«O Ca­mi­ño Es­co­lar ca­da vez ten me­nos apoio dos pais»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

OCa­mi­ño Es­co­lar é un pro­xec­to posto en mar­cha po­lo Concello de Ou­ren­se en 2009 pa­ra pro­pi­ciar que os ra­pa­ces vaian ca­mi­ñan­do á es­co­la.

—¿En que si­tua­ción se ato­pa?

—Den­de ese ano par­ti­ci­pa­ron, en dis­tin­tos mo­men­tos e en di­fe­ren­tes cam­pa­ñas de edu­ca­ción vial, os co­le­xios do Cou­to, Mes­tre Vi­de, Con­cep­ción Are­nal, Ir­máns Vi­llar, A Pon­te e San­to Ángel. Fi­xé­ron­se ex­pe­rien­cias pi­lo­to e hai que cen­tros que se­gui­ron e ou­tros que fan ou­tras ini­cia­ti­vas.

—¿Man­ten­se como tal o Ca­mi­ño Es­co­lar ini­cia­do po­lo Concello de Ou­ren­se?

—O máis ve­te­rano é o co­le­xio do Cou­to; aín­da se­guen quedando os ne­nos nos pun­tos de en­con­tro pa­ra ir ca­mi­ñan­do á es­co­la. O ano pa­sa­do fun­cio­nou bas­tan­te ben co apoio de tres vo­lun­ta­rios e al­gún pro­fe­sor xu­bi­la­do, pe­ro es­te ano xa non tan­to. Hai cer­to de­sen­can­to nos pais por­que sem­pre par­ti­ci­pan os mes­mos. O Ca­mi­ño Es­co­lar ca­da vez ten me­nos apoio dos pais, é un pro­ce­so di­fi­cul­to­so.

—¿Por que é re­le­van­te o pa­pel dos pais pa­ra es­te pro­xec­to?

La­ge sa­lien­ta o in­tere­se mu­ni­ci­pal por vol­ver im­pul­sar o Ca­mi­ño es­co­lar

—O seu pa­pel é ve­lar po­la se­gu­ri­da­de nos cru­ces. Non acom­pa­ñan os ne­nos, pe­ro nos pun­tos de en­con­tro de­be ha­ber al­guén su­per­vi­san­do se cru­zan ben ou se hai que co­rri­xir al­gun­ha ac­tua­ción.

—¿Que son os pun­tos de en­con­tro?

—Son lu­ga­res que es­ti­ma­mos po­den re­unir a máis ne­nos que coin­ci­den in­do ao co­le­xio po­las súas zo­nas de re­si­den­cia; es­có­llen­se ta­mén por cues­tións de se­gu­ri­da­de. Son lu­ga­res pa­ra que os ne­nos que­den, nor­mal­men­te pró­xi­mos a un pa­so de peóns. Na ci­da­de hai va­rios iti­ne­ra­rios; no Cou­to hai 9 pun­tos de en­con­tros mar­ca­dos con si­na­li­za­ción ver­ti­cal e nou­tros barrios en­tre­góu­se­lles aos pais un plano cos iti­ne­ra­rios.

—Con tan­to atro­pe­lo, ¿non hai máis dis­po­si­ción das fa­mi­lias a co­la­bo­rar?

—Nós po­ñe­mos todos os re­cur­sos e me­dios, pe­ro fal­ta von­ta­de por par­te dos pais e o pro­fe­so­ra­do es­tá moi sa­tu­ra­do. Ade­mais, como o es­co­lar non é un co­lec­ti­vo que es­tea ten­do pro­ble­mas de atro­pe­los nes­te mo­men­to, tam­pou­co se crea tan­ta sen­si­bi­li­za­ción en­tre as fa­mi­lias e as co­mu­ni­da­des edu­ca­ti­vas. De to­das for­mas, tra­ba­lla­mos moi­to a tra­vés do pro­gra­ma de edu­ca­ción vial cos cen­tros e estamos ten­tan­do re­to­mar o pro­xec­to do Ca­mi­ño es­co­lar cun­ha reunión con to­das as an­pas. Al­gun­ha xa amo­sou in­tere­se e que­re­mos ex­ten­de­lo pa­ra aca­bar co de­sen­can­to e que os pais se ani­men.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.