Que non su­fra o peixe

Jor­ge Mi­ra

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

ma­xí­ne­se que os pei­xes pui­de­sen be­rrar. Que can­do es­ti­ve­sen ago­ni­zan­do fó­ra da au­ga pui­dé­se­mos es­coi­tar a súa an­gus­tia e te­rror: se­gu­ro que non os dei­xa­ría­mos mo­rrer por as­fi­xia tan len­ta­men­te. Es­ta idea es­coi­tei­lla ao pre­mio no­bel de Quí­mi­ca Ha­rold Kro­to na súa vi­si­ta a Ga­li­cia no 2010 e, den­de en­tón, con­fe­so que le­vo peor ve­los su­frir nas bei­ras dos pei­raos e dos ríos.

Por se es­ta ape­la­ción á em­pa­tía non abon­da­se pa­ra cam­biar a prác­ti­ca da mor­te por as­fi­xia do peixe, ago­ra en­gá­de­se un ar­gu­men­to ob­xec­ti­vo: un es­tu­do aca­ba de com­pro­bar que o peixe mor­to len­ta­men­te aca­ba por ter peor ca­li­da­de que o mor­to de xei­to rá­pi­do, can­do son al­ma­ce­na­dos no con­xe­la­dor. En con­cre­to, pa­ra un­ha es­pe­cie de troi­ta des­cu­briu­se que, tras un par de me­ses de al­ma­ce­na­men­to, os seus sau­da­bles áci­dos ome­ga-3 em­pe­za­ban a des­com­po­ñer­se nas que mo­rre­ran por as­fi­xia. Tras ca­tro me­ses, a ta­xa de des­com­po­si­ción des­tes be­ne­fi­cio­sos áci­dos era o do­bre nas mor­tas len­ta­men­te que nas mor­tas de gol­pe. Se­gun­do pa­re­ce, es­ta cir­cuns­tan­cia nó­ta­se ata no seu olor e sa­bor, peor nas as­fi­xia­das.

Os au­to­res do des­cu­bri­men­to apun­tan un mo­ti­vo: du­ran­te un­ha mor­te len­ta, o tre­men­do es­trés su­fri­do po­lo peixe na súa ago­nía fai­lle se­gre­gar un­has subs­tan­cias que, tras un­ha ca­dea de des­com­po­si­cións, son as res­pon­sa­bles da per­da do seu va­lor nu­tri­ti­vo, do mal olor e un peor sa­bor. Un pou­co de em­pa­tía coa dor do peixe, por fa­vor; esa hu­ma­ni­da­de se­rá re­com­pen­sa­da lo­go no pra­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.