­men­to cí­vi­co. E ago­ra, que o aco­so es­co­lar vol­ve ocu­par ti­tu­la­res, as mi­ra­das di­rí­xen­se de no­vo ao cen­tro edu­ca­ti­vo pa­ra esi­xir­lle máis pre­ven­ción, de­tec­ción dos ca­sos, for­ma­ción dos mes­tres, et­cé­te­ra.

Por su­pos­to que a es­co­la ten un­ha im­por­tan­te res­pon­sa­bi­li­da­de na loi­ta con­tra o bull­ying. Ne­la dé­be­se desen­vol­ver un plan de con­vi­ven­cia, cun cons­tan­te la­bor pre­ven­ti­vo e con moi­ta fir­me­za na re­so­lu­ción dos ca­sos que apa­re­zan. Pre­cí­sa­se dun­ha nor­ma­ti­va e duns pro­to­co­los cla­ros e efi­ca­ces, as­pec­tos nos ca­les, por cer­to, Ga­li­cia foi pio­nei­ra. As me­di­das que ago­ra anun­cia o Es­ta­do ou al­gun­ha co­mu­ni­da­de au­tó­no­ma, xa fo­ron re­gu­la­das po­la Con­se­lle­ría de Edu­ca­ción, que vén de apro­bar re­cen­te­men­te un plan es­tra­té­xi­co de con­vi­ven­cia.

Nin­guén du­bi­da tam­pou­co que se­xa ne­ce­sa­rio po­ten­ciar a for­ma­ción dos mes­tres e o tra­ba­llo de ti­to­ría, on­de de­be­rían de­tec­tar­se, coa es­trei­ta co­la­bo­ra­ción dos pais, os pro­ble­mas gra­ves dos alum­nos. Pe­ro non ten res­pon­sa­bi­li­da­de a fa­mi­lia nes­ta pro­ble­má­ti­ca? Pen­so que máis có cen­tro edu­ca­ti­vo, no fun­da­men­tal, que é a pre­ven­ción. As ca­ren­cias afec­ti­vas ou a con­fli­ti­vi­da­de na ca­sa, a vio­len­cia nos me­dios de co­mu­ni­ca­ción ou a fal­ta de au­to­ri­da­de, son cau­sas po­las que un neno po­de che­gar a ser aco­sa­dor ou mes­mo aco­sa­do.

Ca­da día hai máis ra­pa­ces in­sa­tis­fei­tos, que non te­ñen a tran­qui­li­da­de emo­cio­nal e a se­gu­ri­da­de que ne­ce­si­tan pa­ra ma­du­rar. Na ca- sa fal­ta co­mu­ni­ca­ción aber­ta, pois nos mo­men­tos máis im­por­tan­tes pa­ra o diá­lo­go, ca­da mem­bro da fa­mi­lia es­tá illa­do coa te­le­vi­sión, a vi­deo­con­so­la ou o or­de­na­dor. Os ne­nos acos­tú­man­se a ta­les do­ses de vio­len­cia, que a aca­ban re­pro­du­cin­do con nor­ma­li­da­de, na rúa ou na es­co­la. Os pais aban­do­nan, en moi­tos ca­sos, as súas obri­gas edu­ca­ti­vas pri­ma­rias e o gran problema é que a es­co­la non po­de subs­ti­tuí­los. Fál­ta­lle a fon­du­ra, a afec­ti­vi­da­de e o moi­to tem­po que se de­be de­di­car aos fi­llos. As ca­ren­cias des­ta im­pres­cin­di­ble edu­ca­ción fa­mi­liar pro­vo­can de­pre­sións e des­equi­li­brios, an­te­sa­la do aco­so es­co­lar e do au­men­to dos ca­sos de sui­ci­dio.

Xa que lo­go, as Ad­mi­nis­tra­cións pú­bli­cas non po­den mi­rar só pa­ra o cen­tro es­co­lar. Hai que fa­ce­lo ta­mén, ou mes­mo an­tes, pa­ra a fa­mi­lia, po­ten­cian­do a for­ma­ción de pais e a súa es­trei­ta re­la­ción cos mes­tres. Edu­car ten moi­to de afec­ti­vi­da­de, pe­ro ta­mén un pou­co de cien­cia; e es­ta hai que apren­de­la.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.