«Va­lo­ro que a mi­ña fi­lla es­tu­de nun cen­tro con am­bien­te fa­mi­liar»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - M. G.

Ten un­ha fi­lla en 6º de pri­ma­ria e aca­ba de vi­si­tar o ins­ti­tu­to 12 de Ou­tu­bro con vis­tas a ini­ciar a ESO en se­tem­bro.

—¿Por que se apun­tou á xor­na­da de por­tas aber­tas?

—Do ins­ti­tu­to fo­ron ao co­le­xio on­de es­tu­da ago­ra e fi­xe­ron un­ha reunión in­for­ma­ti­va. Como é o cen­tro que nós ti­ña­mos pen­sa­do, apun­tá­mo­nos á vi­si­ta guia­da.

—¿É a súa pri­mei­ra op­ción?

—Si. Na zo­na te­mos ta­mén o Blan­co Amor, pe­ro in­cli­ná­mo­nos po­lo 12 de Ou­tu­bro por­que te­mos moi boas re­fe­ren­cias de pro­fe­so­ra­do no­vo e moi mo­ti­va­do.

—¿De­ter­mi­na iso a elec­ción?

—Va­lo­ra­mos ta­mén que o Blan­co Amor é moi gran­de e o ou­tro é moi­tí­si­mo máis fa­mi­liar, eu va­lo­ro que a mi­ña fi­lla es­tu­de nun cen­tro con am­bien­te fa­mi­liar. Fa­lei con pais que te­ñen alí fi­llos e es­tán en­can­ta­dos.

—¿Ocu­pa tem­po es­co­ller cen­tro?

—Eu le­vo dous anos xa in­for­mán­do­me e coas ideas moi cla­ras. Ao me­llor ten que aca­bar no ou­tro ins­ti­tu­to, que é o que ten a fa­ma real­men­te, por pro­ble­mas de afo­ro no 12 de Ou­tu­bro, pe­ro gús­ta­me máis es­te.

—¿Cus­tou máis na eta­pa de Infantil?

—Can­do em­pe­zou en 3 anos vi­si­tei dous cen­tros, a Ane­xa e o ceip A Pon­te, que era o meu fa­vo­ri­to ini­cial­men­te, pe­ro non ti­ñan co­me­dor e a Ane­xa si. O que pa­sa é que a di­rec­to­ra da Pon­te dí­xo­me que ti­ñan o com­pro­mi­so fir­me da Con­se­lle­ría pa­ra im­plan­tar co­me­dor ese ano e arris­quei­me pe­ro, se non me desen esa se­gu­ri­da­de, aca­ba­ría no ou­tro por­que me era prio­ri­ta­rio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.