O ma­chis­mo que nos de­gra­da

Víc­tor F. Frei­xa­nes

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Agran revolución do sécu­lo XX non é a cas­tris­ta, que an­da ho­xe en to­dos os me­dios co ga­llo do fa­le­ce­men­to de Fidel. Nin se­que­ra a revolución so­vié­ti­ca do 17, que en cer­ta ma­nei­ra mar­cou o sécu­lo to­do. A gran revolución li­be­ra­do­ra, que non fi­xo máis ca co­me­zar, aín­da que en Oc­ci­den­te po­de­mos di­cir que deu pa­sos irre­ver­si­bles, é sen du­bi­da a revolución fe­mi­ni­na: o re­co­ñe­ce­men­to dos de­rei­tos igua­li­ta­rios da mu­ller, a súa equi­pa­ra­ción ao ho­me en to­dos os ám­bi­tos, alo­me­nos no plano teó­ri­co, na prác­ti­ca que­da moi­to ca­mi­ño por an­dar.

Es­co­llín a man­ten­ta o ter­mo «fe­mi­nino», non ne­ce­sa­ria­men­te «fe­mi­nis­ta», pa­ra sa­lien­tar o fe­nó­meno dun xei­to xe­ral, non ex­cluin­te, den­de as pri­mei­ras reivin­di­ca­cións das su­fra­xis­tas no sécu­lo XIX (inequi­vo­ca­men­te fe­mi­nis­tas) ao tra­ba­llo nas fá­bri­cas subs­ti­tuín­do os ho­mes du­ran­te as gran­des gue­rras eu­ro­peas, a súa pre­sen­za nas uni­ver­si­da­des, nos me­dios de co­mu­ni­ca­ción, na ac­ti­vi­da­de ar­tís­ti­ca e cien­tí­fi­ca, na di­rec­ción e or­ga­ni­za­ción de equi­pos, et­cé­te­ra, sen es­que­cer o pa­pel anó­ni­mo en tan­tas eco­no­mías fa­mi­lia­res, no mun­do ur­bano e no mun­do ru­ral. Aín­da que, re­pi­to, que­de moi­to por an­dar pa­ra que o re­co­ñe­ce­men­to se­xa un­ha reali­da­de prác­ti­ca, que non pre­ci­se dun ar­ti­go co­ma es­te, por exem­plo.

E di­to to­do o an­te­rior, afron­te­mos un­ha das ver­gon­zas do no­so tem­po, máis gra­ve aín­da nas so­cie­da­des desen­vol­vi­das, on­de a for­mu­la­ción teó­ri­ca da igual­da­de pa­re­ce que nin­guén dis­cu­te, mes­mo que exis­tan fo­cos de re­sis­ten­cia, co­mo a or­ga­ni­za­ción xe­rár­qui­ca da Igre­xa ca­tó­li­ca, por exem­plo. A tei­mo­sa pre­sen­za na cró­ni­ca de su­ce­sos de vio­la­cións ou asa­si­na­tos de mu­lle­res a mans dos seus com­pa­ñei­ros sen­ti­men­tais (ca­sa­dos, se­pa­ra­dos, di­vor­cia­dos ou pa­re­llas de fei­to) é un­ha reali­da­de es­can­da­lo­sa que non se re­fi­re ex­clu­si­va­men­te á so­cie­da­de es­pa­ño­la, se­nón que se dá en to­do Oc­ci­den­te: den­de a Amé­ri­ca La­ti­na ata so­cie­da­des apa­ren­te­men­te máis avan­za­das co­mo as es­can­di­na­vas e nór­di­cas, sen ex­cluír di­fe­ren­zas so­ciais ou xe­ra­cio­nais (ac­ti­tu­des en­tre ado­les­cen­tes).

¿Cal é o des­en­ca­dean­te bá­si­co do pro­ble­ma? A in­ca­pa­ci­da­de, a fal­ta de pre­pa­ra­ción, a im­po­ten­cia (en to­das as acep­cións da pa­la­bra), o sen­ti­do de in­fe­rio­ri­da­de, a de­rro­ta do ma­cho dian­te da no­va si­tua­ción que con­si­de­ra a mu­ller co­ma un ser hu­mano, e que arrom­ba ao faia­do dos ca­dre­xos to­do o dis­cur­so his­tó­ri­co so­bre o que se fun­da­men­tan os prin­ci­pios da so­cie­da­de pa­triar­cal na que nos cria­mos e na que en moi­tos as­pec­tos nos se­gui­mos crian­do: ali­cer­ces se­cu­la­res, nal­gúns ca­sos mi­le­na­rios, in­clu­so subs­ten­ta­dos en prin­ci­pios mí­ti­cos (re­li­xio­sos) que con­ci­bi­ron de sem­pre a mu­ller co­ma un­ha cria­tu­ra de uso, axen­te sub­al­terno, can­do non es­cra­vo.

O cam­bio his­tó­ri­co, ace­le­ra­do po­los avan­ces cien­tí­fi­cos (o con­trol de na­ta­li­da­de), pro­du­ciu­se nun pe­río­do de tem­po re­du­ci­dí­si­mo, ape­nas tres xe­ra­cións, se o com­pa­ra­mos cos mi­les de anos de so­me­te­men­to. O erro é pen­sar que a cues­tión afec­ta a un xé­ne­ro e non a ou­tro. Igual que o ma­chis­mo nos de­gra­da, o fe­mi­nis­mo é un dis­cur­so trans­ver­sal que nos ha de li­be­rar a to­dos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.