A in­mo­ra­li­da­de dun­ha re­pro­ba­ción

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Juan M. Ca­sa­res

Alei e a mo­ral nor­mal­men­te te­ñen o mes­mo cen­tro mais non a mes­ma cir­cun­fe­ren­cia». Con es­ta sen­ten­za M. Oa­kes­hott afir­ma­ba que non adoi­ta exis­tir un­ha coin­ci­den­cia ab­so­lu­ta. Pa­ra ana­li­zar as ac­ti­vi­da­des da vi­da po­lí­ti­ca, e le­xis­lar é un­ha de­las, fai­se ne­ce­sa­rio ter­mos en con­ta as dis­po­si­cións mo­rais vi­xen­tes e con­clui­re­mos que na pra­xe non sem­pre o le­gal é mo­ral, ou que es­ta non se re­flic­te to­tal­men­te nos di­ta­dos le­gais; de­pen­de pois da aná­li­se e in­ter­pre­ta­ción dos con­tex­tos de­ter­mi­nar­mos a ade­cua­ción ou non en­tre as dúas ma­te­rias. A re­pro­ba­ción dun car­go é un­ha po­si­bi­li­da­de le­gal, ago­cha­da co­ma mo­ción, pe­ro cun re­sul­ta­do non vin­cu­lan­te; cons­ti­túe máis un­ha pro­pa­gan­da po­lí­ti­ca. O al­cal­de foi re­pro­ba­do a ini­cia­ti­va de DO usan­do co­ma com­par­sa ao so­cia­lis­mo, nou­tro tem­po dia­na dos mes­mos dar­dos. Quen se­gui­ra de pre­to a cues­tión cae­ría na con­ta de que os ar­gu­men­tos de fon­do eran a ava­ri­cia e a fal­ta de mo­des­tia dun Já­co­me en­ra­be­cha­do co­ma o neno que non con­se­gue a lar­pei­ra­da que que­ría: a al­cal­día. E por iso en­ten­do que a re­pro­ba­ción foi le­gal pe­ro, sen mo­ti­vos ob­xec­ti­vos e ar­gu­men­ta­dos, cons­ti­tuíu un ac­to po­lí­ti­co to­tal­men­te in­mo­ral. E non me ser­ve a res­pos­ta de que is­to é po­lí­ti­ca; se al­gun­ha lec­tu­ra in­me­dia­ta te­mos que ti­rar da si­tua­ción en Es­pa­ña é que en po­lí­ti­ca non va­le xa to­do. Já­co­me sen­tía­se al­cal­de, de­nan­tes que os ve­ci­ños fa­la­sen nas ur­nas; sen­tiu­se des­pois do re­con­to, e, po­lo que se ve, sen­te o mes­mo e non re­pa­ra nos me­dios con tal de con­se­guir o seu fin aín­da que in­clúa pa­sar por ri­ba da mo­ral. Coido que ava­ri­cia e fa­lla de mo­des­tia fan un­ha com­bi­na­ción pe­ri­go­sa; a ava­ri­cia vaino per­der po­li­ti­ca­men­te e a fa­lla de mo­des­tia o la­pi­da­rá so­cial­men­te. E se aín­da así se sen­te le­xi­ti­ma­do que lem­bre a Do­no­so Cor­tés: «Na­da sen­ta tan ben na fron­te do ven­ce­dor como un­ha co­roa de mo­des­tia».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.