Rosalía forever

In­ma Ló­pez Sil­va

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Un­ha das par­ti­cu­la­ri­da­des máis fer­mo­sas des­te país é ter un­ha li­te­ra­tu­ra fun­da­da por un­ha mu­ller. Non é na­da ha­bi­tual, pe­ro aquí estamos nós pa­ra co­lo­car­mos a Rosalía de Cas­tro nun lu­gar do Par­na­so que por pou­co lle arre­ba­tan os seus pro­pios con­tem­po­rá­neos. Sa­bíao ela ben can­do, en 1865, es­cri­biu un es­tu­pen­do ar­ti­go ti­tu­la­do

no que atri­búe a pou­ca con­si­de­ra­ción das es­cri­to­ras á súa con­di­ción de mu­lle­res. «O teu ma­ri­do é quen es­cri­be, e ti a que asi­nas», cón­ta­lle a Eduar­da, un­ha su­pos­ta as­pi­ran­te a quen re­la­ta a ar­bi­tra­rie­da­de á que se vían so­me­ti­das as au­to­ras po­lo fei­to de sé­reno. Os xe­nios da li­te­ra­tu­ra te­ñen a ca­pa­ci­da­de de di­cir ver­da­des co­ma tem­plos, e ve­laí a ver­da­de de Rosalía de Cas­tro, que na­ceu hai ago­ra 179 anos e aín­da non foi me­re­ci­da­men­te re­co­ñe­ci­da co­ma a ex­ce­len­te pro­sis­ta que foi. Se ca­dra por­que o es­pí­ri­to fe­mi­nino dis­que é me­llor pa­ra a poe­sía. E se ca­dra por­que os Béc­quer, La­rras e Har­tzen­busch di­fi­cil­men­te asu­mi­rían ser su­pe­ra­dos por un­ha mu­ller que, pa­ra máis in­ri, es­cri­biu en ga­le­go boa par­te da súa obra.

Ti­ña to­do en con­tra e, po­rén, Rosalía é a sor­te de ma­triar­ca que to­da li­te­ra­tu­ra pre­ci­sa. A va­ra de me­dir do pres­ti­xio e do va­lor. O co­ra­zón da ga­le­gui­da­de to­da en ca­da un­ha das pa­la­bras que es­cri­biu e que as súas her­dei­ras apren­de­mos e des­apren­de­mos pa­ra cons­truír­mo­nos nun pre­sen­te no que aín­da que­da moi­to de­sas Li­te­ra­tas de hai sécu­lo e me­dio. Ma­lia to­do, Rosalía me­re­ce un­ha re­vi­sión des­de o fe­mi­nis­mo, des­de a es­quer­da e des­de un pre­sen­te que des­mi­ti­fi­que o romanticismo. Non lle te­ñan me­do, se­ño­res. Re­su­ci­tar o fan­tas­ma de Rosalía todos os fe­brei­ros só po­de fa­cer­lle ben a es­te ato­la­do país que ela tan ben pre­di­ciu.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.