Lei su­pre­ma da sin­ra­zón

Jor­ge Mi­ra

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Se lan­za un­ha moe­da ao aire, po­de saír ca­ra ou cruz. Se a lan­za re­pe­ti­das ve­ces, po­de­rá oco­rrer que lle saian va­rias ca­ras se­gui­das. Pe­ro se a ti­ra mil ve­ces, ve­rá co­mo o re­sul­ta­do se apro­xi­ma a al­go pa­re­ci­do a 500 ve­ces ca­ra e 500 ve­ces cruz. É di­cir, al­gun­ha vez sai­ran­lle 510 ve­ces ca­ra e 490 ve­ces cruz, nou­tra sai­ran­lle 480 ve­ces ca­ra e 520 cruz... En 1730, Abraham de Moi­vre des­cu­briu al­go sor­pren­den­te: a pro­ba­bi­li­da­de de que o re­sul­ta­do se des­víe do equi­li­brio 500/500 se­gue un­ha lei de­fi­ni­da. Esa lei di­nos que, se fa­ce­mos a pre­di­ción de que o re­sul­ta­do de ti­rar mil ve­ces un­ha moe­da ao aire se­rá 500/500, a no­sa pre­di­ción te­rá un­ha in­cer­te­za no re­sul­ta­do fi­nal que se­rá apro­xi­ma­da­men­te a in­ver­sa da raíz ca­dra­da do nú­me­ro de lan­za­men­tos da moe­da. Co­mo a raíz ca­dra­da de 1000 é ca­se 32, is­to im­pli­ca que a in­cer­te­za se­rá da or­de do 3% (1/32 é 0,03). O abraian­te do asun­to é que a des­cri­ción es­ta­tís­ti­ca dos com­por­ta­men­tos so­ciais se­gue a mes­ma lei, que foi de­fi­ni­da a fi­nais do sécu­lo XIX co­mo «a lei su­pre­ma da sin­ra­zón», xa que do­mi­na o alea­to­rio.

¿Por que lles con­to is­to? Pois por­que a mei­ran­de par­te das en­qui­sas de in­ten­ción de vo­to que ve­mos nos xor­nais adoi­tan fa­cer­se pre­gun­tan­do a mil per­soas. Po­lo tan­to, en vir­tu­de de­sa lei na­tu­ral su­pre­ma, cal­que­ra pre­di­ción que se fa­ga con esas en­qui­sas te­rá co­mo mí­ni­mo un erro do 3 %, xa de par­ti­da. É di­cir, can­do ve­xa que ta­les en­qui­sas fa­lan de cam­bios na in­ten­ción de vo­to dun 1 % ou 2 %, lem­bre que as leis da na­tu­re­za go­ber­nan ta­mén a von­ta­de hu­ma­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.