Cue­vi­llas na lem­bran­za

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Juan M. Ca­sa­res

En 2008 de­fen­dín un tra­ba­llo aca­dé­mi­co so­bre o pen­sa­men­to de Flo­ren­tino Ló­pez Alon­so-Cue­vi­llas, un ga­le­guis­ta ou­ren­sán ao que che­guei ca­se que por sor­pre­sa. De­can­tei po­lo seu es­tu­do por­que o ano 2008 era o do seu cin­cuen­ta ca­bo­dano e qui­xen que fi­ca­ra co­ma ho­me­na­xe per­soal a un de­van­cei­ro ideo­ló­xi­co. Ase­ma­de, dos ca­tro sa­bios do ce­nácu­lo, Cue­vi­llas era o úni­co que non ti­ña un es­tu­do po­lí­ti­co con cer­ta pro­fun­di­da­de.

Flo­ren­tino Cue­vi­llas, Flo­ro pa­ra os ami­gos, na­ceu en Ou­ren­se o 14 de no­vem­bro de 1886 na rúa do Pro­gre­so, po­lo tan­to hai cen­to trin­ta anos. Ca­tro fei­tos son cla­ves na súa bio­gra­fía: cur­sa o ba­cha­re­la­to no Ins­ti­tu­to Pro­vin­cial de Ou­ren­se ata 1901 on­de coin­ci­de cos seus com­pa­ñei­ros de ce­nácu­lo, aín­da que en cur­sos di­fe­ren­tes. Despois de li­cen­ciar­se en Far­ma­cia na Uni­ver­si­da­de de San­tia­go en 1906, pro­fe­sión que nun­ca exer­ceu, vol­ve a Ou­ren­se on­de fre­cuen­ta os fa­la­doi­ros, so­bre to­do o da Co­mi­sión Pro­vin­cial de Mo­nu­men­tos, con don Mar­ce­lo Macías á fron­te, e co­me­za a in­tere­sar­se po­la ar­queo­lo­xía. Tras un­ha bre­ve es­ta­día en Ma­drid co­ma fun­cio­na­rio de Go­ber­na­ción, re­gre­sa de­fi­ni­ti­va­men­te á ci­da­de das Bur­gas pa­ra tra­ba­llar en Fa­cen­da, aló po­lo ano 1912. Ne­se tem­po co­me­za a súa an­dai­na in­te­lec­tual pu­bli­can­do ar­ti­gos en dis­tin­tas re­vis­tas e xor­nais, e sa­lien­ta a súa co­la­bo­ra­ción en La Cen­tu­ria, re­vis­ta neo­só­fi­ca que fun­da­ra Vi­cen­te Ris­co. En 1917, gra­zas ao labor de con­cien­cia­ción do ga­le­guis­ta tra­di­cio­na­lis­ta pro­ce­den­te do car­lis­mo e o agra­ris­mo, An­tón Losada Diéguez, os ca­tro com­pa­ñei­ros de ce­nácu­lo, Ris­co, Ote­ro e Noguerol en pri­mei­ro lu­gar e Cue­vi­llas un pou­co máis tar­de, in­gre­san nas rin­glei­ras das Ir­man­da­des da Fa­la. É di­cir pro­dú­ce­se a trans­for­ma­ción es­té­ti­ca do ce­nácu­lo in­adap­ta­do en ce­nácu­lo ga­le­guis­ta, xer­mo­lo e nú­cleo fun­da­men­tal da cha­ma­da Xe­ra­ción Nós. A súa par­ti­ci­pa­ción po­lí­ti­ca ac­ti­va no ga­le­guis­mo o man­ti­vo sem­pre nun se­gun­do chan­zo da es­tru­tu­ra de reivin­di­ca­ción na­cio­nal ga­le­ga, se­cun­dan­do a li­ña cul­tu­ra­lis­ta dos seus ami­gos Ris­co e Ote­ro. Du­ran­te a pos­gue­rra e o fran­quis­mo cen­trou­se nun labor in­ves­ti­ga­dor que o le­vou a me­re­cer o tí­tu­lo de pai da prehis­to­ria ga­le­ga. Cue­vi­llas fi­nou na súa ca­sa da rúa de San­to Do­min­go o 30 de xu­llo de 1958.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.