Cla­ri­to, cla­ri­to

Ma­ría Ca­no­sa

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Ri­ta Bar­be­rá teno cla­ro, cla­rí­si­mo, cla­ri­vi­den­te. Non pen­sa di­mi­tir. É máis. É que nin se lle pa­sa po­la men­te tal idea. ¡Cla­ri­to, cla­ri­to!

E que que­ren que lles di­ga, eu ca­se pre­fi­ro iso. Que fa­le aber­ta­men­te e sen eu­fe­mis­mos so­bre o que pen­sa. Con tan­ta cla­ri­da­de es­ta­nos a amo­sar como ac­túa e, po­lo tan­to, quen é. Non só iso. O que lle per­mi­te o seu par­ti­do e por que a apoian des­te xei­to. Apoian e pro­te­xen, afo­rán­doa, por ca­so.

Eu pre­fi­ro que fa­le al­to e cla­ro. Por­que o que se di al­to, a mu­ller ta­mén fa­la. Ago­ra ben, non sei que pre­ten­de con iso, se avi­sar aos que a vo­ta­ron, aos que non, ao seu par­ti­do... Non sei a quen lle es­tá a bo­tar a fi­lí­pi­ca con se­me­llan­te ca­breo co que di as cou­sas. ¿A que vén ese en­fa­do? To­tal, ela fa­la can­do que­re, non can­do llo man­dan, nin­guén lle pi­de con­tas de na­da, e fa­na afo­ra­da. É máis. Sei­ca o pre­si­den­te (en fun­cións) de Es­pa­ña fa­lou con ela, e bas­tou­lle con es­coi­tar­lle que era inocen­te.

Ri­ta, non te en­fa­des, mu­ller. Non ve­xo que te­ñas moi­tos mo­ti­vos.

Se al­gún efec­to be­né­fi­co ti­vo a cri­se que aín­da nos ron­da, é que amor­te­ceu a pri­ma­cía do in­di­vi­dual. A ad­ver­si­da­de tras­to­cou a es­ca­la de va­lo­res e le­vou­nos a bus­car no ache­ga­men­to á co­mu­ni­da­de un sen­ti­do ao que acon­te­ce. Pa­ra con­vi­vir ne­ce­si­ta­mos un re­la­to, un dis­cur­so, un gan­du­xo an­te a com­ple­xi­da­de e o alu­de in­for­ma­cio­nal.

Ne­sa li­ña da bus­ca dun sen­ti­do mó­ven­se as po­lí­ti­cas ur­ba­nas en ma­te­ria cul­tu­ral, im­pul­san­do vías de coor­di­na­ción en­tre os xes­to­res, os re­cin­tos e os con­ti­dos. No ca­so de Com­pos­te­la, ten que ha­ber un fío con­du­tor en­tre o CGAC, o Au­di­to­rio e a or­ques­tra, o mon­te do Go­zo e o Ca­mi­ño de San­tia­go… O ne­xo de Com­pos­te­la ba­séa­se no bi­no­mio ur­ba­nis­mo e cul­tu­ra, no prin­ci­pio de con­cer­ta­ción en­tre ad­mi­nis­tra­cións e na coope­ra­ción in­ter­na­cio­nal a tra­vés do Ca­mi­ño.

Ce­le­bra­mos os 20 anos da Real Fil­har­mo­nía de Ga­li­cia, que co­me­zou a súa an­dai­na con Hel­muth Ri­lling. Es­coi­ta­mos por en­tón o me­llor Bach, asis­ti­mos á pri­mei­ra saí­da in­ter­na­cio­nal ao fes­ti­val de Pas­cua de Salz­bur­go e ao ini­cio das gra­va­cións. Con An­to­ni Ros Marbà a for­ma­ción con­so­li­dou­se e pre­sen­to­use en Amé­ri­ca. Con Paul Da­niel es­tá a dar un pa­so ca­ra a no­vos programas, cun­ha for­ma de di­ri­xir aber­ta e par­ti­ci­pa­ti­va.

Ho­xe a RFG é un­ha mag­ní­fi­ca or­ques­tra, cun son com­pac­to e bri­llan­te, cuns ex- ce­len­tes ins­tru­men­tis­tas e pe­da­go­gos que, ade­mais, li­de­ran pro­pos­tas ex­pe­ri­men­tais e in­no­va­do­ras. Con­ta cos alum­nos da Es­co­la de Al­tos Es­tu­dos Mu­si­cais pa­ra am­pliar os seus re­cur­sos ata che­gar ás por­tas do gran sin­fo­nis­mo.

