Ho­me­na­xe, pri­mei­ro dis­cur­so pú­bli­co en ga­le­go e ma­les­tar do po­der con Otero Pe­dra­yo

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

O Tio Mar­cos d’ A Por­te­la edi­tou­se en­tre os anos 1876 e 1919, con tres eta­pas ben di­fe­ren­cia­das. O Pa­rra­feo Pri­mei­ro —os pa­rra­feos eran un­ha fór­mu­la con moi­to éxi­to na­que­la al­tu­ra, ao tra­tar as no­vas en for­ma de diá­lo­go ou con­ver­sa— da­ta de fe­brei­ro de 1876 e a pri­mei­ra eta­pa con­ti­núa, con al­gun­ha in­te­rrup­ción, dei­ca 1880. A se­gun­da en­ce­tou en no­vem­bro de 1883 e ti­vo con­ti­nui­da­de —sen sus­pen­sión de nin­gún ti­po— ata de­cem­bro de 1889. Des­pois dun­ha lon­ga au­sen­cia, a ter­cei­ra xei­ra da pu­bli­ca­ción desen­vol­veu­se en­tre fe­brei­ro de 1917 e xu­llo de 1919. La­mas Car­va­jal des­apa­re­ce­ra anos atrás e des­ta vol­ta asu­miu a di­rec­ción Xavier Pra­do La­mei­ro.

Che­gou aos 4.000 exem­pla­res

Un­ha boa par­te dos ar­ti­gos ti­ñan como au­tor a Valentín La­mas Car­va­jal, co seu no­me ou con di­fe­ren­tes pseu­dó­ni­mos, e ou­tros eran re­dac­ta­dos por co­la­bo­ra­do­res. Se­gun­do se si­na­la na re­fe­ren­cia da Real Aca­de­mia Ga­le­ga so­bre a pu­bli­ca­ción, «os seus con­ti­dos re­co­llían os te­mas ha­bi­tuais da pren­sa do mo­men­to, cun­ha evi­den­te pre­di­lec­ción po­la li­te­ra­tu­ra cul­ta e po­pu­lar: poe­mas, con­tos, re­fráns, cán­ti­gas».

O Tio Mar­cos d´A Por­te­la foi to­do un acon­te­ce­men­to so­cial na súa épo­ca. Se­gun­do lem­bra a RAG é a ca­be­cei­ra máis du­ra­dei­ra da pri­mei­ra eta­pa da pren­sa en ga­le­go e che­gou a ti­rar 4.000 exem­pla­res, ta­mén se con­ver­tiu «na máis po­pu­lar, ven­dén­do­se nas fe­rias e me­dian­te subs­cri­cións por to­da Ga­li­cia e nas co- mu­ni­da­des emi­gra­das de Amé­ri­ca. Pó­de­se di­cir, xa que lo­go, que O Tio Mar­cos d’ A Por­te­la foi a pri­mei­ra ten­ta­ti­va exi­to­sa de crear un­ha pren­sa de ma­sas es­cri­ta na no­sa lin­gua. Con el na­ceu un­ha au­tén­ti­ca es­co­la de xor­na­lis­mo en ga­le­go que ti­vo nu­me­ro­sos se­gui­do­res e imi­ta­do­res en to­do o país».

Pu­bli­ci­da­de e Ir­man­da­des

Ou­tra das fa­ce­tas pio­nei­ras do pri­mei­ro xor­nal mo­no­lin­güe en ga­le­go, que che­gou a edi­tar 430 números, foi a re­fe­ri­da á pu­bli­ca­ción da pu­bli­ci­da­de na no­sa lin­gua. Co­me­zou na se­gun­da eta­pa e man­tí­vo­se du­ran­te to­da a ter­cei­ra. Nes­tes úl­ti­mos anos da ca­be­cei­ra, xa con La­mas Car­va­jal des­apa­re­ci­do, a pu­bli­ca­ción es­ti­vo a car­go de Xavier Pra­do La­mei­ro e da Ir­man­da­de da Fa­la da ci­da­de de Ou­ren­se. Valentín La­mas Car­va­jal é moi­to máis que o ini­cia­dor do xor­na­lis­mo en ga­le­go. O Tio Mar­cos d’ A Por­te­la foi un pro­xec­to reivin­di­ca­ti­vo que ti­vo a de­fen­sa dos la­bre­gos, do idio­ma e de Ga­li­cia como ob­xec­ti­vos, xun­to coas «cons­tan­tes crí­ti­cas con­tra o ca­ci­quis­mo, a emi­gra­ción e os abu­sos de po­der» e a súa obra Ca­te­cis­mo do la­bre­go con­ver­teu­se nun éxi­to sen pre­ce­den­tes, con seis edi­cións en me­nos dun ano. El Heraldo Ga­lle­go e La Au­ro­ra de Ga­li­cia fo­ron ou­tras das pu­bli­ca­cións pro­mo­vi­das por el e La­mas Car­va­jal che­gou a ser mem­bro nu­me­ra­rio da RAG can­do se creou, aín­da que non che­gou a in­gre­sar como aca­dé­mi­co por mor do seu pa­sa­men­to. Como au­tor li­te­ra­rio pu­bli­cou poe­sía e con­tos.

Ou­ren­se pro­mo­veu ac­tos de ho­me­na­xe a La­mas Car­va­jal no cen­te­na­rio do seu na­ce­men­to e un­ha das ci­tas pa­sou á his­to­ria. En abril de 1949 Otero Pe­dra­yo fa­la no Po­sío an­te o gru­po es­cul­tó­ri­co que lem­bra ao poeta ce­go e o seu dis­cur­so é a pri­mei­ra in­ter­ven­ción en ga­le­go, nun ac­to pú­bli­co, na pos­gue­rra. O epi­so­dio ten si­do ob­xec­to de aná­li­se en moi­tos tra­ba­llos, e apa­re­ce re­co­lli­do en Ra­món Otero Pe­dra­yo. Un­ha fo­to­bio­gra­fía 1888-1976, de Patricia Arias Cha­che­ro e Afon­so Vázquez Monxardín —a ima­xe co­rres­pon­de á pu­bli­ca­ción—. A in­ter­ven­ción des­gus­tou ao go­ber­nar­dor ci­vil e sus­ci­tou lo­go un­ha en­cen­di­da po­lé­mi­ca.

A ca­be­cei­ra ou­ren­sá foi un­ha pu­bli­ca­ción exi­to­sa no seu tem­po.

Ima­xe do dis­cur­so de Otero.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.