Carta a Pa­blo Igle­sias Tu­rrión

Xesús Alon­so Mon­te­ro

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Ben­que­ri­do con­ci­da­dán: Hai al­gún tem­po que que­ría fa­cer­lle che­gar, por vía pú­bli­ca, un­ha mi­si­va cun­has can­tas ca­vi­la­cións so­bre a res publica, de on­de vén, como vos­te­de ben sa­be, o ter­mo Re­pú­bli­ca, que, po­lo que re­xis­tro, hai bas­tan­tes me­ses que des­apa­re­ceu das súas pro­pos­tas e, mes­mo, do seu lé­xi­co po­lí­ti­co. Pe­ro es­ta cues­tión de­be­ría ser ob­xec­to dun­ha carta lon­ga, moi lon­ga, que ago­ra, qui­zais, non fo­se axei­ta­da ou opor­tu­na. Por se fo­se pou­co, can­do vos­te­des fa­lan de cam­biar a Cons­ti­tu­ción, nun­ca apun­tan á Xe­fa­tu­ra do Es­ta­do, ao seu xor­ne non elec­to­ral. Ate­rei­me, pois, na pre­sen­te, a asun­tos al­go me­no­res, aín­da sen­do maiúscu­los.

Que­ro agra­de­cer in­men­so, a Po­de­mos, dúas cou­sas ex­tra­or­di­na­ria­men­te im­por­tan­tes: que lles me­te­sen o me­do no cor­po aos de sem­pre (mes­mo aos que se din de es­quer­das) e que ins­ta­la­sen en mi­les e mi­les de ci­da­dáns hon­ra­dos e crí­ti­cos un­has faíscas de es­pe­ran­za (un­has faíscas, non moi­tas, o que non é pou­co des­pois de dé­ca­das atu­ran­do «da in­xu­ria o ru­do en­cono»). Era o de vos­te­des un dis­cur­so no­vo nas for­mas, non exen­to de efi­ca­cia e, no esen­cial, de es­quer­das, como non po­día ser dou­tro xei­to. Su­po­ño que vos­te­de nas súas cla­ses, an­ti­cla­sis­tas, atu­ru­xa­ba e glo­sa­ba un afo­ris­mo xa clá­si­co: «So­cia­lis­mo ou bar­ba­rie».

Acon­te­ce, po­rén, que en­tre o Po­de­mos sor­pren­den­te e ilu­sio­nan­te das eu­ro­peas e, mes­mo, de hai un ano ( gros­so mo­do), eo Po­de­mos des­tes úl­ti­mos me­ses, hai di­fe­ren­zas preo­cu­pan­tes, pa­ra moi­tos, desacou­gan­tes. É un dis­cur­so, es­ti­ma­do ex­ca­ma­ra­da, que des­aten­deu ou eclip­sou al­gúns ele­men­tos es­quer­dis­tas, que é o que nos en­tris­te­ce e desacou­ga. Ve­llos ami­gos meus, an­ti­mo­nár­qui­cos ra­di­cais (an­ti­mo­nár­qui­cos de raíz), non lle per­doan que bo­rra­se do seu si­la­ba­rio po­lí­ti­co o ter­mo Re­pú­bli­ca (non alleo á me­llor res publica), asun­to no que es­tou en re­guei­fa ca­se per­ma­nen­te con eles por en­ten­der —eu— que vos­te­des sa­ben que esa pro­pos­ta, ho­xe por ho­xe, é pou­co prác­ti­ca, co­llei­ta­ría pou­cos vo­tos.

A cues­tión é, ben­que­ri­do con­ci­da­dán, que es­tes ami­gos e mais eu, en­tei­ra­men­te de acor­do, re­xei­ta­mos o tra­to de que foi ob­xec­to, por par­te de vos­te­des, Iz­quier­da Uni­da, que, con Al­ber­to Garzón, ba­tén­do­se nun­ha he­roi­ca soi­da­de, ob­ti­vo un mi­llón de vo­tos, eses vo­tos que, tra­du­ci­dos en depu­tados, ou­tor­ga­rían­lle máis es­ca­nos a Po­de­mos que os que aca­dou o PSOE. Non es­que­za, es­ti­ma­do con­ci­da­dán, que, nos te­rri­to­rios on­de Po­de­mos con­fluíu con IU, o éxi­to elec­to­ral foi re­cha­man­te. Por que Po­de­mos non re­xei­tou a IU en tres co­mu­ni­da­des au­tó­no­mas e des­pre­zou­na nun­ha boa par­te do te­rri­to­rio es­pa­ñol, o que foi en de­tri­men­to das dúas for­ma­cións po­lí­ti­cas?

De­bo acla­rar­lle, ben­que­ri­do con­ci­da­dán, que, des­te gru­po de ami­gos, cos que con­cor­do nes­te pun­to, moi­tos de­les fo­ron en­tu­sias­tas in­con­di­cio­nais de Po­de­mos nun prin­ci­pio, in illo tem­po­re. En canto a min, aos meus anos, xa non sei se son en­tu­sias­ta in­con­di­cio­nal do gran An­to­nio Grams­ci, no­me que, cóns­ta­me, non lles é alleo. De­rra­dei­ra­men­te, des­pí­do­me de vos­te­de cun saú­do tri­co­lor acla­rán­do­lle, por se for pre­ci­so, que eu vo­tei­nos, en Vi­go, o 20 de de­cem­bro, e que aín­da es­tou dis­pos­to a bo­tar un­ha man.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.