Vi­go, ¿un­ha ci­da­de fer­mo­sa?

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Di a pro­pa­gan­da do al­cal­de de Vi­go que vi­vi­mos nun­ha ci­da­de fer­mo­sa… Dis­cre­po por un­has can­tas ra­zóns.

A Pa­ni­fi­ca­do­ra es­tá a caer, e pen­so que se que­re dei­xar caer, pro­ba­ble­men­te nun ca­so cla­ro de es­pe­cu­la­ción coa com­pli­ci­da­de do Concello; men­tres to­das as vi- las ten­tan re­cu­pe­rar edi­fi­cios que un día ti­ve­ron un uso in­dus­trial, e fa­cer de­les es­pa­zos re­cu­pe­ra­dos, cen­tros cul­tu­rais, e a Pa­ni­fi­ca­do­ra re­uni­ría to­do pa­ra se con­ver­ter nun gran cen­tro cul­tu­ral mul­ti­usos en Vi­go, re­sul­ta que, po­lo que pa­re­ce, se vai usar con ela a pi­que­ta e es­pe­cu­lar.

In­com­pren­si­ble­men­te, a xa mal­tra­ta­da Bou­zas ,cos seus bru­tais re­cheos, no é ca­paz de con­ver­ter o seu cas­co ve­llo e a ala­me­da nun­ha zo­na peo­nil, como xa o son ou­tras zo­nas de Vi­go. Pa­re­ce que o al­cal­de, el tan bo­ta­do pa­lan­te, non é ca­paz de en­fron­tar­se a esa cou­sa no­sa que ma­ne­xa es­te an­ti­go concello, como as aso­cia­cións de ve­ci­ños, a de ma­ri­ñei­ros (de te­rra) e tan só al­gun­ha ini­cia­ti­va per­soal pro­mo­ve di­ta peo­ni­za­ción pa­ra un­ha das zo­nas con máis en­can­to de Vi­go.

Ou­tro tan­to po­dia­mos di­cir da cruz do Cas­tro, sor­pren­de que se­xa un al­cal­de socialista quen se em­pe­ñe en man­ter es­te ade­fe­sio, in­cum­prin­do, en­tre ou­tras a Lei da Me­mo­ria His­tó­ri­ca; ou o bar­co Al­fa­ge­me, que lle fa­ría es­te bar­co pa­ra re­ma­tar os seus días en te­rra nun­ha ro­ton­da; ou a fron­te li­to­ral de Sa­mil, des­pois de ti­rar un res­tau­ran­te aí se­guen ou­tros sen de­rru­bar.

Es­tou se­gu­ro de que a moi­tos se lles oco­rren máis cou­sas. Aín­da fal­ta moi­to pa­ra que vi­va­mos nun­ha ci­da­de fer­mo­sa de ver­da­de. EDUAR­DO LÓ­PEZ.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.