As Mar­cas His­pá­ni­cas

Víc­tor F. Frei­xa­nes

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Ta­mén cha­ma­das Mar­cas Fran­cas, eran te­rri­to­rios au­tó­no­mos no sur do Pi­ri­neo que, den­de apro­xi­ma­da­men­te a me­ta­de do sécu­lo VIII ata o sécu­lo XI, go­za­ban da pro­tec­ción do reino ca­ro­lin­xio e ac­tua­ban como fron­tei­ra con­tra a po­si­ble in­va­sión mu­sul­má de te­rras fran­cas den­de a pe­nín­su­la Ibé­ri­ca. Ata a des­apa­ri­ción do ca­li­fa­to de Cór­do­ba (1031), a es­tra­te­xia po­lí­ti­ca e mi­li­tar do em­pe­ra­dor Car­lo­magno, pa­la­dín da cris­tian­da­de no so­ño de re­cu­pe­rar a idea da ro­ma­ni­da­de, con­sis­tía en afor­ta­lar as fron­tei­ras do sur (mar­cas), le­van­tan­do mu­ros de con­ten­ción pe­ran­te a po­si­ble ava­lan­cha. Aín­da que al­gún des­gus­to le­vou (a de­rro­ta de Ron­ces­va­lles a man dos vas­cóns), así na­ce­ron en gran me­di­da o reino de Pam­plo­na e os con­da­dos ara­go­ne­ses e ca­ta­láns. Da­que­la Za­ra­go­za era a ca­pi­tal mu­sul­má do nor­te. E moi­to ten que ver San­tia­go de Com­pos­te­la con aque­la es­tra­te­xia.

De can­do en vez non es­tá de máis vol­ver re­pa­sar a his­to­ria, mes­mo cun­ha olla­da no­va, den­de a con­tem­po­ra­nei­da­de. O que bus- caba o em­pe­ra­dor e os seus es­tra­te­gos non era máis ca de­fen­der o te­rri­to­rio pro­pio, o seu es­ta­tus, do inimi­go ex­te­rior, con es­pa­zos in­ter­me­dios e in­clu­so avi­van­do sím­bo­los, como a apa­ri­ción do cor­po do Após­to­lo no fra­ga de Li­bre­dón (813) e apoian­do des­pois as pe­re­gri­na­cións e de­fen­sa de Com­pos­te­la (o Ca­mi­ño Fran­cés). A in­ven­tio de San­tia­go, como a de­no­mi­nan os tex­tos da épo­ca, por par­te do ere­mi­ta Pe­la­gio, sei­ca es­tá da­ta­da un ano an­tes da mor­te do em­pe­ra­dor, mais as cró­ni­cas (ima­xi­na­das) fa­lan da ex­pe­di­ción dos exér­ci­tos fran­cos pa­ra li­be­rar o Cor­po San­to de Oc­ci­den­te da fu­ria mu­sul­má, e así o re­la­ta o no­so Pseu­do Tur­pín, un dos li­bros do Có­di­ce Ca­lix­tino, en­tre ou­tras fon­tes fan­tás­ti­cas.

Den­de o ano 2015, a Unión Eu­ro­pea, con ca­pi­tal en Bru­xe­las e os cen­tros de po­der en Ale­ma­ña e Fran­cia so­bre to­do, es­tá a vi­vir un dos seus mo­men­tos máis di­fí­ci­les, coa arri­ba­da de mi­les de re­fu­xia­dos que, fu­xin­do das gue­rras de Orien­te e das fa­mes afri­ca­nas, asal­tan como po­den as no­sas praias e, den­de a pers­pec­ti­va dos man­da­ta­rios europeos, amea­zan a es­ta­bi­li­da­de do sis­te­ma. Ita­lia (Lam­pe­du­sa), Es­pa­ña (as cos­tas do sur) e ago­ra Gre­cia, Ma­ce­do­nia, os pa­sos de Hun­gría, et­cé­te­ra, vi­ven un­ha ex­pe­rien­cia se non idén­ti­ca, moi se­me­llan­te a aque­la. Non é un asal­to mi­li­tar, é un­ha ava­lan­cha de­ses­pe­ra­da, en par­te re­sul­ta­do ta­mén da po­lí­ti­ca das po­ten­cias oc­ci­den­tais na­que­las te­rras. A his­to­ria vol­ve con tei­mo­sía so­bre si mes­ma.

Máis dun mi­llón de de­ses­pe­ra­dos arri­ba­ron ás fron­tei­ras orien­tais da UE no ano 2015, nun mo­ve­men­to mi­gra­to­rio sen pre­ce­den­tes. O 90 % pi­de asi­lo po­lí­ti­co. Gre­cia de­nun­cia dian­te das au­to­ri­da­des da Unión que den­de os gran­des cen­tros de de­ci­sión europeos que­ren con­ver­ter ese país nun cam­po de concentración. Hun­gría amea­za cun re­fe­ren­do pa­ra re­vi­sar as co­tas de re­fu­xia­dos que se lle asig­nan. Os paí­ses ri­cos do nor­te ce­rran as fron­tei­ras, mes­mo ne­gán­do­se a ad­mi­tir os cu­pos que ini­cial­men­te se acor­da­ron. ¿Có­mo imos saír des­ta? Non o sei. Li­mí­to­me a re­pa­sar a his­to­ria.

EL TO­NEL DE DIÓ­GE­NES

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.