Pe­ro as con­me­mo­ra­cións non de­ben su­po­ñer só elo­xios, se­nón ser­vir ta­mén pa­ra mar­car no­vos afáns. O ho­ri­zon­te da RFG es­tá, sen dú­bi­da, no pró­xi­mo ano xu­bi­lar 2021, que vén ser un­ha da­ta de re­fe­ren­cia pa­ra Com­pos­te­la e pa­ra to­da Ga­li­cia.

A Real Fil­har­mo­nía de Ga­li­cia é un­ha or­ques­tra de ti­tu­la­ri­da­de da Xun­ta, con se­de no Au­di­to­rio de Ga­li­cia —fo­ron pen­sa­dos un pa­ra a ou­tra— e xes­tio­na­da po­lo Con­sor­cio de San­tia­go. O epí­te­to Real, acor­da­do coa Co­roa, de­no­ta o am­pa­ro do Real Pa­droa­do que pre­si­den os mo­nar­cas, pe­ro que le­va anos sen re­unir os seus mem­bros. Is­to dei­xa o Con­sor­cio sen a po­si­bi­li­da­de de for­mu­lar pro­xec­tos e de axus­tar as con­tri­bu­cións das tres ad­mi­nis­tra­cións.

Au­di­to­rio, RFG e EAEM for­man un tri­no­mio, no que o pa­pel da xe­ren­cia da or­ques­tra é fun­da­men­tal. A pra­za es­tá a con­cur­so. O seu ti­tu­lar de­be­ría ser un­ha per­soa ex­per­ta e con ca­pa­ci­da­de em­pren­de­do­ra, que se im­pli­que na re­la­ción co Au­di­to­rio e coa Es­co­la e a abra ao mundo de In­ter­net e ás xi­ras in­ter­na­cio­nais. Co­rres­pon­de ás Ad­mi­nis­tra­cións ou­tro em­pe­ño pa­ra reac­ti­var os pa­tro­ci­nios e fo­men­tar o co­ñe­ce­men­to en­tre os vi­si­tan­tes da ci­da­de, que po­den ac­tuar como pro­mo­to­res ca­ra a fó­ra.

A re­la­ción en­tre as ci­da­des es­tá a cam­biar, de­bi­do á en­ti­da­de me­tro­po­li­ta­na que des­de­bu­xa o lo­cal e á co­mu­ni­ca­ción en­tre elas, que apro­xi­ma a ci­da­da­nía e os re­cin­tos cul­tu­rais. En Ga­li­cia te­mos dúas or­ques­tras de al­ta ca­li­da­de, a OSG e a RFG. As úni­cas po­lí­ti­cas que ca­ben par­ten da coope­ra­ción, con­cer­tan­do programas e ca­len­da­rios, in­ter­cam­bian­do ba­tu­tas, en be­ne­fi­cio do pú­bli­co de Ga­li­cia.

Qui­zais a re­vo­lu­ción cul­tu­ral máis efi­caz nes­tes anos de de­mo­cra­cia e au­to­no­mía se­xa a mu­si­cal. Creou­se un­ha au­dien­cia pre­pa­ra­da e trans­ver­sal, cun al­to ín­di­ce de fi­de­li­da­de, e con­se­guiu­se a mo­bi­li­za­ción xe­ral nos au­di­to­rios, con­ser­va­to­rios, aca­de­mias, co­rais e ban­das, ci­clos te­má­ti­cos, con­cer­tos di­dác­ti­cos. Al­go es­pe­cial ten a mú­si­ca, que é ca­paz de unir opi­nións e ideo­lo­xías e fa­cer vi­brar co­lec­ti­va­men­te un pú­bli­co si­len­te, como se es­ti­ve­ra pren­di­do po­la al­ma.

Un úl­ti­mo pa­rá­gra­fo pa­ra a me­mo­ria. De­trás dos pro­xec­tos cul­tu­rais sem­pre hai per­soas. Per­mí­tan­me que cite al­gúns da­que­les que, co­mi­go, cre­ron e crea­ron a RFG: Hel­muth Ri­lling, Xo­sé Ma­nuel Vi­lla­nue­va, Jo­sé Denis, Ma­xi­mino Zu­ma­la­ve, Jo­sé Luis Gon­zá­lez So­bral, Jo­sé Luis Río Ba­rro, Jo­sé Ma­nuel Gar­cía Igle­sias. Gra­zas a todos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.