Mi­guel An­xo Fernández, pre­mio Blan­co Amor coa súa no­ve­la «Blues pa­ra Mo­rai­ma»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Cultura -

O es­cri­tor, pro­fe­sor e in­ves­ti­ga­dor ci­ne­ma­to­grá­fi­co Mi­guel An­xo Fernández (O Car­ba­lli­ño, 1955) al­zou­se co pre­mio Blan­co Amor de no­ve­la, se­gun­do o fa­llo adop­ta­do nes­ta 35.ª edi­ción do cer­ta­me, cu­xa or­ga­ni­za­ción asu­miu hai pou­co máis de me­dio ano e de mo­do per­ma­nen­te a Depu­tación de Ou­ren­se. O xu­ra­do en­xal­zou a obra Blues pa­ra Mo­rai­ma po­la súa «axi­li­da­de na­rra­ti­va, o tra­ta­men­to his­tó­ri­co dun­ha épo­ca e a in­tro­du­ción do te­ma do ci­ne e a te­le­vi­sión co­mo can­le de desen­vol­ve­men­to dun­ha in­tri­ga que atra­pa ao lec­tor». O ga­lar­dón com­por­ta un­ha re­com­pen- sa eco­nó­mi­ca de 12.000 eu­ros.

«Le­va­ba do­ce anos tra­ba­llan­do nes­ta no­ve­la», ano­ta un sor­pren­di­do e des­bor­da­do Fernández, que re­cor­da que é un labor sen pré­sas —«por­que eu non vi­vo dis­to, non te­ño ur­xen­cias nin pre­sións edi­to­riais»—, con moi­tas co­rrec­cións, vol­tas, re­vi­ra­vol­tas, re­pen­sa­dos, en­ga­di­dos, su­pre­sións, re­es­cri­tu­ras... «Aín­da hai só un ano que cam­biei a es­tru­tu­ra do li­bro», in­ci­de o au­tor.

O en­saís­ta e crí­ti­co de ci­ne en La Voz de Ga­li­cia com­pa­xi­nou es­te tra­ba­llo co de­tec­ti­ve li­bres­co Frank Sou­te­lo, un in­ves­ti­ga­dor nor­te­ame­ri­cano con raí­ces ga­le­gas do que é creador e do que xa pu­xo seis en­tre­gas na rúa —«e xa te­ño ou­tras ca­tro aven­tu­ras en fa­se de desen­vol­ve­men­to»—. A ca­da un­ha de­dí­ca­lle un­ha me­dia de ca­tro anos, non an­da con afo­gos. «Ade­mais, o sis­te­ma li­te­ra­rio ga­le­go ten a ca­pa­ci­da­de que ten, son os lec­to­res que son, iso non se po­de es­que­cer», di pa­ra ad­mi­tir que a cla­ve es­ta­ría ago­ra en dar o sal­to ca­ra o mer­ca­do do es­pa­ñol. Pe­ro el dá cla­ses na Fa­cul­ta­de de Cien­cias So­cias e da Co­mu­ni­ca­ción de Pon­te­ve­dra e nin ten axen­te nin se mo­ve de­ma­sia­do. De fei­to, hai pou­co que a pri­mei­ra en­tre­ga de Sou­te­lo, Un ni­cho pa­ra Ma­rilyn (2002) foi le­va­da ao in­glés por Kath­leen March por pro­pia ini­cia­ti­va da tra­du­to­ra e de Jo­nat­han Dun­ne (no seu se­lo Small Sta­tions Press), «e sen pa­sar an­tes po­lo cas­te­lán», su­bli­ña.

Blues pa­ra Mo­rai­ma es­tá am­bien­ta­da en dúas épo­cas di­fe­ren­tes, que vai al­ter­nan­do en ca­da ca­pí­tu­lo: nos tem­pos da Re­pú­bli­ca e a Gue­rra Ci­vil e nos anos oi­ten­ta, aín­da que non fai re­fe­ren­cia cro­no­ló­xi­ca ex­plí­ci­ta (nin tam­pou­co to­po­ní­mi­ca). Com­bi­na in­gre­dien­tes de re­la­to his­tó­ri­co, fan­tás­ti­cos, de th­ri­ller, de dra­ma, po­lí­ti­cos e de co­me­dia ne­gra. O pro­ta­go­nis­ta é un xor­na­lis­ta de te­le­vi­sión que —tra­ba­llan­do nun­has re­por­ta­xes so­bre o sec­tor au­dio­vi­sual do país— ini­cia un­ha in­ves­ti­ga­ción so­bre un do­cu­men­ta­lis­ta exi­lia­do en EE.UU. hai co­ren­ta anos, e co­me­zan a pa­sar cou­sas es­tra­ñas a me­di­da que vai des­cu­brin­do epi­so­dios do pa­sa­do. Fernández —que des­ta­ca o es­for­zo de documentación e pu­li­do que in­ves­tiu nes­ta no­ve­la— es­pe­ra to­par­lle pron­to ao li­bro un edi­tor, men­tres aín­da apu­ra a pro­mo­ción de Un den­te sen ca­dá­ver, a úl­ti­ma pes­cu­da de Sou­te­lo.

MI­GUEL VI­LLAR

Ci­ne e mo­ci­da­de. Mi­guel An­xo Fernández po­sa na pra­za do Fe­rro, no cas­co ve­llo da ci­da­de de Ou­ren­se, un lu­gar que lle trae re­cor­dos de mo­ci­da­de, de can­do era es­tu­dan­te no Ins­ti­tu­to da Pon­te, pre­ci­sa­men­te, o ac­tual Blan­co Amor, e ta­mén das es­ca­pa­das aos cines da ca­pi­tal.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.